Etiquetas

14 diciembre 2017

CELSA PÉREZ MOREIRAS

Celsa Pérez Moreiras naceu en León o 25 de decembro de 1912 pero ten ascendencia ourensá pois era filla de Arturo Pérez natural do Ferrol e de Celsa Moreiras, natural de Canedo (Ourense). 

Ingresou na Universidade de Santiago en 1928, licenciándose en Farmacia no ano 1932. Continuou os estudos en Madrid en 1935, logo traballa no Instituto de Patoloxía Médica do Hospital Xeral de Madrid, dirixido por Marañón, publicando xunto a este destacado endocrinólogo dous traballos sobre vitaminas e metabolismo muscular. 

Foi profesora da Facultade de Farmacia da USC, onde xa aparecía no cadro docente en 1933 como Axudante de Clases Prácticas da materia de Técnica Física. Aparece nunha publicación xunto ao catedrático de Farmacia Aniceto Charro, e tamén xunto a el colaborou no Instituto de Estudos Rexionais, no Laboratorio de Bromatología do Seminario de Estudos Galegos. Falece en Madrid en xullo de 2010.

Vid:Liste López, Socorro e Pintos Barral, Xoana, "Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago"