Etiquetas

24 mayo 2018

JOSEFA GALLEGO GALLEGO

Dona Josefa naceu en Ourense en 1909, pero desde moi noviña emigrou cos seus pais a Cuba. Aos 18 anos traballaba como cociñeira. A continuación traballou na industria azucreira durante moitos anos e iso fixo que, aos 60 anos, se lle concedese a Medalla de Orden Nacional dos 50 anos traballando na industria azucreira. Foi unha muller enérxica e con ganas de seguir traballando a pesares da súa avanzada idade. Viviu a emigración como tantas outras mulleres ourensás pero foron mulleres que non perderon o seu acento.
Vid: España Republicana : portavoz del movimiento antifranquista: Año XXXI Número 688 - 1969 octubre 15

02 mayo 2018

PATRICIA VICO

Patricia nace en Madrid en 1972 pero ten raíces ourensás da terra de Ribadavia, polo que é meritorio mencionala no noso blog.
Abandona a carreira de Publicidade para dedicarse ao mundo da interpretación. Así, comeza os seus estudos de interpretación na famosa escola de Cristina Rota. A súa carreira profesional comeza en 1992 no espazo La Noche de Hermida.
Logo de participar en varias películas e series con pequenos papeis, converteríase nun rostro habitual da pequena pantalla por mor de converterse nunha das protagonistas fixas da serie La casa de los líos.
Logo desta serie viría o serial Esencia de poder, a serie Paraíso. Posteriormente rodou películas como Pacto de Brujas de Javier Elorrieta ou El asombroso mundo de Borjamari. Pero o papel que a devolvería á actualidade é o que interpreta en Hospital Central. Gañou o premio Mostra lambda xunto coa súa compañeira de repartición, Fátima Baeza (Esther García Ruiz, na serie), pola súa gran interpretación e traballo na magnífica serie Hospital Central.
A súa parella é o director de cine Daniel Calparsoro. Gañou dúas veces o Premio Shangay pola súa interpretación de Maca en Hospital Central.

Na actualidade segue a traballar en interesantes series de TV.
Vid: Wikipedia