Etiquetas

12 agosto 2011

ALEXANDRA COELLO

Alexandra Coello naceu en Ourense e é licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Nada máis terminar os estudos e con tan só 25 anos, esta ourensá consiguiu unha bolsa que lle levou a participar nunha expedición científica rumbo ao Círculo Polar Ártico. Pero a alegría foi dobre: Alexandra ía ser un dos poucos científicos españois en participar na primeira expedición española en chegar a esta zona do planeta a bordo do barco "Hespérides", ao cruzar o paralelo 80 graos Norte á altura do estreito de Fram, moi preto das illas de Svalbard, na zona norte de Noruega.
A fazaña ocorreu no mes de xuño de 2007, ano no que se celebrou, ademais, o Ano Polar Ártico, co que España contribuíu co seu pequeno gran de area a través da campaña Atos-Ártico, co obxectivo de estudar o impacto do cambio climático nunha das dúas zonas máis xélidas do planeta.
E alí, a bordo do buque de investigación oceanográfica da Armada española, a nova bióloga estivo preto dun mes estudando o fitoplancto mariño, é dicir, unhas microalgas que son moi abundantes nas augas polares e coñecer así a súa capacidade para sobrevivir nunhas condicións ambientais tan extremas.
Un ano despois, Alexandra sentiu de novo a chamada do frío e embarcouse cara ás xélidas augas do Ártico para seguir coas súas investigacións. Durante os meses de marzo e abril permaneceu alí. É a primeira ourensá en pisar o Polo norte.
Na actualidade, Alexandra Coello traballa en Baleares, cun equipo de investigación no Departamento de Oceanografía Biolóxica do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (Imedea), onde continúa desentrañando os segredos dos mares e fondos mariños.

10 agosto 2011

LAURA SEARA SOBRADO

Naceu en Allariz en 1975. É licenciada en Dereito e avogada. Laura Seara, de 36 anos de idade, foi deputada no Parlamento de Galicia entre os anos 2001 e 2009, data na que foi nomeada directora xeral do Instituto da Muller. Isto obrigoulle a renunciar á súa acta de deputada para regresar a Madrid.
Tamén exerceu as funcións de portavoz de Igualdade e Cultura no Parlamento Galego entre 2001 e 2005, así como portavoz de Medio e Igualdade e presidenta da Comisión de Igualdade do Parlamento de Galicia entre 2005-2009.
Licenciada en Dereito, traballou como consultora de calidade e foi vicepresidenta do Consello da Mocidade de España. Actualmente é membro do Comité Federal do PSOE e responsable da Secretaría de Igualdade, Movementos Sociais e Emigración do Partido Socialista de Galicia.
Moi ligada á actividade política na provincia de Ourense, onde se implicou intensamente, centrou boa parte da súa xestión no Instituto da Muller en impulsar acordos cos concellos rurais para a promoción das mulleres do campo, a través de cursos de formación e de iniciativas destinadas a buscar a súa independencia económica e persoal.
Vid: El País