Etiquetas

08 abril 2018

REGINA GONZÁLEZ RAMÍREZ

Dona Regina nace en Ourense e destaca no mundo das artes. Ela cultivou o debuxo, a pintura e a música, pero a súa afición predilecta era a pintura. No eido da pintura cultivou unha faceta moi interesante como é a heráldica, algo novidoso en Galicia pola década dos sesenta do século pasado. As exposicións sobre heráldica comezaban a ter interese por aquel entón en cidades como Madrid e Barcelona.
Dona Regina empregaba como fonte de información para as súas obras o Arquivo Nacional, a Biblioteca Provincial e o Dicionario Carraffa.
Realizaba as obras empregando tinta china de diversas cores e mesturábaas con esmaltes  e púrpura branca ou dourada.
Vid: La Noche : único diario de la tarde en Galicia: Año XLI Número 12314 - 1961 marzo 3. Hemeroteca Galiciana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario