Etiquetas

26 febrero 2019

MARI CRUZ

Mari Cruz foi una actriz que naceu en Ourense, concretamente no pobo de Moreiras. Traballou na película dos anos corenta titulada "Campeones" que se proxectou no cine Xesteira da nosa cidade. Tamén actuaría na película " Intriga" de Tony Román, por certo, director ourensán. Segundo os críticos do momento, Mari Cruz tería un brillante porvir no cine.


Vid: El Pueblo Gallego, 10 de febreiro de 1943.

20 febrero 2019

AMALIA SOFÍA OSORIO DELGADO


A escritora Amalia Sofía naceu en Bande, Ourense, no 1918 e faleceu en Madrid en maio de 2006, cando tiña 88 anos. Foi mestra e escritora en lingua castelá.  Ademais de Diplomarse en Maxisterio tamén se Diplomou en Relacións Públicas. Foi premiada en España e en Italia pola súa obra narrativa e poética.


Os libros en narrativa publicados foron
"Tío Joel"
"La Vibora"
"El loco de los negrillos"
"Chess"

En poesía publicou:
"Mi aldea"
"Vertebrano poemas"

Vid: Wikipedia

19 febrero 2019

MARÍA DEL PILAR SABA

María del Pilar Saba foi a primeira mecánica de coches de Galicia. Naceu en Ourense en 1953 e xa aos 12 anos traballaba como mecánica no taller do seu pai que estaba na rúa do Polvorín.

Pilar comezou levando a contabilidade do taller pero pouco a pouco foise aficionándose á mecánica. Ela afirmaba que "a muller vale para este oficio tanto como un home" 

Segundo se recollen nas noticias da época, os clientes preferían que fora ela quen reparara os seus vehículos. 


Vid: La Noche, 22 de marzo de 1965.

14 febrero 2019

CARMIÑA NOVELLE

Da Crónica de Madrid do ano 1934 rescatouse esta noticia que resulta entrañable e curiosa. Trátase de Carmiña Novelle, nacida en Ourense,  que traballaba  no Ministerio de Traballo  en Madrid e  levou o título de Miss Ministerios. A historia é a seguinte. Existía por aquel entón infinidade de funcionarios de Ministerios que estaban enfermos e que por falta de recursos non podían coidarse. Para reunir fondos e construír un sanatorio antituberculoso organizouse un festival benéfico no que se incluía o nomeamento dunha Miss Ministerios. Nun primeiro momento, Carmiña, aceptou ser candidata a pesares de que lle di o periodista que opinión terían os seus pais. Ela dille que é moderna e que non se está no ano 1900 para ter que pedir permiso aos pais. Pero...ao día seguinte pide que lle retiren a candidatura pois ao seu noivo pareceulle moi mal. Non obstante, logo volve a aceptar porque ve que o festival se fai por unha boa causa.

Vid: Crónica, 5 de agosto de 1934,  10.




AIDA BLANCO

Aida naceu en Orense no seo dunha familia amantes da música, os seus pais forman parte da agrupación Ourenlú Quartet. Desde moi pequena xa comezou a formarse en diversos instrumentos.
Pero Aida é polifacética xa que domina tanto a música como a interpretación.
No eido musical participou en varios programas de Talent e foi gañadora polas súas composicións en "Xuventude Crea 2017". Recibiu a beca internacional musical chamada Buzzmeetsbiz para Berlin, Ghana e Madrid e participou en diversos festivais de recoñecido prestixio.

Animada pola súa irmá, que é actriz, tamén quixo formarse neste campo e rematou os estudos na Real Escola Superior de Arte Dramático. Desde entón conta no seu haber con moi boas interpretacións tanto en Teatros Musicais como series de Televisión.
Un estupendo currículo da nosa ourensá.


12 febrero 2019

WASTHY CONDE

Naceu en Ourense a comezos de século XX, concretamente na rúa Reza nº 11. Era a sobriña do médico de Baños de Molgas,  Don Manuel G. Movilla. Pero a súa vida transcurriu en Cuba, en Camagüey.

Destacou no eido do deporte, concretamente, no tenis. Obtivo grandes triunfos na Habana, onde os periódicos ensalzaban as súas cualidades deportivas.

Pero é certo que é unha galega que triunfou nos anos trinta do pasado século.

Vid: Villa Gallega, 20 de agosto 1933.









(Elaboración propia)

09 febrero 2019

MARÍA ELENA SUÁREZ


Naceu en Ourense o 8 de maio de 1873. Ingresou na Escola Normal de Ourense no ano 1886-87, rematando a carreira de Mestra co Título Superior na que obtivo oito notables e dez sobresalientes. Nos exames de reválida para obter os títulos de Mestra Elemental e Superior, acadou tamén sobresaliente. Tan loable expediente deu pé a que disertara en Asambleas sobre Pedagoxía. Tamén, desde 1894 era colaboradora asidua na Revista Popular editada en Pontevedra. Nela escribe sobre asuntos sobre a docencia e tamén da actitude dos pais ante a educación dos seus fillos, criticando que estes non deixaran que remataran os estudos completamente e foran causantes do absentismo escolar.

Presentouse ás oposicións para as escolas elementais de nenas no ano 1895 e acadou o segundo posto escollendo praza en Ourense. Tamén se presentou ás oposicións para rexentar a Escola Normal de Pontevedra pero neste caso todas as candidatas foron reprobadas. En setembro de 1896 casa co seu tío, o rico propietario do Lisboa, Don Lorenzo Varela.

Foi mestra en Santa Mariña de Augasantas, Allariz.



Vid: La Revista Popular; Año IV, n1 78, enero de 1895.



05 febrero 2019

SARITA MOURE

Dona Sara Moure era filla de Maruja Queimadelos e neta de Dona Manuela Álvarez, viúva de Queimadelos. Sarita Moure, tal como era coñecida, dedicouse ao mundo da interpretación nos anos corenta do sećulo pasado. Participou en numerosos eventos da capital recitando e interpretando poesías de poetas ourensás como así fixo no Festival de Poetas ourensás no que recitou o poema "O mínimo do ceo" de Saco e Arce; tamén representou a Prado Lameiro e obras escritas por Blanca Calvo Moraza; recitou ao poeta Eladio Rodríguez nunha homenaxe que se lle fixo ao poeta ourensán en maio de 1949 na biblioteca provincial. Tamén tivo un papel relevante na representación da obra "La casa de la Troya" de Linares Rivas o 23 de decembro de 1949,unha peza que non se representaba en Ourense desde 1923.

Vid: La Zarpa, maio de 1935; El pueblo gallego, novembro de 1943; El Pueblo, maio de 1945