Etiquetas

28 diciembre 2018

MAREM LADSON BUGALLO


Marem Ladsom naceu en Ourense en 1997. A súa nai é xornalista galega, de Ourense, e o seu pai e o ex xogador de Nova York, Willy Ladsom. Compuxo a súa primeira canción sendo só unha moza; conquistou ao público e a crítica coa súa primeira canción "All my Storms" e aos 21 combina os seus estudos de Relacións Internacionais en Madrid coa súa imparable carreira musical.
As cancións son compostas por ela cun estilo íntimo e trata temas sobre o amor, as relacións persoais, a familia...A sonoridade é admirable destacando os temas coa súa guitarra.


Vid: O Faro de Vigo

27 diciembre 2018

ESPERANZA TRIGO GÓMEZ

Esperanza naceu en Villajuán, Pontevedra, o 4 de marzo de 1896. Consta nos rexistros de matrícula do Instituto Xeral e Técnico de Ourense.
Realizou aos 15 anos o exame de ingreso o 2 de xuño de 1911 na Escola Normal de Pontevedra e matriculouse desde 1910 a 1915 na Normal desta cidade. Ali estudou Lingua castelá, Relixión, Nocións de Aritmética e Xeometría, Debuxo, Caligrafía, Aritmética, Relixión 2, Debuxo 2, Francés 1, Xeometría e Francés 2. 
No curso 1917-1918 consta matriculada no Instituto de Pontevedra nas materias de Xeografía Xeral de Europa, Latín 1, Xeografía especial de España e Latín 2 acadando unhas moi boas cualificacións. 
O derradeiro curso fíxoo no Instituto Xeral e Técnico de Ourense por libre, matriculándose en Historia de España, Preceptiva e Composición, Historia Universal, Álxebra e Trigonometría, Psicoloxía e Lóxica, Psicoloxía e Hixiene, Historia da Literatura, Física, Historia Natural, Agricultura e Técnicas, Química Xeral e Ximnasia.  
O 23 de agosto solicitou o Título de Bacherelato e o 22 de Setembro dese mesmo ano expide unha Certificación para a Universidade de Santiago. 
Cursou a carreira de Farmacia para poder rexentar a farmacia que era do seu home e que estaba situada en Vilagarcía de Arousa.
A fotografía amosa o lugar onde se situaba a Farmacia, na Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento, publicada pola Universiade de Vigo, versión CD.
Así mesmo: O faiado da memoria

07 diciembre 2018

NEILA GARCÍA SALGADO


Neila García naceu en Ourense en 1991 e é especialista en tradución. Estudou no colexio dos Salesianos da cidade ourensá, obtivo no seu ano a mellor nota de selectividade en Galicia. Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Salamanca realizou estadías Erasmus nas universidades de Goteborg e Heildeberg onde perfeccionou o seu coñecemento da lingua sueca.
Desde 2014 traballa como tradutora para as Nacións Unidas en Viena.
Obras traducidas:
·     Encontraste un alma, de Edith Södergran (2017)
·     La juventud de Martin Birck, de Hjalmar Söderberg (2014)
·     Imágenes de Suecia, de Lars Gustafsson e Agneta Blomqvist (2014)
Neste mes de novembro de 2018 acaba de recibir o Premio Nacional de Tradución pola súa traslacións ao español da poesía completa sueca de Edith Södergran

Vid: El País