Etiquetas

30 octubre 2009

RAFAELA SALGADO

Rafaela naceu o 14 de outubro de 1841 e  o 23 de novembro de 1906, cando tiña 61 anos, solicitou permiso para abrir unha escola de párvulos na rúa Mosquera, nº 25 de O Carballiño.

No momento de solicitar a apertura do colexio alegou unha experiencia de corenta anos no ensino. 

O local, duns 42 metros cadrados estaba organizado e amoblado por zonas de actividade: bancos de lectura, mesas-bancos para a escritura, cadeiras para os labores e o ensino e unha plataforma para a mestra. Tiña dúas salas en dous pisos con habitacións e galería con retrete. No primeiro piso de 8,5 metros de ancho con vidrieiras de alto cada unha delas de 2,5 metros e de ancho 1,12 metros. O segundo piso tiña un anchura de oito metros e de alto tres metros.

En canto o material tiña: mesa para escribir; seis tinteiros e seis plumas; seis bados; oito bancos para lectura e labores; un mapa de España; silabarios; Fleures; Amigo de los Niños; Historia Sagrada; mostras, fío e agullas e demais enseres.

(AIOP, Expedientes de creación de escolas)

O obxecto de ensino era para os nenos Catecismo a viva voz e Rudimentos de Escritura e Lectura e para as nenas Catecismo, Lectura e Escritura e Punto (crochés, calceta...).
Para seren admitidos tiñan que achegar un Certificado de hixiene asinado polo médico e un Certificado de boa conduta redactado polo Presidente do Concello.
As materias que se traballarían eran: Historia Sagrada de Henri; Doutrina Cristiá de Artete; Relixión e Moral por Santos; Gramática por Dalmán; Xeografía por Calleja; Urbanidade por Calleja; Hixiene e Economía; Debuxos e labores por J. Brugarolas e Escritura por Calleja.

(Elaboración propia a partir de investigación)
Vid: BENSO CALVO, C., CID GALANTE, R.M., "A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX, Sarmiento, nº 8, p. 77.




TERESA ROQUETA DALMAU e a ESCOLA NEUTRAL LAICA DE OURENSE (ENLO)

Teresa Roqueta Dalmau xunto co seu home, Hipólito Sinforiano Luengo, dirixiu a Escola Laica Neutral de Ourense encargándose ela tamén da sección do parvulario. Hipólito naceu en Zamora e Teresa era de Llagostera e o matrimonio,chegados a Ourense, trouxo consigo a unha cidade de interior conservadora unhas ideas pedagóxicas totalmente renovadoras na liña da educación racionalista. Ambos os dous tamén pertencían a Asociación Esperantista que se creou en Ourense, isto é, defendían o esperanto, un idioma universal.

O matrimonio Luengo dirixiu o centro ata 1936, ano que foi pechado por mor da guerra e a chegada da ditadura.

O centro, segundo consta no expediente de apertura da escola foi solicitado por Hipólito Luengo e estivo situado primeiro na rúa 2 de Maio pasando despois á rúa de Reina Victoria. Nesa mesma rúa, no número 31, 1º piso, o irmán de Teresa, Enrique Roqueta, tiña unha academia onde impartía clases de francés este estaba afiliado ao Partido Republicano Radical e ostentaba o cargo directivo de secretario.

A implantación da Escola Laica Neutral de Ourense (E.N.L.O) suscitou unha grande controversia na cidade e a prensa local non escatimou en artigos na súa contra. Os compoñentes conservador, tradicional e moralista eran as urdimes da sociedade e, polo tanto, un centro de carácter laico e democrático e con principios de ensinanza moderna seguindo a pedagoxía da ILE non tiña un fácil encaixe e non era ben aceptado. A ENLO limitábase á instrución integral dos nenos e nenas sen nigún tipo de sectarismo. En efecto, na relación de materias que se impartían estaba excluída a relixión pois entendían os organizadores que a ensinanza da relixión pertencía ao ámbito privado, á familia. Na ENLO daban relevancia á ensinanza da Moral Universal e Urbanidade e xunto a esta materia impartíase Lectura nos seus diferentes graos, a Escritura, a Gramática castelá e Análise Gramatical e Lóxico, Artitmética en todos os seus graos, Fisioloxía e Hixiene, Xeografía, Xeometría, Ciencias Fisionaturais, Agricultura, Historia de España, Canto, Ximnasia sueca, Esperanto (lengua internacional) e Traballos manuais. Ademais a escola contaba cun Coro infantil, dirixido polo director do centro, que interpretaba cancións en Esperanto.

(Fonte: La Zarpa, 24 de setembro de 1921, p.3. Galiciana.)
(Fonte: El Correo de Galicia, 31 de xullo de 1927,p.12. Galiciana)

(Fonte Cid, X.M. "La educación", Ourense en el siglo XX", La Voz de Galicia, 2001, p. 163.)

Que se era antipatriótica, que se era unha escola sen Deus, que se era un instrumento de penetración socialista, que se destrúe o Estado...eran os comentarios referidos á ensinanza laica. Por tal motivo Hipólito Luengo vai ser sancionado coa chegada da ditadura e estará sometido ao Expediente de Depuración xunto cos demais membros da ATEO aínda que el non fose directamente integrante da mesma.

A institución contaba cunha Sociedade Protectora fudada polos irmáns Pablo e Antonio Abad Rodríguez ambos os dous da Xunta da Sociedade de Librepensadores, da que Pablo era o Presidente e Hipólito Luengo o vicepresidente secretario. Pablo Abad dirixiu unha carta ao Concello de Ourense en setembro de 1915 solicitando que se incluíse nos orzamentos unha axuda para o centro:

"Al Excmo. Ayuntamiento de Orense:

Don Pablo Abad Rodríguez mayor de edad y vecino de esta capital a esa escma Corporación expone: Que por la Sociedad Protectora de la Escuela Neutral, de que es presidente, se acordó con fecha cinco de septiembre elevar respetuosa solicitud a ese Ayuntamiento para que se digne incluír en el presupuesto del año próximo de 1916 la cantidad que considere oportuna con destino a la protección y mejora de dicha escuela.

Esta petición se apoya en las siguientes razones:

Primero: La Escuela Neutral que lleva siete años de asistencia, fue creada y está sostenida por las cuotas voluntarias que satisfacen los socios protectores vecinos de esta localidad, residentes buen número de ellos en América, para dar instrucción completamente gratuita a los niños de las clases obreras, fin que viene cumpliendo desde su creación, con un promedio de cincuenta niños pero sin que le sea posible ampliar este número por carencia de recursos a pesar de las numerosas y constantes solicitudes.

Segunda: En Orense es la única escuela privada, no sólo gratuita, sino que además proporciona a los niños también gratuitamente toda clase de material, y como quiera que la Escuela graduada de esa capital, única oficial que existe, aún contando con sus tres secciones, es completamente incapaz para atender a los niños menesterosos de una población de dos mil habitantes aproximadamente cumple una misión de la más alta importancia que podría abarcar un campo más amplio con el apoyo de las corporaciones oficiales, evitando queden tantos niños faltos de la instrucción más elemental por carencia de recursos.

Tercera y última: El amor a la enseñanza demostrado por esa corporación.

(...)

Como consecuencia do exposto el que tiene el gusto de suscribir, en nombre de la Sociedad en referencia con las debidas consideraciones de que queda hecho mérito a los efecto tambien mencionados..." (3)

Así mesmo a Unión Orensana en Cuba e a Federación de Obreros Orensanos de Buenos Aires contribuían ao seu sostenemento coa finalidade de que continuase funcionando pois eran sabedores das circunstancias económicas precarias da institución temendo que chegase a desaparecer. Nunha das memorias do curso 1927 da institución dicíase:

"Dado el pequeño local de que disponemos, resulta excesivo el número de alumnos que asisten diariamente a la clase, pudiendo juzgar por el detalle siguiente: el número de matriculados en el año ha sido de 95 alumnos de ambos sexos. El promedio de asistencia anual es: enero 69,3%, febrero 67,6%, marzo 78,6%, abril 78,1%, mayo 80,3%, junio 70,4%, julio 77%, septiembre 60,2, octubre 73,4, noviembre 61,4, y diciembre 63,1. Término medio de los once meses 70,85.

El local destinado a las clases para la enseñanza de estos niños mide 8,3 metros por 6,1 y 2,5 o sea 50 metros cuadrados y 63 dm cuadrados y una cubicación de 126 metros cúbicos y 576 dm cúbicos.

Como se ve es una cubicación insuficiente, y por lo que la junta directiva acordó reducir el número de alumnos, retardando el ingreso de los que tienen solicitado el turno. El número de solicitantes pendientes de intreso es de 21.

Pero esto nos plantea otro problema, pues si tenemos en cuenta los ingresos ordinarios vemos que: que del promedio mensual o sea de las cuotas de socios, son pesetas 310,33 de ingresos y ascendiendo los gastos ordinarios y fijos a 312, tenemos un déficit de pesetas 1,67.

Si tenemos en cuenta que de las pesetas 310, 33 solamente se recauda de socios protectores pesetas 142,83 de los que resulta una cuota para cada niño de pesetas 1,77. De ahí que no se pueda reducir el número de alumnos sin llegar al nivel de presupuesto de gastos e ingresos ordinarios, debiendo procurar mantener su nivelación, a fin de dedicar los ingresos extraordinarios a la construcción del grupo escolar.

Pecaríamos de ingratos y no cumpliríamos con nuestro deber si no dedicáramos unas lineas a los únicos perjudicados, a los que con su capacidad reconocida vienen consagrando su actividad desde hace 18 años en la enseñanza de nuestra escuela, a donde los niños concurren con voluntad por la bondad y cariño con que son tratados.

La sociedad paga estos dos profesores, don Hipólito S. Luengo y su esposa doña Teresa Enriqueta, con 250 pesetas mensuales; sueldo irrisorio, y que tendrá en cuenta la Junta directiva que nos suceda; pues si bien es cierto que la sociedad les autoriza a poner paso en los locales de la escuela, creemos que no compensamos el sacrificio que representa el enorme exceso de trabajo que por ello resulta y del que únicamente la sociedad sale beneficiada...." (1)

A Institución ENLO contaba, como dixen, co apoio da emigración por mediación da Unión Provincial Orensana na Habana que así dicían dela:

"De todas nuestras sociedades regionales pocas son las que pueden ofrecer un historial tan honroso, tan democrático y tan de positivos beneficios como esta vieja y querida institución de los orensanos. No solo por su labor cultural, admirable por cierto sino que también por su orientación ideológica, ampliamente democrática; y aún puede decirse que la renovación de nuestro espírito colectivo tuvo como modelo a esta institución, que ocupó siempre en tal sentido un puesto de vanguardia.

 (...)

En el año 1913 un pequeño grupo de paisanos muy encariñados siempre con los asuntos del terruño lejano, y dispuestos especialmente, y en todo momento, a prestar su más decidida cooperación y dedicar sus cálidos entusiasmos a toda labor que redundar pudiese en beneficio de la cultura y del progreso de Galicia, atendiendo expresivas atenciones que les llegaban de sus convecinos radicados en la Habana, y también desde Orense, decidiénronse a levantar una suscripción entre los conterráneos residentes en esta ciudad para auxiliar con su producto a la "Escuela laica Neutral" establecida en el mencionado Orense... (2)

A Unión Orensana, ademais de achegar axudas económicas para centros de ensinanza de Nogueira, Coles, Vilamarín, tamén á institución "La Gota de Leche", tiña entre as súas prioridades a Escola Neutral de Ourense pois consideraban que era un centro principal para o desenvolvemento e prosperidade do ensino e porque ademais sufría constantes presións por parte dos seus "inimigos". Unha das actividades que levaron a cabo foi organizar unha festa para recadar fondos para poder enviar á Escola Laica para que esta puidera ter un edificio novo. Participaron en dita festa celebrada no Teatro Nacional a Agrupación Artística Galega, un concerto do profesor Rumano Demetrio Vladescu, cantou o Orfeón artístico Asturiano, o coro de "caricatos" da Unión Orensana...etc..(6)

A sociedade Protectora da Escola Laica de Ourense enviou o 13 de febreiro de 1928 unha carta ao Secretario da Sociedade Unión Provincial Orensana de Bos Aires para agradecerlle todo o apoio e a axuda económica que recibían:

Estimado camarada: En la sesión de J.D celebrada por esta sociedad el día 5 del corriente, se acordó hacer constar en acta el agradecimiento por el giro de 1050 pesetas que, por mediación de nuestro delegado don Pablo Abad, hemos recibido de esa institución; y la satisfacción que nos produce el ver que, lejos de esta tierra, hay un grupo que trabaja con el desinterés de todo corazón noble por el sostenimiento y progreso de eta escuela; dándonos ánimo para seguir luchando con las dificultades que, con frecuencia, se nos presentan...Eulogio Vázquez, presidente. (5))

(A ENLO, malia ser un centro atípico para unha cidade como a de Ourense, contaba cun gran número de adeptos pois eran conscientes e valoraban obxectivamente o labor que esta institución despeñaba ao dar clases a nenos de toda condición de xeito totalmente gratuíto. Nun artigo que saiu na prensa local asinado nada máis e nada menos que por Constantino Añel o representante das Bodegas Gallegas e membro directivo de diversas sociedades culturais Progreso de Coles, La Peña Gallega, Centro Gallego de La Habana... dicía:

La enseñanza elemental en esta ciudad es muy exigua; una escuela graduada de niños, con tres secciones, otra de niñas y dos de párvulos, constituyen toda la enseñanza oficial en una población que pasa de quince mil habitantes! estas son las que actualmente funcionan en el casco de la ciudad, pues si bien es cierto, que dos nuevas escuelas se crearon en el barrio norte, una de ellas no funciona y la otra hace muy poco que se creó y con carácter interino.

 (...) Unos cuantos colegios privados, y otros sostenidos por sociedades y comunidades, suplen la falta y el calor, que les niegan quienes a ello están obligados, evitando, que nuestros pequeñuelos en lo posible, les falte la enseñanza, que les libre más adelante de ser objeto y convertirse en algo útil para la sociedad....Uno de estos colegios el que tuve el honor de visitar hace pocos días, es la Escuela Neutral de Orense, donde asisten un centenar de niños a sus clases diarias y reciben la enseñanza que un grupo de profesores modelo, les explican con una competencia e interés extraordinaria. Esta escuela se halla instalada en una casa de la calle Reina Victoria  y sus locales son deficientes por su capacidad, aún aprovechando como lo hacen, una magnífica huerta o salido que utilizan cuando el tiempo lo permite, para dar al aire libre las lecciones.

Tienen los directores el proyecto de edificar un pabellón, donde instalar las clases a cuyo fin adquirieron un magnífico solar, en un sitio espléndido, muy cerca de la nueva estación de ferrocarril de Orense a Zamora, estación ciudad, y allí, más adelante, instalar también clases de enseñanza agrícola y oficios varios; lo principal está conseguido: solar, algún dinero para empezar el edificios, mucha voluntad en los propulsores de la obra y lo demás unas cuantas miles de pesetas, pocas, por cierto, unas diez o quince mil le bastarían, así me lo aseguraban, los que amablemente me informaron: Con estas pesetas realizaríamos la obra magna de nuestros ideales, que son los de la clase trabajadora de Orense, después de conseguido nuestra casa social.

(...) La Unión Orensana de Cuba, sociedad decana de las provinciales allí establecidas, piensa contribuír, como ya lo hizo en otras ocasiones, a esta obra y ella, que no tiene otro pensamiento más que laborar por el bien de los intereses de los orensanos y de de Galicia, hará que ésta sea una realidad, a cuyo fin recabará de las sociedades hermanas esparcidas por toda América, su óbolo y con festivales y colectas arribará a que esta idea se realice (...) No les faltará el apoyo de la Prensa gallega de América, a estos orensanos que siempre está alerta y en la brecha y sotre todo ella y muy especialmente "Heraldo Gallego" y "Eco de Galicia", de la Habana que dirigidos por un orensano culto Don Manuel F. Doallo, será el primero por tratarse de este asunto local y encontrar en él siempre cabida, las obras que tengan por fin la cultura y el mejoramiento de los gallegos en todas sus manifestaciones....) (7)

Pero esta escola estaría no punto de mira cando se produciu o alzamento militar en xullo de 1936. A casa onde se situaba foi asaltada de inmediato. O testemuño de Luísa González Cudeiro, veciña dos Luengo-Roqueta, comentou como fora o asalto:

(Fonte: Beatriz Graña Pérez, Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Concello de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2003, p. 73)

(Entrada de elaboración propia a partir de numerosas fontes)

(1) "Sociedad Protectora de la Escuela Laica Neutral", Correo de Galicia, 8 de maio de 1927, p. 4; (2)"La Unión Provincial Orensana", El Correo de Galicia, 31 de xullo de 1927, p. 12; (5)"Sociedad Protectora de la Escuela Laica de Orense", El Correo de Galicia, 15 de abril de 1928, p. 4; Cid Fernández, Xosé Manuel Educación e Ideoloxía en Ourense na IIª República,  Universidade de Santiago, Servicio de Publicacións e intercambio científico, 1989; Valín Fernández, Alberto, Laicismo, Educación y represión en la España del siglo XX, A Coruña, O Castro, 1993; Benso Calvo, Carmen, "Expediente de apertura de la ENLO" Revista Sarmiento, nº 2, 1998, pp. 237-251;  Somoza Medina, José, Desarrollo urbano en Ourense. 1895-2000, Tese de Doutoramento. (3) ACO (Arquivo do Concello de Ourense)u, Caixa 82, Sobre Cultura e educación en Ourense, Leg. nº 498; (4) "La enseñanza primaria en Orense", El Pueblo Gallego, 2 5de marzo de 1. (6) "Unión Orensana Marcando nuevos derroterros", Heraldo de Galicia, 28 de setembro de 1924, p. 2; Heraldo de Galicia, 23 de novembro de 1924, p. 8. (7) "La enseñanza primaria en Orense", El Pueblo Gallego, 25 de marzo de 1930, p. 8.

MARÍA RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

María Rodríguez era mestra Nacional e Licenciada en Ciencias (sección de Químicas). En 1939 era directora dun colexio de ensino medio en Carballiño denominado "Colegio Isabel La Católica" e que estaba situado na rúa Cuartel Viejo, número 11, teléfono 59. No centro impatíanse as ensinanzas de primaria e preparación para o ingreso ao Bacharelato; Bacharelato e preparción para Oposicións, Taquigrafía e Mecanografía. Anunciábase na prensa local indicando que era un centro autorizado polo Reitorado e consta que foi centro moi prestixioso na vila de O Carballiño.
Era socia da Asociación provincial de Mestres Católicos.
O centro tivo unha longa traxectoria e seguía funcionando en 1961 con ese mesmo nome. Nestes anos o director era Juan Corral Pajariño

(La Región, 3 de setembro de 1940, p. 2. Galiciana)

(La Noche, 15 de setembro de 1962, p. 7. Galiciana)

Decíase así na prensa sobre o colexio:

Este establecimiento cultural es algo verdaderamente insólito y modélico. Aparte todo lo que de notable tiene ya realizado, para el próximo mes contará con las instalaciones adecuadas para 45 internos que se ampliarán posteriormente hasta alcanzar el número de 80 plazas.
Asimismo, se están terminando las obras de la nave en que irá el laboratorio y aula de Física y otras dependencias concebidas en forma funcional, amplias y perfectamente iluminadas.
Todo esto, se debe a D.Juan Corral, un hombre de voluntad férrea y con vocación extraordinaria para la enseñanza, a la que aplica los más modernos métodos pedagógicos. (1)

(1) "Un colegio modelo", La Noche, 13 de setembro de 1963, p. 6.
Vid tamén: MENDEZ LOIS, Mª José, Mulleres na Educación en Galicia, MUPEGA, 2009, p. 235.


OBDULIA RODRÍGUEZ

Mestra que estableceu en Celanova unha escola privada da Inmaculada Concepción en 1904. O local estaba distribuído en catro zonas destinadas á lectura, labores e ximnasia. 

Vid: Benso Calvo, C., Cid Galante, R.M, "A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX", Sarmiento, nº 8, p77.



CONCEPCIÓN RAMÓN AMAT

(Información que se integrará proximamente nunha publicación)

Naceu en Tarragona en 1895 e faleceu en Ourense en 1991.

Ingresou en 1915 na Escola de Estudos Superiores de Maxisterio de Madrid. Rematados estes e co título superior foi nomeada, en 1920, profesora numeraria de Labores e Economía Doméstica da Normal de Ourense onde tamén impartiría as materias de Pedagoxía e Psicoloxía e Traballos Manuais. Ocupou o cargo de secretaria en 1925 cando era directora Leonor Pardo, despois, en 1928, pasou a ser directora da Normal de Mestras de Ourense de xeito accidental e xa titular en 1932 por Orden Ministerial o 9 de maio de 1932. No ano 1934 presentouse á reeleción da dirección formando a terna con Vicente Risco e Sara Leirós pero non foi reelexida pasando Vicente Risco a ser director. O 7 de xuño de 1934 fíxolle o alumando e o claustro da Normal unha homenaxe eloxiando o seu labor na que lle entregaron un gran ramo de flores. En 1942 ocuparía de novo o cargo de directora accidental da Normal feminina pasando despois a ser oficial e manterse no cargo ata 1964 sendo o seu homólogo da masculina Vicente Risco. Xa no ano 1964 Concepción pasou a ser directora en funcións dos dous centros, o masculino e o feminino.

(Foto da Normal de Mestras a partir de 1926 cando xa se lle ampliara o terceiro piso)

No ano 1950 estivo un tempo convaleciente e ao recuperarse as alumnas da Escola Normal fixeron unha misa de acción de gracias 

Estaba casada con Manuel Maceda, xefe de inspección por aquela época, e tiveron tres fillos chamados Manuel Maceda Ramón, que se fixo ondontólogo; Carlos Maceda que era Axudante de Obras Públicas e Antonio Maceda. 

O matrimonio desenvolveu un proxecto de colaboración entre as dúas institucións (inspección e Normal) coa finalidade de construír un proxecto serio de formación do profesorado pois a política educativa republicana confiáralles a dirección do proxecto "Novo Mestre". Inspección e Escola Normal asumiron a organización de cursos, encontros e semanas pedagóxicas de perfeccionamento do profesorado e de extensión cultural que era denominado "en pro de la cultura". Sendo ela cargo directivo como secretaria e logo como directora levou a cabo a organización de cursos, non só para os normalistas senón tamén para a sociedade en xeral, cursos que tiñan diversas temáticas e na que se incluían os idiomas sendo Concepción a que impartía Inglés. Invitaba a persoas relevantes para que impartisen conferencias no centro, entre eles, a Lino Porto, o director da institución "Gota de Leche". Tamén levou a cabo excursións co alumnado da Normal como a que organizou a Chaves na que foron parando en diferentes vilas de interese patrimonial. Toda esta intensa actividade deu lugar a que a Normal se convertese nunha referencia cultural para a cidade.

Concepción Ramón era unha muller comprometida coa cidade ourensá pois contribuía dando donativos para a festa dos Maios, para o vusto de Marcelo Macías, apoiando a concesión da gran Cruz da Orde de Alfonso X a Otero Pedrayo, presidindo os actos de reparto do roupero escolar, participando nas Xuntas de Protección da infancia, formando parte do Seminario de Estudios Gallegos....

Tiña uns criterios educativos de grande fundamento e eran moi habituais as súas disertacións sobre asuntos da ensinanza e métodos didácticos que provocaban admiración nos oíntes. Destacaban dela o seu maxistral dominio do léxico sinxelo e a súa vasta cultura. Como muller tradicional e propia dunha época no que o Réxime avogaba por un perfil de muller conservador, defendía a necesidade de educar á muller para a vida do fogar pensando en que ela ía ter que gobernar a casa, tratando de facer feliz á familia. Falaba de que nas escolas de nenas había que explicar as ciencias do fogar e labores artísticas. Malia este concepto tan conservador primaba a defensa de que era necesario que a muller adquirise unha cultura.

Noutra charla disertou sobre o Sincretismo e a Educación, un tema de grande complexidade pero que expuxo con claridade meridiana. Dixo "hai que ver o que hai que ensinar e como hai que ensinar. O primeiro dá lugar aos programas e o segundo á metodoloxía". Dicía que ata entón déraselle máis importancia aos programas e non a como impartir as clases. Explicou que o neno ten unha visión conxunta das cousas, por iso había que amosar aos nenos o conxunto total das cousas e non de xeito esquemático ou parcial, é dicir, ao seu entender había que facer uso da metodoloxía global. Indicaba que un exemplo de aplicación deste método global está na ensinanza dos idiomas. Falaba de que este método fora impulsado e defendido por Decroly e seguindo ao pedagogo, Concepción defendía que a ensinanza dos nenos debía presentarse baixo unha visión de conxunto e non dividirse en materias extrañas ou en compartimentos apartados.

Pero Concepción Ramón tamén participou nas actividades organizadas o 14 de febreiro de 1934 polas Mocedades Galeguistas de Ourense, concretamente na conferencia que esta agrupación dedicou a Decroly. Aínda que ela non interveu si foi recibida con grande ovación.

En 1958 enviuvou pois o 1 de xuño dese ano faleceu Manuel Maceda sendo unha perda moi sentida na cidade. Pero Concepción continuou coa súa actividade intensa de clases, organizadora de actividades,sendo membro en numerosos tribunais de cursillos e oposicións...ata que se xubilou en xuño de 1965.


(Fonte: La Zarpa, 18 de febreiro de 1934, p. 4)

(Sinatura de Concepción Ramón Amat)

Vid: El Compostelano, 5 de agosto de 1920; La Región , 17 de maio 1932; "Cursillo de Orientación Pedagógica de la Asociación C.de M. Españoles", La Región, 21 de abril de 1938, p. 1; El Pueblo gallego, 11 de novembro de 1932; La Zarpa, 18 de febreiro de 1934; El Pueblo Gallego, 8 de xuño de 1934; Cid Fernández, J.M., Educación e ideoloxía en Ourense na II República. Organización e acción socioeducativa do Maxisterio primario, Santiago, 1989, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, pp.53-54.
Concepción Ramón Amat Album de Mulleres

15 octubre 2009

PILAR PEREIRA SANTOS

Mestra que se estableceu en Ourense e foi destinada o 23 de setembro de 1898 á escola incompleta mixta de Rubiás, Calvos de Randín, cobrando 250 pesetas.

En 1902 solicitou a apertura dunha escola privada de nenas que se situou no número 4 da rúa da Libertad da capital ourensá. Contaba cun salón-clase con dúas ventás e un pequeno cuarto de biblioteca. 


Vid: Benso Calvo, C. e Cid Galante, Rosa María, "A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX", Sarmiento, 2004, nº 8, 43-77.


13 octubre 2009

CARMEN PARDO LOSADA

Naceu en Ourense en 1890 e faleceu en Madrid en 1983. Ocupará na Escola Normal de Mestras de Lugo a Cátedra de Pedagoxía e a súa Historia con rudimentos de Dereito e Lexislación Escolar. Despois desempeñou o cargo de directora dende o 3 de setembro de 1916 ata o 8 de xuño de 1931, ano no que a destituíron do claustro coa chegada da República. Das mil cincocentas mulleres que estiveron pensionadas na Residencia de Señoritas en Madrid cuxa directora era María de Maeztu, Carmen foi unha delas.

A partir de 1939 foi nomeada directora novamente, cargo que ocupará ata a súa xubilación en 1959. Foron corenta e cinco anos desde a súa chegada á Normal de Lugo e debido ao seu labor fíxoselle unha homenaxe o dous de xuño de 1961.

(Fonte: La Noche, 3 de xuño de 1961, p. 6) Galiciana.

O 20 de maio de 1919 foi nomeada socia do Instituto de Estudios Gallegos de A Coruña. O 20 de xuño de 1928 entrou a formar parte da Xunta creada para a Institución da Gota de Leche. Dous anos máis tarde, o 13 de novembro, nomeárona Vogal da Xunta Especial de Autoridades de Primeira Ensinanza.
Foi alumna bolseira da Universidade Internacional de Santander no curso de verán de 1933 e 1935 e da Universidade Católica de Santander no curso de verán do ano 1934.

O 9 de abril de 1935 foi nomeada directora da Escola Elemental do Traballo, cargo que ocupou ata o mes de abril de 1936. Foi, ademais, vogal da Xunta Provincial de Ensinanza.

Foi obra súa a organización e funcionamento das escolas graduadas anexas ás Escolas de Maxiterio de Lugo e formaba parte do Padroado de Cantinas e Colonias, tendo contribuído á súa organización.
Foille concedida a Gran Cruz da Orde de Alfonso X o Sabio e o nomeamento de Directora Honoraria da Escola de Maxisterio Feminina. Unha muller de recoñecido prestixio que impartía conferencias diversas sobre a ensinanza ou disciplina no ensino primario.

A continuación facemos un resumo dunha entrevista  realizada por Alfredo Sánchez Carro para o periódico El Progreso:

(Fonte: El Progreso, 30 de xuño de 1957, p. 3.) Galiciana.

Pregúntanlle na entrevista sobre cantos anos leva na Escola Normal de Lugo e di que lle deron a praza cando se fundou a Normal en Lugo, que foi no ano 1916 e continúa dicindo que toda a súa vida profesional transcurriu nese Centro desempeñando o cargo de Directora, agás nos tempos da República. 
Cando lle preguntan sobre o que se precisa para ser profesora dunha Escola Normal contesta dicindo que nestes anos (anos cincuenta) precísase ter o Título de Licenciado e o de Mestra aínda que o de Mestra poderíase substituír pola aprobación de asignaturas de Pedagoxía na Facultade Correspondente.
Sobre o Plan de estudos de Maxisterio comenta que non está de acordo con el pois considera que son poucos os anos de estudio e porque á idade na que entra o alumnado non ten a madurez necesaria para os estudos especializados da carreira. Segundo ela o plan debera ser que o alumnado estivera dos 14 aos 16 anos recibindo unha cultura adaptada ao seu futuro labor e, a continuación, ata os 19 formalos profesionalmente. Nestas condicións sairían ben preparados.

(Fonte: El Progreso, 21 de Decembro 1960, p.3) Galiciana.

En canto ás partes que debe comprender a carreira, é partidaria de que comprenda unha parte de cultura xeral con toda a amplitude necesaria para as necesidades da vida, e outra parte profesional teórica e práctica da que di :"por desgracia en los planes vigentes está muy poco atendida". Di que a parte profesional, tanto teórica como práctica debe haber un contacto directo coa escola, cos nenos e con todas as institucións "circunescolares" que deben preocupar a un bo mestre. A parte práctica require que se lle dedique moito máis tempo que o plan actual e siñala: "Estas tareas son las que forman al alumno para educar; en ellas se van perfilando sus aptitudes y despertando y plasmando vocaciones".

Sobre as cualidades que debe ter unha mestra di:

"Desde luego son esenciales las de tipo moral, un amor al niño, abnegación y espíritu de sacrificio. Sin estas cualidades no hay posibilidad de que puedan realizar la labor que se les encomienda. El maestro tiene que darse cuenta en todo momento de la responsabilidad que tiene ante Dios, la sociedad y la familia en relación con el futuro de los niños".

(Fonte: El Progreso, 21 de Decembro 1960, p.3) Galiciana.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid: De Abel Villela, Adolfo, Cincuenta años de Formación de Formación Profesional en Lugo (1932-1981), Lugo, Xunto de Galicia, Consellería de Educación e Cultura, 1985, páx. 90-92.
Méndez Lois, Mª José (Coord.), Mulleres na educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, p. 199-200.
Tamén a autora do blog  empregou a hemeroteca de Galiciana.
Foto entrada: El Progreso, 30 de xuño de 1957, p. 3.. Galiciana.