Etiquetas

28 diciembre 2018

MAREM LADSON BUGALLO


Marem Ladsom naceu en Ourense en 1997. A súa nai é xornalista galega, de Ourense, e o seu pai e o ex xogador de Nova York, Willy Ladsom. Compuxo a súa primeira canción sendo só unha moza; conquistou ao público e a crítica coa súa primeira canción "All my Storms" e aos 21 combina os seus estudos de Relacións Internacionais en Madrid coa súa imparable carreira musical.
As cancións son compostas por ela cun estilo íntimo e trata temas sobre o amor, as relacións persoais, a familia...A sonoridade é admirable destacando os temas coa súa guitarra.


Vid: O Faro de Vigo

27 diciembre 2018

ESPERANZA TRIGO GÓMEZ

Esperanza naceu en Villajuán, Pontevedra, o 4 de marzo de 1896. Consta nos rexistros de matrícula do Instituto Xeral e Técnico de Ourense.
Realizou aos 15 anos o exame de ingreso o 2 de xuño de 1911 na Escola Normal de Pontevedra e matriculouse desde 1910 a 1915 na Normal desta cidade. Ali estudou Lingua castelá, Relixión, Nocións de Aritmética e Xeometría, Debuxo, Caligrafía, Aritmética, Relixión 2, Debuxo 2, Francés 1, Xeometría e Francés 2. 
No curso 1917-1918 consta matriculada no Instituto de Pontevedra nas materias de Xeografía Xeral de Europa, Latín 1, Xeografía especial de España e Latín 2 acadando unhas moi boas cualificacións. 
O derradeiro curso fíxoo no Instituto Xeral e Técnico de Ourense por libre, matriculándose en Historia de España, Preceptiva e Composición, Historia Universal, Álxebra e Trigonometría, Psicoloxía e Lóxica, Psicoloxía e Hixiene, Historia da Literatura, Física, Historia Natural, Agricultura e Técnicas, Química Xeral e Ximnasia.  
O 23 de agosto solicitou o Título de Bacherelato e o 22 de Setembro dese mesmo ano expide unha Certificación para a Universidade de Santiago. 
Cursou a carreira de Farmacia para poder rexentar a farmacia que era do seu home e que estaba situada en Vilagarcía de Arousa.
A fotografía amosa o lugar onde se situaba a Farmacia, na Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento, publicada pola Universiade de Vigo, versión CD.
Así mesmo: O faiado da memoria

07 diciembre 2018

NEILA GARCÍA SALGADO


Neila García naceu en Ourense en 1991 e é especialista en tradución. Estudou no colexio dos Salesianos da cidade ourensá, obtivo no seu ano a mellor nota de selectividade en Galicia. Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Salamanca realizou estadías Erasmus nas universidades de Goteborg e Heildeberg onde perfeccionou o seu coñecemento da lingua sueca.
Desde 2014 traballa como tradutora para as Nacións Unidas en Viena.
Obras traducidas:
·     Encontraste un alma, de Edith Södergran (2017)
·     La juventud de Martin Birck, de Hjalmar Söderberg (2014)
·     Imágenes de Suecia, de Lars Gustafsson e Agneta Blomqvist (2014)
Neste mes de novembro de 2018 acaba de recibir o Premio Nacional de Tradución pola súa traslacións ao español da poesía completa sueca de Edith Södergran

Vid: El País


27 noviembre 2018

EDUARDA FEIJOO DE MENDOZA

Eduarda Feijoo naceu en Ourense no ano 1840. Foi unha escritora galega en lingua castelá. Colaborou en Madrid en varios periódicos e revistas.

En 1881 recibiu unha axuda da Deputación Provincial de Ourense de 500 pesetas para escribir o estudo histórico Los reyes suevos de Galicia.

Escribiu novelas históricas e de ambiente galego. Destacamos os seguintes títulos:

·                    La conquista de Madrid 
·                    Doña Isabel de Castilla
·                    Doña Blanca de Lanuza
·                    El puente mayor de Valladolid (Ayuntamiento de Valladolid, 1872)
El Corsario Negro.
Las once mil vírgenes
El antifaz de terciopelo
La educación maternal
La víctima de su vanidad (novela costumbrista)
El Avia y el Miño (novela corta, editada en Lugo)

Faleceu en 1908 atropelada por un coche en Madrid.



(Fonte: El Globo, 10 de maio de 1908, p. 3).


13 noviembre 2018

CARMEN PENIN

Carmen Penín naceu en Ourense, concretamente no Couto Mixto entre Ourense e Portugal. É compositora musical e nos últimos anos está desenvolvendo un labor marabilloso en pro das mulleres esquecidas creando un musical titulado Herdeiras onde saca á luz a mulleres relevantes da nosa historia que viviron a guerra e estiveron represaliadas.
Carmen é licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago. Forma dúo con Mauricio Polsenilli creado en 2008 chamado 2naFronteira. Interpretan temas orixinais para voz e harmonio, música de autor, jazz e sefardi entre outras influencias de jazz, tradicional galega, lied, rock progresivo.
Levan publicados catro CD.

Vid: La Región
Música en galego

23 octubre 2018

PAQUITA RUMBAO

Paquita Rumbao naceu en Vilaboa de Allariz.

Despois dos seus primeiros estudos na escola de Vilaboa e Bacharelato en Allariz, sendo o seu mestre Ramón Bouza, ía examinarse a Ourense. Casada aos 22 anos, pronto se separa, non anulando o matrimonio até 1967, índose a Madrid para preparar oposicións a Facenda. Alí aloxouse no colexio das monxas salesianas.

Asdrúbal Ferreiro era director xeneral do Tesouro e moi influínte durante moitos anos, que non só axuda a Paquita senón a outros moitos ourensáns, alaricanos e da súa natal Xunqueira de Ambía. Este apoio de Asdrúbal aos seus paisanos imitarao despois Paquita toda a súa vida.

Os seus destinos son curtos, pois en dous anos está, sucesivamente, en Pontevedra, Ávila, Selecta e Madrid, onde vivirá coa súa nai, e relacionándose con importantes políticos, empresarios, etc. Como empresaria de produtos farmacéuticos manterá contactos con Exipto, Marrocos e Cuba.

A relevancia de Miguel R. Rumbao co ministro Girón e as súas universidades laborais, fará que Paquita se convertese nunha magnífica embaixadora de Ourense en Madrid. Foi directiva do Centro Galego e tamén presidenta do Centro Ourensán.

Da súa intensa actividade en Madrid regresaba frecuentemente a Ourense e o 14 de xaneiro de 1997 casa con Felito Colemán.

Gran amiga de Girón, Alonso Veiga, Fraga, Adolfo Suárez, antes de ser gobernador civil de Segovia.
A súa última homenaxe foi a condecoración que o Reino de Marrocos concedeulle o ano 2007 como axudante de varios embaixadores desde a independencia.

Muller de vida intensa que faleceu en decembro de 2016 case aos 100 anos.

07 octubre 2018

MIRIAM REYES

Naceu en Ourense no ano 1974 e é poetisa. Emigrou coa súa familia a Venezuela e estudou na Universidade Central de Venezuela. A súa obra aparece en diversos recuentos e antoloxías da poesía recente.
Foi finalista no XIX premio de Poesía Hiperión.

Obras:

Espejo Negro
Bella Durmiente
Desalojos
Yo, interior cuerpo. Trátase dun ensaio
Haz lo que te digo

Obras antolóxicas:

Feroces: muestra de las actitudes radicales, marginales y heterodoxas en la última poesía española 
Veinticinco poetas españoles jóvenes 
Inclusión en el cuaderno Por dónde camina la poesía española

Vid: Wikipedia



23 septiembre 2018

FEN MUGÜERZA

Fen nace en Ourense no ano 1962. Destacámola aquí por ser unha grande escultora e ceramista. Estudou Deseño do Moble na Escola de Arte y Superior "Antonio Faílde" e realizou diversos cursos de debuxo e modelaxe pero destaca que é autodidacta o que a fai  libre de estilismos e regras preestablecidas.
A principal temática de Fen é a muller e divide a súa obra en:
-Series Almas
-Personaxes.
-Bustos
-Espidos de muller
-Temas varios
-Relevos

A característica principal da súa obra é o esquematismo, as liñas curvas, o movemento, os ocos.....son figuras estilizadas pero próximas ao espectador xa que van máis alá da materia e sentimos o que queren dicir. En tonalidades grises, brancas, negras...En definitiva, crea un mundo moi bonito, de figuras soas, de grupos de figuras...

Ten realizado varias exposicións.

Vid: Fen Mugüerza

15 septiembre 2018

IRIA PINHEIRO

Iria Pinheiro é unha muller polifacética pois, aínda que a súa principal actividade é a de ser atriz, tamén destaca noutras actividades como o baile, dobraxe, guionista, musica...
Destacou no seu papel de Concha Cocos no espectáculo cabaret Poeticlub que aborda en clave de humor a incidencia da economía na vida das persoas.
Pero ademais de todas as facetas que esta artista cultiva tamén se destacaría a de reivindicativa e forte na defensa da muller e en denuncia das agresións que sufre.
Vid:
https://www.lanuevacronica.com/iria-pinheiro-invita-a-la-gran-evasion

https://www.publico.es/sociedad/violencia-obstetrica-parto-iria-pinheiro.html


24 julio 2018

EVA FERNÁNDEZ MORÁN


Eva Fernández é filla de pai ourensán e nai canaria. Aos oito anos veuse para Ourense e residiu en Xeixalbo. Viaxiera desde moi nova por ter formado parte do Grupo Castro Floxo, unha escola e unha experiencia de vida para Eva.
Eva titulouse en Enxeñería Técnica Agrícola e cunha beca marchou a Coímbra onde contactou coa enxeñería do medio ambiente. Posteriormente fixo os estudos de Grao en Ciencias Ambientais en Salamanca.
Coa beca Erasmus foise a Berlín. Ao finalizar realizou un máster en Ciencias Ambientais en Glasgow. Natural Power apareceu na súa vida e desde entón realiza un traballo que lle encanta dentro do sector das enerxías renovables.


14 julio 2018

LUCÍA SUN


Naceu en Valencia pero criouse en Ourense, onde segue vivindo a súa familia É unha das grandes promesas da fotografía española e unha das que mellor retrata a intimidade feminina. Actualmente, expón "E todo comigo",  na que a través de fotografías e poemas relata o seu primeiro romance para falar de amor entre mozas. E, en breve, abrirá outra. Leva dous anos dedicándose á fotografía da moda.
A cidade que a viu crecer deulle "a base de todo", especialmente a Universidade Laboral, onde foi a estudar o Bacharelato de Artes, deixando atrás a súa etapa en Maristas. "Tiña moi claro ao que me quería dedicar", explica. E por iso foise a Madrid a estudar Comunicación Audiovisual con 18 anos.
Pero o que aprendeu na Laboral foi o mellor. Na carreira "tiña pouca práctica", pero que os seus coñecementos de fotografía "adquirinos todos na Laboral". E non só iso, senón que o ambiente dos compañeiros marcarana para sempre:  "A miña etapa na Laboral fíxome crecer como persoa".

Esta fotógrafa do mundo da moda está a tentar visibilizar o colectivo lésbico nese sector. E foi pregoeira no Orgullo de Madrid.


Vid: La Región

08 junio 2018

LUÍSA BUCETA ÁLVAREZ

Dona Luísa naceu en 1901. Non naceu en Ourense pero veu á nosa cidade pois o seu pai, Luís Buceta Meza era avogado e alto funcionario do Ministerio de Industria e Comercio, veu exercer na nosa cidade. Matriculouse no Instituto de Ourense no ano 1923 onde cursou dous anos para logo trasladarse ao Instituto de Pontevedra onde remtou os estudos e realizou estudos de Maxisterio. Exerceu en Ponteareas e en varias escolas de Pontevedra. Casou con Aquilino Álvarez Novás o 20 de setembro de 1934.

Vid: Cid Galante, Rosa María. Tese de Doutoramento e publicacións varias;Vida gallega , 20 de setembro de 1934.

01 junio 2018

MARÍA FE BOBILLO ENRÍQUEZ

María Fé Bobillo naceu en Ganade (Xinzo de Limia) o 22 de xaneiro de 1911. Os seus pais eran comerciantes. Aos 11 anos fixo a inscrición no Instituto Xeral e Técnico de Ourense. Realizou os estudos de forma libre e posteriormente realizou estudos na Escola Normal de Mestras de Ourense. Titulouse e aprobou en 1934 as oposicións de Grao Profesional de Maxisterio.

Exerceu durante algún tempo nunha escola de Teruel pero logo voltou a Ourense e traballou na escola de Lobaces en Trasmiras; Rairiz de Veiga; Feás (Calvos de Randín).

Vid: Cid Galante, Rosa. Tese de Doutoramento; El Pueblo gallego 1934 octubre 5

24 mayo 2018

JOSEFA GALLEGO GALLEGO

Dona Josefa naceu en Ourense en 1909, pero desde moi noviña emigrou cos seus pais a Cuba. Aos 18 anos traballaba como cociñeira. A continuación traballou na industria azucreira durante moitos anos e iso fixo que, aos 60 anos, se lle concedese a Medalla de Orden Nacional dos 50 anos traballando na industria azucreira. Foi unha muller enérxica e con ganas de seguir traballando a pesares da súa avanzada idade. Viviu a emigración como tantas outras mulleres ourensás pero foron mulleres que non perderon o seu acento.
Vid: España Republicana : portavoz del movimiento antifranquista: Año XXXI Número 688 - 1969 octubre 15

02 mayo 2018

PATRICIA VICO

Patricia nace en Madrid en 1972 pero ten raíces ourensás da terra de Ribadavia, polo que é meritorio mencionala no noso blog.
Abandona a carreira de Publicidade para dedicarse ao mundo da interpretación. Así, comeza os seus estudos de interpretación na famosa escola de Cristina Rota. A súa carreira profesional comeza en 1992 no espazo La Noche de Hermida.
Logo de participar en varias películas e series con pequenos papeis, converteríase nun rostro habitual da pequena pantalla por mor de converterse nunha das protagonistas fixas da serie La casa de los líos.
Logo desta serie viría o serial Esencia de poder, a serie Paraíso. Posteriormente rodou películas como Pacto de Brujas de Javier Elorrieta ou El asombroso mundo de Borjamari. Pero o papel que a devolvería á actualidade é o que interpreta en Hospital Central. Gañou o premio Mostra lambda xunto coa súa compañeira de repartición, Fátima Baeza (Esther García Ruiz, na serie), pola súa gran interpretación e traballo na magnífica serie Hospital Central.
A súa parella é o director de cine Daniel Calparsoro. Gañou dúas veces o Premio Shangay pola súa interpretación de Maca en Hospital Central.

Na actualidade segue a traballar en interesantes series de TV.
Vid: Wikipedia

06 abril 2018

EVA FERNÁNDEZ

Eva Fernández naceu en Ourense en 1973 e é unha das actrices máis destacadas de Galicia e cunha interesante proxección nas series españolas e no cine español. Comezou a súa traxectoria interpretativa na serie de Pratos Combinados e de aí ao cine nas películas "Después de la tormenta"; "A lingua das bolboretas"; "Lena" e "Ilegal". Para televisión interveu nas series "El super", "Mareas Vivas"; "As leis de Celavella"; "Padre Casares"; "Luci" e "Fariña".
Recibiu os premios de Mellor actriz revelación pola interpretación na película "Después de la tormenta" e tamén recibiu o Premio de mellor interpretación feminina protagonista pola serie "As leis de Celavella".
Como muller polifacética que é tamén está facendo as súas incursións no deseño de moda co nome LaMagall.
Vid: La Región
La Voz de Galicia
Galipedia

30 marzo 2018

CARMEN ROMERO RAMOS

Carmen naceu en Albarellos o 22 de xuño de 1911. Aos 13 anos, no ano 1924, ingresou no Instituto Xeral e Técnico de Ourense para realizar os estudos de Maxisterio. Matricúlase por libre e obtén o título de Maxisterio cunha boa cualificación. Superará as probas para acceder á praza de mestra en 1934 e comeza a exercer en diversas escolas da provincia. Muller de convicións tradicionais afiliouse á Sección Feminina de Ourense.
Faleceu en Ourense en 2001.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Tese de Doutoramento; El Pueblo gallego, 2 de outubro de 1934.

25 marzo 2018

PURIFICACIÓN ROMERO TEJADA

Purificación nace en Ourense o 28 de marzo de 1911. No ano 1927, cando tiña 16 anos,  inscríbese no Instituto Xeral e Técnico de Ourense para realizar os estudos de Maxisterio para titularse. Posteriormente exerceu a súa profesión como interina e substituta  en varias escolas . En 1934 estaba en Muíños e en 1940 foille solicitada pola Xunta Provincial de Primeira Ensinanza unha documentación que avalase a súa boa conduta e ter feito o Servizo Social para seguir permanecendo nas listas e poder adxudicárselle unha praza xa que, segundo informou a Xunta, moitos interinos ían ser desprazados das súas escolas por mor de ter que adxudicar as súa prazas a mestres e mestras en propiedade que foron sancionados pola Comisión Depuradora. Deste xeito, Purificación presentou a documentación e continuou exercendo e en 1944  estaba na escola de Rairiz de Veiga, en 1960 foi para a de Boborás 

(Elaboración propia)

ALICIA ROMERO GALLEGO

Naceu en Albarellos o 23 de xaneiro de 1910. O seu pai era propietario de terras. En 1924, cando tiña 14 anos ingresa no Instituto Xeral e Técnico de Ourense e alí estudaría por libre desde o curso 1923 ata 1927. 
No ano 1927 expide o título de Bacharelato e tamén solicita o Certificado de traslado á Universidade de Santiago. Matricúlase na Facultade de Ciencias de Santiago pero só realiza un curso o que fai pensar que finalmente desistiu continuar. Algo que non era raro pois moitas mulleres tiñan que loitar contra as opinións públicas do momento e acababan rendéndose ás imposicións sociais. Non obstante, non debemos deixar de ensalzar o seu interese e valentía, como neste caso. Así pois, consideremos a dona Alicia tamén pioneira ourensá.

Vid: Cid Galante, Rosa. Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento, Universidade de Vigo, 2006; El Ideal gallego, 9 de novembro de 1927.


15 marzo 2018

MARUJA GONZÁLEZ


Maruja González naceu en Ourense.


Foi unha afamada cantante lírica que tivo brillantes actuacións nos anos 1930, participando en importantes eventos en directo cun repertorio amplo de pezas operísticas.





Vid: El Correo gallego , 20 de xullo de 1934; La Nación, 10 de febreiro de 1933, p. 9; Ahora, 5 febreiro de 1933, p. 41; El Heraldo de Madrid. 31 de xaneiro de 1933, p. 5.

14 marzo 2018

CARMEN SEOANE MORENO

Carmen Seoane Moreno naceu en Ourense. Era unha cantante recoñecida nos anos 30 que cantaba en directo na radio, concretamente tivo unha actuación brillante en directo na Unión Radio.

Era filla do Comandante de Infantería Don Joaquín Seoane. Desde moi nova amosou unhas claras dotes para o canto.

A súa carreira foi rapidísima. En 1928 presentouse cantando "Alsaciana" nunha función benéfica. 

Inmediatamente foi integrante da Coral Polifónica de Ourense. Foi logo a Madrid e recibiu leccións do prestixioso profesor Simonetti.

En 1930 foi invitada a dar un recitar en Unión Radio onde foi moi ovacionada.

Describíana na época como moi estudosa, plena de facultades e unha grande artista.

Vid: Ondas (Madrid). 14 de xuño de 1930, página 13.
Vida Gallega, 20 de xuño de 1932,



Foto: Vida Gallega, 20 de Xullo de 1932. Foto Sehreek

13 marzo 2018

MANUELA GONZÁLEZ

Manuela era do pobo de Oseira. Ela xunto con outros veciños foron vítimas oprimidas en abril de 1909 por participar nunha manifestación en contra da decisión do bispo de Ourense de trasladar o baldaquino de Oseira. Manuela ía ao fronte da manifestación en contra da desmantelación do conxunto do altar maior e foi tiroteada, falecendo no momento. Manuela estaba embarazada de varios meses.
No mesmo acto faleceu María Paz Fernández de tan só 14 anos.
Isto mostra como as mulleres foron protagonistas na historia e sen arredrarse defenderon o que consideraban xusto.
A prensa do momento recolleu este feito tan luctuoso.







   PDF by rcidgalante4921 on Scribd




Vid: El Año político. 1909, página 181.
España y América (Madrid). 1/4–30/6/1909, página 283.
El Heraldo de Madrid. 28/4/1909, página 3.

Interesante é o libro recentemente publicado de: 
Ermida, Xosé Ramón et al.: Rebeldía Galega contra a inxustiza, Sermos Galicia, 2018

10 marzo 2018

MYRIAM DE LAS MERCEDES CORTÉS DIÉGUEZ

Naceu en Ourense en 1964 e é Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Licenciada en Dereito Canónico pola Universidade Pontificia de Salamanca. En 1998 Doutorouse en Dereito Canónico e no 2008 gañou o Concurso á Cátedra de Dereito Eclesiástico do Estado en Salamanca. Desde setembro de 2015 é Rectora da Universidade Pontificia de Salamanca sendo a primeira muller rectora desta Institución. Escribiu decenas de artigos e outros textos científicos especializados no Dereito Canónico e no Dereito Eclesiástico do Estado, sendo autora dos comentarios a diversas partes do Código de Dereito Canónico e do Código de Canons das Igrexas Orientais nas edicións da BAC. Actualmente imparte clase nas Facultades de Dereito Canónico e Teoloxía da UPSA.
Interesante destacala por ser a primeira muller rectora desta Universidade sendo ademais laica.

Vid: http://www.vidanuevadigital.com/2015/09/01/myriam-cortes-primera-rectora-de-la-universidad-pontificia-de-salamanca/

26 febrero 2018

RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS

Facemos unha nova entrada no blog mencionando a Dona Rita Fernández Queimadelos. Naceu na Cañiza o 12 de abril de 1911 pero estivo moi ligada á cidade de Ourense pois os seus pais, Domingo Fernández e Modesta Queimadelos, eran os comerciantes donos da Mercería La Modernista que estaba situada entre as rúas Calvo Sotelo e San Miguel. 

As súa infancia e adolescencia pásaa na cidade de Ourense. Fixo o exame de ingreso ao Instituto o 4 de xuño de 1922. Cursou os seis anos do bacharelato desde 1922 a 1928 todos pola opción oficial e obtivo unhas cualificacións notables e de sobresaliente nas materias de Xeografía xeral de Europa, Nocións de Aritmética e Xeometría, Xeografía especial de España, Aritmética, Alxebra e Trigonometría e debuxo no que ademais obtivo Premio. O 32 de agosto de 1928 solicita certificación académica para trasladarse á Universidade de Santiago (1)

Cando ten 17 anos marca a Santiago de Compostela coa súa avoa materna onde estuda Ciencias Químicas e Ciencias Exactas e tamén na materia de Debuxo  na Escola de Artes e Oficios. Aquí sería onde lle xorde a ela a vocación de arquitecta. Grazas ao apoio das avoas pode estudar Arquitectura en Madrid. 

Ao finalizar os estudos entra a traballar no Organismo DXRD. Ao casar e ter fillos abandona por uns anos a súa profesión. Trasládase a Murcia pois ao seu home trasladárono alí e ela vai a exercer de forma libre a súa profesión cos cargos de Arquitecto Escolar Provincial da Rexión de Murcia e Arquitecto municipal de Mula. Logo vai a Barcelona polo novo destino que vai tendo o seu home e alí, Rita, deixa a práctica profesional. Falece en 2008 á idade de 97 anos.
(1)Segundo datos do expediente académico consultado no AIOP)

MONTSERRAT VILLAR GONZÁLEZ

Naceu en Cortegada de Baños, Ourense, en 1969. Estudou en Salamanca Filoloxía Hispánica e Portuguesa. Reside en Salamanca. Deseña material didáctico e tamén escribe libros de poesía. 

O seu primeiro libro publicouse en 2010 e titulábase Tríptico de Mármol prologado por Luís Eduardo Aute.

10 febrero 2018

NOELIA RODRÍGUEZ




Nacida en Lisboa no seo dunha familia galega. Retorna a Galicia con tres anos, e pasa a súa infancia na aldea de Vilaméa (Lobios), no val do Riocaldo. Este tempo alimentará a súa linguaxe cunha variante do galego propia da Baixa Limia. Este feito marcará a súa escrita. Sendo estudante en Ourense, comezou a compoñer os seus primeiros escritos, ao tempo que formou parte da creación do Clube Literario Estudantil. Cursou estudos universitarios de Dirección de Empresas e Filoloxía Galega en Santiago, onde continua escribindo e participando do ambiente artístico e literario da capital galega. Neste tempo participa en recitais poéticos e intégrase no Comité Teatro, colaborando de actriz e de co-autora de textos ó longo de tres anos. Colabora con distintos medios tanto con achegas poéticas como con relatos breves. Actualmente reside en Santiago de Compostela.

Vid: Wikipedia

02 febrero 2018

FEFA VILA


Fefa Vila Núñez (naceu en Laza, 1968) é unha socióloga e escritora española.

Licenciouse en Ciencias políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente completou a súa formación na Universidade de Utrecht, na Universidade de Mánchester e na Universidade de Santa Cruz, en California.

É profesora de Socioloxía na Universidade Complutense e traballou en proxectos de investigación para a Fundación FOREM, que depende do sindicato Comisións Obreiras.

Ademais, foi impulsora do colectivo lésbico LSD, no que seguiu unha traxectoria artística e de reivindicaciónlésbica. O colectivo funcionou en Madrid na década de 1990, de 1993 a 1998. Tamén colaborou co grupo de traballo queer GtQ-Mad na publicación do libro O eixo do mal é heterosexual: ficcións e discursos feministas e queer, que coeditou.

Escribiu: El eje del mal es heterosexual: ficciones y discursos feministas y queer. Ed Traficantes de Sueños. Madrid, 2005.

Vid: Wikipedia

26 enero 2018

IRENE FERNÁNDEZ NÚÑEZ

Irene Fernández Núñez naceu en Boborás ou 14 de abril de 1956.
Residiu na súa infancia en Bilbao, aínda que actualmente vive e traballa en Madrid, onde se consagrou como unha das máis coñecidas representantes do xénero xornalístico.
Licenciada en xornalismo, comezou a súa actividade na Cadea SER.
Máis tarde, traballou durante uns anos en La Voz de Galicia, sendo entre 1988 e 1989 Xefe de Prensa da Delegada do Goberno en Madrid, entón Ana Titor.
Finalmente, tras varios medios de comunicación máis, probou sorte en Telemadrid, onde actualmente volveu de reporteira ao programa Madrid Directo.
Os seus primeiros contactos coa televisión, medio de comunicación a través do cal alcanzou certa popularidade, dar en Madrid Directo, do que fose reporteira na súa primeira etapa. Tamén reporteira en Sucedeu en Madridy Territorio Comanche.
En gran medida, a súa popularidade débese á súa orixinal aparencia e as súas innovadoras reportaxes a pé de rúa.
Irene cultiva o recoñecemento dunha audiencia fiel a este tipo de programas e foi galardoada con varios premios polo seu gran labor xornalístico.
O 1 de xullo de 1998 recibe de mans da Raíña de España o Premio Dona Sofía polas súas máis de 150 reportaxes de prisións españolas e o seu compaxinado traballo en Madrid Directo.
Premio Ponte Colgante de Narrativa, na modalidade de Contos.
No 2011 celébrase a 44ª edición dos premios a Real Enxebre Orde da Vieira, onde foi distinguida na modalidade de Comunicación, galardón que recibiron no seu día personaxes como Ónega, Luís Mariñas ou Borobo.

Son ou foron confrades da dita orde tamén Manuel Fraga, Marcelino Orella, Camilo José Cela, Torrente Ballester, Raúl Alfonsín, Mario Conde, Jose María Castelán, Elena Quiroga, Núñez Feijoo, Conde Pumpido,Rodríguez Bereijo, Maria Emilia Casas e Carlos Núñez, entre outros


Vid: Wikipedia

23 enero 2018

REBECA MONTERO



Rebeca Montero Martínez, nada en Ourense ou 10 de abril de 1967, é unha actriz galega de teatro e televisión, malia que fixo pequenas incursións non mundo do cinema.
Comezou non teatro aficcionado non ano 1985 coa obra Ollo ao piollo King Kong do grupo Caritel. Posteriormente trasladouse a Madrid onde cursou estudos na Real Academia de Arte Dramática. Colaborou nalgúns episodios dá primeira tempada de Mareas vivas, así coma, de forma máis continuada, n' A vida por diante (non papel de Lourdes) e en Matalobos (como Lola).
En cinema destaca a súa participación en películas coma Branca Madison, Ipso facto ou León e Esquecemento.
Ou 25 de marzo de 2009 recibiu ou premio María Casares á actriz secundaria pola obra A boa persoa de Shezuan. Premio que recibiría non 2010 polo seu papel na obra Ou segredo dúas Hoffman.

Vid: Wikipedia


21 enero 2018

MARINA BAURA


Marina Baura (Santa María de Vilameá de Ramirás, Ramirás, provincia de Ourense, Galicia, 1 de novembro de 1941) o seu nome era Julia Pérez. É unha actriz venezolana que se dedicou ao xénero das telenovelas.
Tendo 15 anos de idade a súa familia mudouse a Venezuela. Comezou a súa carreira artística a principio dos anos 60 como modelo e estudou arte dramática con Paul Antillano.
O seu primeiro traballo como actriz foi na serie Casos e cousas de casa, máis adiante traballou no programa A quinta de Simón. O seu primeiro papel destacado foi na telenovela Nais solteiras (1965) e o seu primeiro protagonista en Lucecita (1967), ambas as producidas pola cadea Venevisión.
Logo pasou a traballar para a cadea RCTV, onde protagonizou durante os anos 70 e principio dos 80 diversas telenovelas como Cristina (1970), A usurpadora (1971), A Indomable (1974), Dona Bárbara (1975), Chao, Cristina (1983), entre outras.
Mariña retirouse da actuación no ano 1983 cando rescindiu o seu contrato con RCTV. Posteriormente regresa en 1990 coa telenovela Emperatriz, escrita polo dramaturgo José Ignacio Cabrujas e realizada pola produtora independente Marte Televisión.
No ano 2003 traballou na exitosa telenovela Cosita rica pola cadea Venevisión.
Tras unha década retirada da televisión, regresa á pantalla venezolana da man do escritor Martín Hahn nunha miniserie de terror, misterio e suspenso de 13 episodios producida por IMAGE Producións para o 2016.


Vid: Wikipedia

18 enero 2018

LETICIA IGLESIAS



Naceu en O Carballiño. É periodista e presentadora. Iniciou os seus estudos de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela onde anos despois obtivo a súa licenciatura. Así mesmo cursou un Máster en Xornalismo Audiovisual e especializouse en Economía e Finanzas polo Instituto de Empresa. En canto á súa carreira profesional, Igrexas comezou a súa andaina en Televisión Española e Radio Galega tras obter o seu título de grao; aínda que tamén pasou polas canles de televisión Expansión TV como correspondente da Bolsa de Madrid e pouco despois, en 2004 comezou en CNN+ para a sección de economía. Nesta emisora compaxinou o seu traballo de redacción coa presentación de Globoeconomía.1 Un ano máis tarde, en 2005, incorporouse á edición dos informativos de CNN+ e seis anos despois, en xuño de 2011, foi contratada polo grupo de comunicación Mediaset España para presentar o informativo matinal de Telecinco. O 21 de novembro de 2014, Igrexas deixa Mediaset España, presentando o seu último informativo matinal en Telecinco, tras ser nomeada Directora de Comunicación de Coca-Cola. Recentemente, volveu a incorporarse a Telecinco.

Vid: Wikipedia