Etiquetas

09 julio 2017

ANTELES TOVAR MORAIS

Ángeles Tovar naceu no 1914 en Ourense e  ingresou no Instituto Provincial no ano 1926 á idade de 12 anos. Estivo matriculada en cinco cursos realizando os estudos por libre e oficial, concretamente dous por libre e tres por oficial. Obtivo o título cunha cualificación notable e solicitou o ingreso na Escola Normal de Mestras de Ourense. Era irmá de Dona Amalia Tovar Morais que tamén cursou estudos no Instituto Provincial.
Dona Ángeles foi candidata polo Partido Comunista ás eleccións ao Congreso no ano 1979.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930).