Etiquetas

25 abril 2011

ROSA ABAD AMEIJEIRAS

Naceu en Vilagarcía o 26 de abril de 1911. Era irmá de María Exclavitud Abad e o seu pai era comerciante. Figura neste blog pois, coma a súa irmá, estudou no Instituto Provincial de Ourense onde fixo o ingreso en 1924 cando tiña 13 anos. Estudou por libre catro cursos para, posteriormente, trasladarse ao Instituto de Pontevedra e realiza unha reválida de sobresaliente. 

En 1930 figura matriculada na Facultade de Filosofía de Santiago. Licénciase en 1934. En 1941 era profesora de Filosofía e Letras na academia Sigma de Vigo. Foi nomeada no ano 1944 profesora auxiliar no Instituto de Segunda Ensinanza de Vigo onde impartíu Xeografía e Historia. Estaba casada con Lorenzo Rodríguez Molins, tamén profesor e que falecería en xuño de 1963.

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria" en Revista Minius, nº XI, 2003. Cid Galante, Rosa e Benso Calvo, Carmen, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)Historia de la educación: Revista interuniversitaria, ISSN 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470; El Pueblo gallego, 18 de xuño de 1930; El Compostelano, 28 de agosto de 1934; El Pueblo gallego, 5 de outubro de 1941; El Correo gallego, 14 de agosto de 1955; El Pueblo gallego, 2 de xuño de 1963.

18 abril 2011

CELSA FERRÍN MOREIRAS

Irmá de Antonia Ferrín Moreiras e de María Ferrín Moreiras. Naceu o 13 de outubro de 1908 en Ourense e o seu pai, Antonio Ferrín Moreiras, era mestre e rexentaba unha academia chamada La Academia na cidade ourensá co seu irmán, Ángel Ferrín Moreiras. 

Figura no rexistro de matrícula do Instituto Provincial de Ourense no ano 1919. Fixo o exame de ingreso o 19 de setembro de 1919 e realiza dous cursos matriculándose en Lingua Castelá, Xeografía Xeral e de Europa, Caligrafía, Latín 1 e Xeografía de España.  A familia trasladouse a Santiago onde o seu pai fundou unha academia na rúa Villar e Celsa continunou os estudos de bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela ata titular. 

(Fonte: El Compostelano, 6 de xuño de 1922, p. 2)

En 1924 matriculouse na carreira de Filosofía licenciándose en 1929. Na carreira coincidiu con Pura Lorenzana e ambas as dúas estaban vinculadas ao Seminario de Estudos Galegos. O Rectorado de Santiago remitiulle á Escola Normal de Mestras de Ourense a certificación de Celsa Ferrín:

(Fonte: La Región, 27 de setembro de 1931, p. 8)

Estas mulleres formaban parte dunha familia que non tivo reparo en enviar ás súas fillas a realizar estudos superiores nunha época na que as espectativas non seguían esta traxectoria senón a da da vida doméstica.
Celsa sería nomeada en novembro de 1931 profesora de Segunda Ensianza en Cee (Corcubión)

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria" en Revista Minius, nº XI, 2003. Cid Galante, Rosa e Benso Calvo, Carmen, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)Historia de la educación: Revista interuniversitaria, ISSN 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470.
Vida gallega ,1931 novembro 20

BELLEZAS ORENSANAS


Foto: La Región, 7 de Junio de 1928

14 abril 2011

ANTONIA FERRÍN MOREIRAS

Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense o 13 de maio de 1914 e foi profesora de matemáticas e a primeira astrónoma galega.

A súa nai era Pastora Moreiras Carballo que era natural de Canedo e o seu pai, Antonio Ferrín Moreiras, natural do pobo de Pinto (Esgos), era profesor de Matemáticas, que se trasladou a Santiago para ofrecerlles as súas catro fillas un mellor futuro e a oportunidade de estudar unha carreira universitaria. O pai era irmá de Ángel Ferrín e ambos os dous rexentaban a academia La Moderna en Ourense. Logo Antonio, instalado en Santiago tamén fundará unha Academia na rúa Villar para preparar para o bacharelato e o maxisterio. Polo tanto estamos ante un home avanzado na súa época xa que nestes anos non se vía oportuno que as mulleres accedesen aos estudos superiores para desempeñar unha profesión.


(Fonte: El Compostelano, 6 de xuño de 1922, p. 2)

Antonia tiña seis anos cando chegou a Compostela e comeza os seus estudos de primaria e bacharelato. Comezou a asistir á escola con 7 anos, pero aos 9 estaba preparada para facer o ingreso no instituto. Os estudos de Bacharelato de Ciencias cursounos no que era Instituto Xeral e Técnico e logo cursa o bacharelato universitario no Instituto Nacional de Segunda ensinanza.
En 1930, cando tiña dezaseis anos, matricúlase por oficial na Facultade de Ciencias rematando os estudos en 1935 cunhas notables cualificacións. No ano 1935 e 1936 vai impartir clases no Instituto de Santiago e na Universidade. En 1939 comeza os estudos de Farmacia e licénciase en 1941[1]. Pero Antonia continúa ampliando o seu currículo e acada o título de Mestra Nacional e despois, na Universidade Central de Madrid, acabaría os estudos de Ciencias Exactas, a súa grande paixón e vocación.
 
Era Antonia unha muller comprometida co seu tempo xa que rompía os esquemas do estereotipo de muller que prevalecía nestes anos. Antonia quería ensinar, quería investigar, quería estudar, quería pensar por si mesma. Un compromiso adquirido polos seus principios de muller avanzada. Pero en 1937, en plena Guerra Civil e por unha denuncia anónima vai ser sancionada pola súa ideoloxía política e abríronlle un expediente de depuración. Tivo que afastarse da docencia na universidade xunto con corenta e cinco profesores máis e tamén de dar clase no instituto máis permitíronlle seguir dando clases no colexio de orfas a Nosa Señora dos Remedios de Santiago.

Afortunadamente, en 1940 puido regresar ás aulas xa que arquivaron a súa causa. Continuará exercendo a docencia pero ao mesmo tempo non para de investigar sobre a matemática e a astronomía. Nesa época entra en contacto co Padre Aller, catedrático de astronomía, quen en 1943 fundara o Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago de Compostela. Antonia sempre tivo unha curiosidade e un interese moi grande pola astronomía e comeza a colaborar con Ramón Aller, primeiro como becaria e despois pois como profesora axudante no observatorio e na Facultade de Ciencias. Achegou traballos moi interesantes sobre medidas de estrelas dobres e astrométricas, sobre ocultacións estelares pola lúa e determinación de pasos por dúas verticais.
 
(Fonte: La Noche, 26 de marzo de  1959. Galiciana)

A disciplina de Antonia, a súa rigurosidade e a súa dedicación ao estudo fixeron que se convertese na discípula predilecta de Ramón María Aller Ulloa. Rapidamente comprendeu e aprendeu o manexo dos instrumentos complexos de astronomía como o telescopio refractor de doce centímetros ou o anteollo de pasos. Con eles coñecía o ceo, ese ceo que para ela era un libro de coñecemento.
Antonia sabía do importante que era a creación da Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela pois estes estudos había que realizalos en Madrid. Por iso non dubida en apoiar ao profesor Vidal Abascal para que se implantara esta carreira en Santiago, lográndoo en 1957 e, como dixo José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, “fue una de las pioneras que lucharon por crear una facultad de matemáticas en Santiago”[2]. Ao pouco Antonia obtivo unha praza de catedrática de matemáticas na Escola de Maxisterio de Santander. Logo regresou a Santiago para impartir clases na Escola Normal Feminina. E posteriormente pasou a ser a primeira profesora da Facultade de Ciencias na Universidade de Santiago ao crearse a sección de matemática da facultade de Ciencias na Universidade de Santiago. Antonia non só impartía clases na facultade pois tamén participaba de xeito moi activo nestes primeiros anos de andaina da facultade.
Resultado de toda esta investigación será a súa tese de doutoramento “Observacións de pasos por dúas verticais” dirixida por Ramón María Aller que lerá en 1963, sendo a primeira muller española que defendeu unha tese sobre astronomía e tamén a primeira que se defendeu na recentemente creada Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Ese mesmo ano foi nomeada catedrática numeraria de Matemáticas na Escola de Maxisterio “Santa María” de Madrid que compaxinou coa docencia na Universidade Complutense como profesora adxunta numeraria de Astronomía e Mecánica Celeste[3]

Despois destes cincuenta anos de vida intensa dedicada á investigación e á docencia, Antonia decide xubilarse en 1984 aínda que non se desvinculou da ciencia. Sempre estivo presente no ámbito científico como exemplo a seguir e, como non podía ser doutro xeito, nomeárona madriña da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela, pois: “Fue pionera en diferentes frentes en la facultad de Matemáticas: la primera mujer en formar parte de su cuadro de profesores, en realizar trabajos de investigación en astronomía y en defender una tesis doctoral”[4].
A nosa insigne investigadora deixounos o 6 de agosto de 2009 cando tiña 95 anos. Pero non está no esquecemento, a súa impronta quedou nas estrelas do ceo. Lembrémola observando polo telescopio nas noites de frío o ceo de Campus Stellae de Santiago.
 
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
 
Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1930)”, Revista Minius, 11 (2003): 139-156.
Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)” Revista Minius, 12 (2004): 73-104.
Ling, Josefina F., “Antonia Ferrín Moreiras. La primera astrónoma gallega”, Revista IAA, CSIC. Versión dixital http://www-revista.iaa.es/41/antonia-ferr%C3%ADn-moreiras.
Mancho Stadler, Marta, Centenario del nacimiento de Antonia Ferrín Moreiras, ZTFNews, 2014. Versión dixital https://mujeresconciencia.com/2014/05/13/antonia-ferrin-moreiras-primera-astronoma-gallega/


[1] Cid Galante, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1930)”, Revista Minius, 11; 2003, pp. 139-156; “ As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940)” Revista Minius, 12, 2004, pp. 73-104.
[2]Héctor Juanatey, “Fallece Antonia Ferrín Moreiras, pionera en las matemáticas y la astronomía gallega”, La Voz de Galicia, 11 de agosto, 2009 (versión dixital).
[3]Matilde Ríos Fachal, “Antonia Ferrín Moreiras: A contadora de estrelas”, http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=220 (consultado o 3 de marzo de 2020)¸José Ángel Docobo, “Obituario. Antonia Ferrín Moreiras”, El Correo Gallego, 9 de agosto de 2008; Benjamín Montesinos, “Fallece Antonia Ferrín Moreiras, primera astrónoma gallega”, El País, 10 de agosto de 2009.
[4] Josefina F.Ling, Antonia Ferrín Moreiras. La primera astrónoma gallega, IAA. CSIC.



08 abril 2011

SARA LEIRÓS FERNÁNDEZ

Naceu o 31 de maio de 1897 en Redondela e era irmá de Ángeles Leirós Fernández que estudou no Instituto de Ourense (e da que teño a referencia do seu expediente) e foi profesora no Colexio Cisneros de Ourense e de Eladio Leirós, profesor de Latín no Instituto de Ourense. O seu pai era encargado de estación de ferrocarril, un traballo que o levaba a traslados contínuos levando consigo á familia.

Sara acadou o título na Escola Normal Superior do Maxisterio en Madrid pola Sección de letras e logo foi profesora Catedrática de Filosofía e Letras na escola Normal de Ourense e inspectora de ensino primario en Ourense.

En 1928 foi nomeada profesora de Xeografía da Escola Normal de Cidade Real e en 1934 ocupou a praza na Normal de Ourense onde tamén desempeñará por uns anos o cargo de Vicedirectora da Normal compartindo equipa directiva con Vicente Martínez Risco que era o director da mesma. En marzo dese mesmo ano participou na Semana Pedagóxica de Ribadavia onde disertou sobre "El pragmatismo y la escuela primaria" no que recoñecece a importancia da educación activa e práctica, que vai á ensinanza do utilitario, pero avoga tamén por unha ensinanza que fomente o desenvolvemento da razón e dos sentimentos. Expresou a necesidade de que a educación non debe descoidar estas cualidades xa que son as que dotan aos seres de autonomía e sentido crítico, pois o pragmatismo convírteos en seres instrumentais.

Fixo unha primeira solicitude de beca no ano 1933  para Ampliar estudos no estranxeiro pero non lle será concedida ata 1935.

No ano 1936 realizará varios viaxes, grazas a unha beca concedida pola Junta de Ampliación de Estudos, a diferentes países: Francia, Bélxica, Holanda, Suíza e Italia coa intención de adquirir máis coñecementos sobre Organización escolar, Selección e Orientación profesional. Os profesores que escolleu para os seus traballos foron Claparede, Pieron e Cousinet. Os centros aos que acudiu foron a Escola Normal de Sant Cloud na Sorbona, escolas Decrolyanas, Universidade Libre de Bruselas, Instituto J.Rousseau.

En 1939 participou nos cursos de perfeccionamento do profesorado realizados en Ourense onde impartiu a charla Los Pedagogos españoles. Anos máis tarde Sara trasladouse á Escola Normal de Santiago.

Era unha muller de recoñecido prestixio e que en numerosas ocasións participaba dando charlas e conferencias, por exemplo, na festa patronal do maxisterio celebrada na Universidade de Santiago disertou sobre El existencialismo y la educación.

(Fonte: El Correo Gallego, 27 de novembro de 1959, p. 4) Galiciana.

Fixo investigacións con Anastasio Anselmo González sobre nenos con problemas de desenvolvemento, con Luis Hoyos sobre metodoloxía científica e con Domingo Barnés sobre Psicoloxía.

Escribou unha obra titulada El cuidado e nela mostra unha inquedanza intelectual, di que son precisos os órdenes físicos intelectual, moral, social e relixioso. Fala da necesidade do coidado do ser humano, dos anciáns, pobres e enfermos. Alude á fábula El ser y el tiempo de Heidegger e contén citas de Frai Luís de León, Balmes e outros pensasores. 

Na revista Compostellanum, no número editado en xullo de 1963, publicou un estudo titulado Dimensión teológica del concepto hispano de la Pedagogía. A idea do estudo xira entorno a que a Pedagoxía ten a misión de perfeccionar ao individuo pero non só debe limitarse á infancia pois a educación é unha acción que perdura durante toda a vida. Esta dimensión pedagóxica que vai ligada á visión humanística e cristiá susténtaa en eruditos e interesantes autores como Raimundo de Sabunde, Luís Vives, Ignacio de Loyola, Juan de Ávila...Sara dálle ao seu estudo un enfoque relixioso por canto a evolución cara a perfección humana  vén determinada pola búsqueda da unión con Deus que, en definitiva, é acadar a felicidade. A Pedagoxía debe, pois, conseguir ese propósito, a de mellorar ao individuo no logro de acadar a Deus.

A continuación transcribo a conferencia que impartiu na Semana Pedagóxica de Ribadavia en marzo de 1934:

"El pragmatismo y la escuela primaria".

Como una realidad pocas veces, como un ideal asocia el maestro en su labor docente estas dos ideas: actividad y educación activa, escuela de la acción, cuyo alcance y transcedencia reconoce la mentalidad pedagógica contemporánea.
Esa rica floración de la metodología escolar bastante conocida ya por nuestros maestros, tiene sus raíces en el pramatismo, que es, como dice Willan James, una palabra nueva para un viejo modo de pensar.
El pragmatismo concibe al hombre, no como un ser teórico, sino como un ser práctico, y así la verdad viene a ser la consecuencia de nuestros pensamientos como los fines prácticos del hombre; lo verdadero es lo útil, lo valioso. La razón humana plenamente sometida a la acción, a la voluntad.
El pragmatismo se aviene muy bien con el temperamento norteamericano; sin embargo tiene también significados representantes en la cultura europea.
Prescindiendo de ellos, esbozaremos escuetamente la figura más representativa del pragmatismo pedagógico, que  se John Dewey, norteamericano auténtico, en cuyos escritos consiguió realizar en su escuela su ideario filosófico, implantando en ella la supremacía de la acción, de la actividad.
La actividad humana que es el fondo de todas nuestras potencias se manifiesta con mayor plenitud en la tendencia, ya revista forma instintiva, ya voluntaria, ya habitual.
El maestro que procura seguir los dictados de la escuela activa, se habrá percatado de la importancia que la actividad tiene desde el punto de vista de la educación y de la enseñanza.
Y no es menor la importancia que tiene la acción espontánea del niño a través de la cual el maestro observa la evolución infantil y se muestran claramente sus caracteres individuales. Por eso la escuela es el mejor laboratorio de Psicología experimental que el maestro puede utilizar y fuente de inspiración de los métodos y procedimientos escolares.
Si desde el doble punto de vista de la labor escolar y la investigación científica del niño merece el pragmatismo, como inspirador de la escuela activa, justa y reconocida alabanza, y es que el pragmatismo, como reacción contra el intelectualismo, resulta exagerado.
En primer lugar, asignando a la raza humana un papel meramente instrumetnal, la despoja de su autonomía. Aunque la razón esté en íntima conexión con la vida, no es una mera función suya; no es simplemente un medio, sino que tiene un fin propio, el de satisfacer una necesidad instintiva de la naturaleza humana, cual es la de conocer el cómo y el por qué de las cosas.
El pragmatismo, además, llega a confundir y hasta identificar la utilidad y la verdad; pero a todos nos alcanza qué esfuerzos no se hacen muchas veces para evitar el conocimiento verdadero y para propalar lo falso, porque precisamente de ello se espera utilidad. No puede identificarse, además, estos dos términos, porque la verdad tiene un fundamento ontológico, mientras que la utilidad tiene un carácter predominane biológico, y en esto estriba su realismo.
Por otra parte, la utilidad como norma de nuestra conducta no es todo el desiderátum en la obra educativa. El interés, la utilidad, no coincide siemrpe con el deber, y muchas veces el sacrificio y la abnegación se imponen.
Hagamos del niño de hoy el hombre práctico del mañana, pero no pretendamos que exclusivamente busquen su utilidad biológica. Demos acogida a todo lo que sea elemento de progreso y cultura, concedamos a la acción la importancia que en la escuela merece, pero respete también los fueros de la razón y del sentimiento que son actividades que es preciso desarrollar plenamente, si queremos que la educación sea integral y armónica.
Por lo menos, los que desempeñan la noble y altísima misión de maestros no deben contentarse en buscar para sí lo biológicamente útil; la obra de la escuela es obra de amor, y el verdadero amor se engendra en el sacrificio, en la abnegación, renuncia de sí mismo"


Sara Leirós destacou na súa época e, aínda que de ideas tradicionais nunha liña de profunda relixiosidade, soubo ser exemplo de muller de amplas miras sobre pedagoxía e exemplo de muller intelectual. Ten no seu haber numerosos libros nos que reflexiona sobre educación e pedagoxía pero desde un plano moi filosófico e erudito.

Faleceu en Santiago en 1978, cando tiña 81 anos.


Vid: Cid Galante, R., Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita; Cid Galante, R. A Escola Normal de Mestras de Ourense. 1877-1970. A súa orixe e os seus emprazamentos, Universidade de Vigo, Vigo, 2013; Cid Galante, R. e Benso Calvo, C., "Los expedientes de las estudiantes de Bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)" en Revista Historia de la Educación, 2007, nº 26; Costa Rico, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia, Vigo, Xerais, 2004, p. 1001.; Marid Eced, Teresa, Innovadores de la Educación en España, Castilla la Mancha, Monografías Universidade de Castilla la Mancha, 1991, 377.
Foto: La Noche, 1961; Completada a información con fontes de hemeroteca, Vid: La Región, 6 de abril de 1934, p. 1 e 6; La Voz de Asturias, 25 de outubro de 1928, p. 1; El Magisterio Español, 17 de marzo de 1934, p. 10; El Compostellanum, 3 de xullo de 1963, pp. 295; El Pueblo Gallego, 30 de xuño de 1964, p. 9.

03 abril 2011

MANUELA SABURIDO VÁZQUEZ

Rafael Salgado no seu estupendo libro "Achegamento á historia da fotografía en Ourense" fai unha pormenorizada reconstrución da vida e instalación dos fotográfos en Ourense. O libro resalta a Manuela Saburido Vázquez, dona do "minuteiro" Lisardo Mazaira López. Os dous naceron en Lugo e trasladáronse a Ourense onde conseguen dous barracóns que o Concello tiña na Alameda e alí exercían a fotografía. Cando Lisardo se traslada a un local preto do Hotel Barcelona, Manuela, que segundo Rafael sería a primeira minuteira de Ourense, decide continuar coa súa vella cámara na Alameda. Vid: Salgado, Rafael, Achegamento á Historia da fotografía en Ourense (1856-1940), Deputación Provincial de Ourense, 2011, pp.160-161. Foto: Idem

01 abril 2011

MARIA TERESA BOUZO SANTIAGO

N
aceu en 1914 en Ourense no seu dunha familia con posibles, era filla do prestixioso médico Don Manuel Bouzo e irmá da Catedrática de Física e Química Maruja Bouzo Santiago. No ano 1924 figura matriculada no Instituto Provincial de Ourense onde cursa o Bacharelato de Ciencias, fará catro cursos pola opción libre e os dous últimos pola opción oficial. Logo de rematar e titularse, solicitou un certificado para a Escola Normal de Mestras aínda que despois decide continuar estudos universitarios en Santiago matriculándose en Mediciña en 1932 obtendo premios en diversas materias. Decántase pola especialidade de odontoloxía examinándose en Madrid na Escola Especial de odontoloxía de Madrid onde saca unhas brillantes cualificacións.  En 1937 coléxiase no Colexio Provincia de Médicos. Exerceu de Catedrática numeraria de Física e Química no Instituto ourensán.

Fonte: El Pueblo Gallego, 5 de xuño de 1935, p. 11.

Tivo a inciativa de abrir unha clínica dental na capital  na rúa Progreso preto da consulta do seu pai. Alí exercería e adquiriría unha gran notoriedade na sociedade ourensá como muller emancipada e propios recursos. Despois trasladou a consulta á avenida de Bos Aires, nº 32 (ao carón do Coliseo Xesteira).

Faleceu en outubro de 1973 na cidade ourensá sendo a súa morte moi lamentada pola cidadanía.

Fonte: La Región, 1 de xaneiro de 1938, p. 5

Vid: El Compostelano, 1 de outubro de 1932, p. 3El Pueblo Gallego, 21 de xuño de 1934, p. 12; Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedranº 148; 1 de xaneiro de 1937, p. 23;El Pueblo Gallego, 3 de maio de 1942, p.7El Pueblo Gallego, 5 de outubro de 1973, p. 17. Bande Rodríguez, Enrique, Institucións docentes e grandes mestres en Ourense. 1846-2005, Galaxia, Vigo, 2010, p. 347.