Etiquetas

28 mayo 2009

LEDICIA SOLA

Actriz nacida en Ourense. Estudou Arte Dramático en Madrid e agora dedícase ao Cine, Teatro e televisión. Destacou o seu papel na película "El patio de mi cárcel". Foi Laura Gutiérrez no serial “C.L.A. No somos ángeles” de Antena 3. Participou en series como “Abogados” en Tele 5 no papel de Maica (2001), e “Ana y los siete” de TVE, como Marta (2003). Saiu en telefilmes como “El príncipe enamorado” e “Cala Real”, en series da FORTA como “En buena compañía” e en curtametraxes como “Las tetas más bonitas del mundo”. Tamén traballou en teatro, publicidade e como presentadora na gala do VI Festival de Cine Independente de Ourense.Formación específica: Titulada en Interpretación Textual outorgada pola Escola Superior de Arte Dramático de Madrid (2000). Cursos: Voz (dirixido por Marta Pinillos en 2006), Interpretación audiovisual (New York Film Academy 2007, Mariano Barroso 2006, Roberto Santiago 2003, Eva Lesmes 2001), audition technique (Norma Atallah, Arts Educational School, Londres 2006), técnica Alexander (Perpe Carja 2001), introdución ao verso (Juan M. Navas 2001), expresión do flamenco (Carmen Romero 2000), dobraxe (Carlos Tostado Toledo 1999, Mª Jesús Hoyos 1998), Produción do musical americano e método de interpretación estadounidense (Keith Nagy, Karen Gigly 1998), seminario internacional do teatro (Julián Knab 1996). Coñecementos de danza, flamenco, canto, equitación e esgrima.

17 mayo 2009

DOMNA MAYORE FERNANDI

Tenente da fortaleza de Aguiar dende 1267 a 1272. Non acudían á guerra pero ostentaba un mando militar. Vid: Nash, Mary y Tavera, Susana, Las mujeres y las guerra, Icaria.

DOMNA ELVIRA PÉREZ

Tenente de fortaleza de Aguiar entre 1258 e 1263. Os tenentes de fortalezas eran nomeados polo rei. Xa nesta época comezaban a destacar mulleres ocupabado este cargo. Estas mulleres non acudían á guerra pero exercían un mando militar. Vid: Nash, Mary y Susana Tavera (eds), Las mujeres y las guerras, Icaria.

CARMEN PÉREZ GÓMEZ-NEU

Nace en Ribadavia en 1923. Alí pasa a súa infancia e comeza a destacar e a ser admirada polos seus profesores dada a calidade dos debuxos que realiza. Trasládase a vivir a Vigo onde estuda Comercio no colexio Cluny, alternando clases de debuxo e pintura. 

En 1936 pasa unha tempada en Santiago de compostela onde estuda co profesor Mariano Perico Vázquez. Finalizada a guerra civil, vai a Madrid e dedícase exclusivamente á pintura; copia no Museo do Prado, dá clases con Enrique Cubells e con Eduardo Chicharro. 

En 1941 fai a súa primeira presentación en público na Exposición Nacional de Belas Artes. Neste mesmo ano presenta tamén, por primeira vez, en Galicia, dous cadros na Exposición Rexional de Belas Artes en Compostela. 

En 1943 contrae matrimonio con Joaquín Robla Díez, que foi alcalde de Ribadavia desde 1957 até 1964. Tamén neste ano fai a súa primeira exposición individual na sala Aeollán de Madrid. En 1949 empeza a interesarse polo mundo celta, e cun grupo de amigos de Ribadavia, visita castros, lugares arqueolóxicos; experiencia que máis tarde se verá plasmada en cadros sobre este tema. En 1953, expón en Madrid na Sala do Circulo Cultural Medina. 

En 1956 realiza as pinturas murais da Capela do Colexio Menor Calvo Sotelo de Ourense. En 1959, expón no Liceo Recreo Ourensán. En 1960-62, fai unha exposición rexional de arte no Museo Municipal de Vigo e unha exposición de "Arte Actual en Ourense", celebrada en Madrid. 

Desde o ano 1963 reside en Madrid onde ten o seu estudo, na Praza España, alternando a súa estancia na capital con tempadas na súa casa natal de Ribadavia.

É considerada unha pintora moderna.

Vid: "Carmen Pérez Neu", La Región, 16 de decembro de 1962, número especial, caderno 6.



07 mayo 2009

PILAR OTILIA LÓPEZ

María Pilar Otilia López García foi a primeira muller que asumiu unha alcaldía na provincia de Ourense. Accedeu ao cargo no ano 1975, catro anos antes das primeiras eleccións democráticas. Pilar Otilia López compaxinou o seu traballo municipal co de mestra aínda que agora xa está xubilada. Politicamente, repetiu maiorías absolutas unha e outra vez.