Etiquetas

24 diciembre 2017

MANUELA SOTO

Naceu en Hannover, xunto co seu tres irmáns, onde os seus pais emigraran. Ao seis anos a familia retornou a Barbantes a terra orixinaria do seu pai. Primeiro instaláronse 'un ano na casa da avoa e despois outros dous en Outeiro, antes de trasladarnos ao barrio da Carballeira, onde os meus pais compraron un piso'. Os pais montaron un taller téxtil en Mariñamansa.

Fixo o preparatorio con Ana María Deza, logo solfexo con Casasnovas. Despois foi alumna de Anxo Losada Nine, que foi un dos que influíron no seu destino profesional. Comezou violín con Néstor Martín Pardo.

Aínda que era pronto para cantar, o profesor Losada Nine meteuna nun cuarteto de música antiga, que logo se ampliou a dúas por corda co que chegaron a facer actuacións. Por entón xa tiña claro que se metería de cheo na música e pensaba en irse. Unha vez en Madrid centrouse na Música e terminou o tres disciplinas que comezara.

En 1986 coñeceu nos prestixiosos cursos de canto de Lleida ao profesor alemán Helmut Lips, un dos grandes na materia. Se en Ourense foi Losada Nine quen lle empuxou, agora foi Lips o que lle dixo que 'podía entrar na escola de Stuttgart, pero debía facelo rápido, pois tiña 22 anos, moitos para iniciar a formación de alto elite'. Con todo, aínda tardou dous anos máis ata acabar na Escola Superior de Canto de Madrid.

En Alemaña todo foille ben. Validou os estudos. Fixo pedagoxía musical. Con todo, a pedagoxía permitiuna dar clases por Europa adiante e tamén en España.

Ao longo da súa carreira estivo en contacto con profesores de enorme prestixio recibindo dos mesmos os seus consellos e ensinos, destacando entre outros Alfredo Kraus, M. do Pozo, W. Rieger, J. Hamari, Roger Vignoles...

Foi galardoada entre outros, no III Concurso Internacional de Canto Alfredo Kraus, no V Concurso Internacional de Canto Francisco Alonso e no concurso Internacional de Canto do ONCE.
Realizou diversas gravacións entre as que destaca Pierrot Lunaire para a Süddeutsche Rundfunk (SDR) en Stuttgart, Requiem de Mozart baixo a dirección de Laszlo Helatay, Che Deum de Kodaly, para o Nürtinger Konzertensemble e para a TVG.

Manuela Soto é profesora de canto na Hochschule für Musik de Stuttgart.

Está casada co tenor navarro Joaquín Asiaín.


Vid: El AragónLa Región

14 diciembre 2017

CELSA PÉREZ MOREIRAS

Celsa Pérez Moreiras naceu en León o 25 de decembro de 1912 pero ten ascendencia ourensá pois era filla de Arturo Pérez natural do Ferrol e de Celsa Moreiras, natural de Canedo (Ourense). 

Ingresou na Universidade de Santiago en 1928, licenciándose en Farmacia no ano 1932. Continuou os estudos en Madrid en 1935, logo traballa no Instituto de Patoloxía Médica do Hospital Xeral de Madrid, dirixido por Marañón, publicando xunto a este destacado endocrinólogo dous traballos sobre vitaminas e metabolismo muscular. 

Foi profesora da Facultade de Farmacia da USC, onde xa aparecía no cadro docente en 1933 como Axudante de Clases Prácticas da materia de Técnica Física. Aparece nunha publicación xunto ao catedrático de Farmacia Aniceto Charro, e tamén xunto a el colaborou no Instituto de Estudos Rexionais, no Laboratorio de Bromatología do Seminario de Estudos Galegos. Falece en Madrid en xullo de 2010.

Vid:Liste López, Socorro e Pintos Barral, Xoana, "Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago"

DOLORES LORENZO SALGADO

Dolores Lorenzo Salgado, filla de Manuel Lorenzo e Luísa Salgado, ambos os dous ourensáns, nace o 12 de novembro de 1905. Non se coñece con exactitude a data e o lugar de nacemento aínda que no Expediente académico aparece unha certificación na que consta nacer o día 10 de novembro en Lugo, polo que sería galega de nacemento. 

Realiza o exame de ingreso na Escola Normal de Mestras de Lugo en 1921 obtendo a cualificación de aprobado e cursa o bacharelato desde 1921 a 1925, examinándose de varias materias na Escola Normal de Lugo e outras no Instituto de Santiago. 

Estuda na Facultade de Ciencias de Santiago (sección Química) desde 1925 a 1930 cun expediente reseñable. Consta tamén realizar as materias de Debuxo Xeométrico de primeiro e segundo curso. Ademais simultanea os estudos de Química con Farmacia. O 6 de maio de 1931 realiza o exercicio de reválida (Grao de Licenciado), obtendo a cualificación de sobresaliente. O 14 de xullo de 1939, solicita traslado de expediente á Facultade de Farmacia de Madrid. Será unha do cinco primeiras mulleres galegas que publican na revista Anais da Sociedade Española de Física e Química.

Vid: Liste López, Socorro e Pintos Barral, Xoana, "Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago"

01 diciembre 2017

MARÍA BRANCO PRIETO


María Branco Prieto naceu en Trives e é catedrática da Facultade de Farmacia e Nutrición da Universidade de Navarra. María Branco Prieto estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e realizou a súa tese doutoral na Universidade de Paris-Sud mediante unha bolsa do Ministerio de Ensino Superior e Investigación francés. O tema da súa investigación, que recibiu o premio extraordinario "L'Académie Nationale de Pharmacie”, foi a formulación de micropartículas cun neuropéptido e a súa administración no cerebro de rata. Estas investigacións foron ampliadas durante tres anos no ETH (A Escola Politécnica Federal de Zúric, Suíza).

Recentemente foi nomeada académica da Real Academia de Farmacia de Francia -unha das entidades máis prestixiosas do mundo no seu ámbito- como recoñecemento ao carácter internacional do seu traballo. Así mesmo, foi nomeada académica da Real Academia de Farmacia de Galicia.

Na actualidade, María Branco mantén unha estreita colaboración con investigadores do país galo, onde é experta da Agence Nationale da Recherche (ANR) e do Institut Universitaire de France. Así mesmo, participa nun proxecto europeo xunto co seu director de tese, o profesor Patrick Couvreur, da Universidade París-Sud.

Na súa traxectoria, a catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica centrou a súa investigación na área da nanomedicina e sistemas de liberación controlada de fármacos, onde traballou no deseño e desenvolvemento de micro e nanopartículas de distintos tipos. Estes sistemas aplícanse no tratamento de cancro, enfermidades cardiovasculares e neurodegenerativas.

María Branco é autora ou co-autora de máis de 110 artigos en revistas científicas, 5 patentes, 16 capítulos en distintos libros especializados e máis de 150 comunicacións en congresos, moitas delas como relator invitado. É membro do comité editorial de varias revistas científicas, entre elas Cancer Letters. A súa investigación recibiu varios premios de entidades, tanto nacionais como internacionais.

Vid: Universidade de Navarra

30 noviembre 2017

MONTSE CALLEJA

Montse Calleja naceu en Ourense no ano 1973. É investigadora Científica no Consello Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Microelectrónica de Madrid. Presentou sete patentes e publicou numerosos artigos, dous dos cales na Revista Nature Nanotechnology. Ademais lidera o proxecto Nanoforcells, unha das máis prestixiosas Starting Grant concedida polo Consello de Europa de investigación. O obxectivo é estudar as propiedades mecánicas das células e a súa relación co cancro. É cofundadora da empresa Mecwins, pioneira na comercialización de biosensores nanomecánicos. Concedéuselle o premio Miguel Catalá en 2012.
Vid: Wikipedia
Las top100

14 noviembre 2017

CARMEN CID

Carmen Cid naceu en Ourense no ano 1976. É licenciada na actividade física e profesora. O deporte forma parte da súa vida, concretamente o Atletismo, na modalidade de carreira de obstáculos. De pequena xa era aficionada ao atletismo e ao baloncesto. Comezou en "espartanos ourensanos" e logo participou case sen entrenar  en Spartan Race de Madrid, de aí foi ao mundial OCR en Canadá e subiu ao podium coa medalla de bronce. Carmen continúa competindo e obtendo moitos éxitos internacionais.


Vid: La Región

09 noviembre 2017

PEPA NOIA

Josefina García Pérez naceu no Barrio Norte de Bos Aires o 6 de xullo de 1921, mais sería coñecida como Pepa Noia ou Pepa de Noia logo de casada. Seus pais, Aurora Pérez e Agustín García, eran emigrantes que chegaran Leiro na comarca do Ribeiro, para construír en Bos Aires unha familia, na que nacerían dúas fillas e catro fillos.

Co tempo, en 1941, casaría con Juan Carlos Noia. Na familia do home era coñecida como “la gallega” aínda que Pepa nunca veu a Ourense confesaba, iso si, o moito que lle gustaría viaxar a Galiza e coñecer Ourense, da que tanto se falaba na casa.

En 1942 nace a súa primeira filla, á que lle pon de nome Alicia; logo viría Daniel e, xa en 1946, María Lourdes aumentaría unha familia que continuaría medrando co nacemento de Margarita, a pequena da casa, que despois estaría á beira da nai na busca da súa irmá desaparecida.

A súa vida muda drasticamente o 13 de outubro de 1976 cando a súa filla María Lourdes é secuestrada canda o seu compañeiro. O compromiso social e político converteuna nunha das vítimas do proceso de exterminio da ditadura de Videla, que fixo das desaparicións un modo de operar que buscaba tamén paralizar unha sociedade convulsionada.

As forzas represivas entraron o 13 de outubro na casa de M.ª Lourdes e Enrique, que apareceu completamente desvalixada. Ao neno deixárono cunha veciña da parella. Tempo despois, Enrique foi liberado mais de Lourdes non chegou outra noticia que a súa retención na ESMA (Escuela de Mecánica de la Armada), que naquela altura funcionaba como un centro clandestino de detención, tortura e exterminio. Máis nada. M.ª Lourdes era unha das 30 000 persoas desaparecidas no xenocidio arxentino e Pepa converteríase nun dos símbolos da loita das nais por coñecer o paradoiro dos seus fillos e fillas e tamén das crianzas, moitas delas roubadas.

Desde o primeiro día de ausencia de Lourdes, Pepa Noia comezou unha busca que non remataría nunca. Na súa peregrinaxe, as nais íanse atopando, compartían as súas dores. Conversaron e decidiron que todos os xoves do ano farían a marcha. A idea era concentrarse na Praza de Maio mais foi a propia policía a que as obrigou a circular debido á prohibición de que se reunisen grupos en espazos públicos. As nais “circularon” baixo a orde da policía e, despois doutros percorridos, a marcha ficou establecida arredor da Pirámide de Maio. Pola súa banda, Pepa, desde aquela primeira rolda, afíxose a chegar sempre antes de tempo para falar coas persoas que se ían achegando.

Posteriormente, nunha xornada en que se dirixían a Luján en 1978, as nais incorporan o pano branco na cabeza ás súas mobilizacións para se identificaren e recoñeceren entre elas. A pesar de case catro décadas de loita, Pepa Noia non puido nunca saber o destino final de María Lourdes.

Pepa Noia recibiu nos seus últimos anos moitos recoñecementos, entre eles o de Cidadá Ilustre da Cidade de Bos Aires e arredor dela o investigador Enrique Arrosagaray escribiu o libro Josefina Pepa de Noia. Una Madre de primera hora, publicado en 2011. O día da súa morte, o 31 de agosto de 2015, festexábase na Arxentina a noticia da aparición da neta recuperada número 117. Até a fin dos seus días formou parte do movemento, mesmo despois da excisión, aliñada coas Nais de Praza de Maio Liña Fundadora.

Testemuña de Margarita Noia en Album de mulleres Cultura galega

25 octubre 2017

MARUXA VILLANUEVA

María Isaura Vázquez, de nome artístico Maruxa Villanueva, naceu en A Barrela, o pobo fronteirizo entre a provincia de Ourense e Lugo, o 6 de marzo de 1906. Dedicouse ao canto e á interpretación pero sobre todo destacou pola súa admiración a Rosalía de Castro e polo amor á terra.

Seu pai era comerciante e a súa nai era mestra e tiveron cinco fillos. A nai proporcionou a Maruxa unha educación refinada na que incluíu nocións de canto, de onde lle viría a Maruxa a súa vocación de cantante. As ensinanzas recibidas permitiron que aos catorce anos Maruxa fora exercer de mestra a unha escoliña con sete alumnos no pobo de Forraqueira, no concello de Nogueira de Ramuín e que se atopaba a uns vinte e cinco quilómetros de A Barrela. Maruxa era unha nena e botou en falta á nai, por iso permaneceu tan só un ano.

Cando tiña dezaseis anos viu como dous dos seus irmáns emigraron a Arxentina. A emigración ofrecía unha saída aos mozos dos pobos que non vían claro o seu porvir. Entón, cando Maruxa tiña vinte anos tamén sente a gana de marchar ás Américas. Embarca en 1926 coa intención de volver pasados dous anos, o tempo suficiente para gañar algo de cartos, pero logo queda prendada da Arxentina pois, como ela dicía, era: “a cidade galega máis grande do mundo”[1].

Comezou traballando de dependenta nunha tenda pero a ela gustáballe cantar e era habitual que Maruxa cantara aos amigos cando facían unha festa ou tiñan as súas reunións. Foi nun deses encontro cando Juan Gueresta se fixou nela e nas brillantes facultades da súa voz e invitouna a cantar no Centro Asturiano. A partir de entón, Maruxa acudiu ás radios a cantar e pouco a pouco comezou a ter un grande éxito. Se ata entón levaba o nome de Isaura, a súa irmá decidiu que cambiara o nome por Maruxa Villanueva. Comeza a ser contratada para actuar en diferentes escenarios e comezan a recoñecela como “a raíña do alalá”[2].

E da música ao teatro. Coñeceu a Luís Iglesias Sánchez, o Tacholas, que era un actor ourensán e a Manuel Daniel Varela Buxán, un recoñecido autor de pezas de teatro. Crean a compañía de Teatro Compañía Galega Aires da Terra. Representaron interesantes obras teatrais Pola nosa culpa; O brazo partido; Taberna sen dono escritas por Buxán. Pero como eran tempos difíciles para o teatro Buxán compaxinaba a súa faceta de autor dramático co de condutor de autobús en Bos Aires[3]. Maruxa e Manuel casaron e seguiron interpretando as obras que Buxán escribía e actuando ela como primeira actriz. Eran obras que trataban temas costumistas de Galicia e de bonita escenografía[4] para un público de emigrantes galegos que agradecían ese achegamento á terra. Logo Manuel Varela Buxán, o marido de Maruxa, cambiou o nome da compañía teatral pasando a denominarse Teatro Galego Maruxa Villanueva xa que ela desempeñara un papel primordial como actriz principal.




O matrimonio ía gañando uns cartos e cando en España estalou a guerra civil Maruxa enviaba gran parte do que gañaba para apoiar ao bando republicano. O matrimonio comezou a ter os seus problemas e, en 1946, Maruxa e Daniel deciden separarse un tempo.

Volveu a Galicia no ano 1949 coa idea de seguir cantando e ofrecendo obras de teatro pero non tivo sorte xa que naquela postguerra dura e gris a arte e cultura estaban esmorecidos e ademais non había un sentimento galego. Un representante da radio díxolle a Maruxa: “Si, señora, pero es que la música gallega aquí no gusta”[5]. Grazas á súa amizade con Otero Pedrayo puido cantar no Círculo das Artes de Lugo e de aí en outras cidades galegas (Santiago, Ourense, A Coruña...) e tamén actuou cunha pequena agrupación teatral chamada “Os Labregos”. Pero a actividade durou pouco pola censura franquista[6].
Maruxa regresou a Arxentina no ano 1958 e ese ano tamén se rompeu definitivamente o matrimonio. Pero en Arxentina tamén decaera a actividade cultural dos galegos. Nesta época Maruxa formou parte do trío vocal xunto con dúas das súas amigas cantantes chamado “Rosalía de Castro”. Pasados catro anos volve a Galicia e vive na Barrela e en Ribadavia pero depois trasládase a Santiago. Entra en contacto co Padroado Rosalía de Castro e propóñenlle facerse cargo da Casa Museo de Rosalía de Castro. Unha oferta tentadora para unha grande admiradora da poetisa que tantas veces cantara os seus poemas. En 1974 instálase definitivamente en Padrón, unha vila que a acollerá con grande agarimo. Así o recolleu a prensa:

“Regidora de la la Casa Museo Rosalía de Castros. Sus conocimientos, compenetración con el ambiente y dedicación total a la expansión de la cultura y costumbres de Galicia, hacen de ella la persona idónea para asesorar sobre tradición, vestuario, pureza del folclore, etc., de la región galaica”[7].

Fíxose unha experta na vida e obra de Rosalía e aproveitaba para participar nas romarías de Padrón para interpretar poemas cantados por ela ante un público que con admiración agardaba escoitar a voz de Maruxa : “La exquisita cantante que vive en amor a Rosalía que bien puidera estar acompañada en sus disquisiciones líricas por un pandero que repicaría en manos de otro devoto de la cantora como es Camilo Agrasar”[8] .

Será Maruxa unha embaixadora da poesía de Rosalía achegando a súa voz para melodiar os poemas da nosa ilustre escritora editando varios discos nos que deixa constancia da pureza e estilo de voz. Deste xeito facía chegar ao público as letras sentidas da poeta: “La obra de Rosalía “La hija del mar” a la que Maruxa Villanueva sabe dar con su voz una peculiar dulzura”[9]. Propiciou que a Televisión Galega fixera unha serie coa obra “La hija del Mar”.

Maruxa tivo numerosas distincións, todas merecidas polo seu sentir galego. Recibiu a Medalla Castelao; o premio María Casares de Teatro a título póstumo; homenaxeárona en Bos Aires, tamén no pobo onde naceu, A Barrela; foi nomeada en 1993 presidenta honoraria da Asociación polos Dereitos do Emigrante Galego de Bos Aires. Así mesmo, Padrón, que tanto apreciaban a Maruxa Villanueva creou un premio de Teatro que levou o seu nome.

Morreu o 24 de novembro de 1998 en Santiago de Compostela cando tiña 92 anos. Ela sempre cumpriu o que lle dixo a súa nai cando era pequena: ““¡Mira, filliña, a alma sempre limpa e transparente, e a fronte, sempre alta!”[10], e alta levouna con Galicia sempre presente.

Foi a encargada da casa museo de Padrón de Rosalía de Castro. Sen dúbida, unha das funcións das que se sentiría máis orgullosa. Ela que tanto cantou a Rosalía acabou vivindo nos mesmos espazos que a nosa ilustre poetisa. Respiraría os seus versos no escritorio mentres miraba pola ventá o seu xardín. Foi a que velou polos espazos envoltos da melancolía rosaliana.


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS.
Dourado Deira, Manuel, A Mestresa da Casa-Museo: unha Rosalía rediviva, A Coruña: Deputación Provincial, 2009.
Dourado Deira, Manuel, “En memoria de Maruxa Villanueva”, Encrucillada, 110, (1998): 510/70-511/71).
Pociña, Andrés. Conversas con Maruxa Villanueva na casa de Rosalía, La Coruña, Hércules de Ediciones, D.L, 1995


[1] Manuel Dourado Deira “En memoria de Maruxa Villanueva”, Encrucillada, 110, (1998:511/71)
[2] Idem.
[3] Idem; “Manuel Varela Buxán”, Anuario teatral : 1986
[4] “Conjunto de arte gallego” Galicia, 25 de novembro de 1944)
[5] Manuel Dourado Deira “En Memoria de Maruxa….”Op.cit., p. 511/71.
[6] Pilar Cagiao Vila, “Maruxa Villanueva”, http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=6 consultado o 21 de marzo de 2020.
[7] Jesús María Malvar y Mariño “María Villanueva”, El Pueblo gallego, 18 de febreiro de 1976.
[8] J Travieso Quelle, “Rúa de Villar. Santiaguiño do Monte” Hoja Oficial del Lunes, 30 de xuño de 1975.
[9] J Travieso Quelle “Rúa del Villar” Hoja Oficial del Lunes, 1 de marzo de 1976.
[10] Manuel Dourado Deira “En Memoria de Maruxa….”Op.cit., p. 511/71.

13 septiembre 2017

MARTA GONZÁLEZ FREIRE

Marta González naceu en Ourense en 1983 no seo dunha familia relacionada coa medicina, pais xinecólogo e nai enfermeira, e é obrigado destacala no noso blog pola súa interesantisima traxectoria. Traballa desde 2013 en Baltimore no Instituto Nacional de Envejecimiento, National Institute of Aging, NIA. Licenciada en Ciencias do Deporte e doutora en Fisioloxía do Exercicio, Marta González comezou a súa especialización académica e profesional no ámbito da xenética e a bioloxía celular, onde conta con máis de sete anos experiencia. Actualmente traballa baixo a dirección do prestixioso investigador Luigi Ferrucci no estudo dos cambios que experimenta o organismo conforme a persoa envellece, para a partir de aí determinar como se pode atrasar este envellecemento.
Ademais da súa ocupación como investigadora tamén é unha importante triatleta preparándose disciplinadamente (érguese ás catro e media da mañá para entrenar e ás oito vai a traballar) para participar nos eventos deportivos e conseguir a clasificación para o campionato do mundo.
Sinxelamente, un orgullo tela no noso blog.

Vid: La Región
La Voz de Galicia

09 septiembre 2017

LOURDES HERVELLA



Lourdes Hervella é unha escritora nacida en Verín e afincada en Cataluña. Destaca esta escritora por unha narración que atrapa ao lector cunha temática que ela califica de "apocalíptica". Leva implicada na novela, que vai ser unha triloxía, titulada "Proyecto Madre" ambientada nunha Barcelona invadida por zombis e onde se mergulla nas profundidades do ser humano para atopar o mellor e o peor del. Recentamente publicou a segunda parte titulada "La Humanidad Perdida" onde dá continuidade á historia.
É de mérito destacar a esta muller ourensá que se introduce con éxito no mundo literario nacional.
Vid: La Voz de Galicia

05 septiembre 2017

MARCELINA AHUJA

Nun interesante artigo de La Región fálase da Rúa Alba, rúa que uniu a Rúa do Progreso e Santo Domingo creada no ano 1867 e hoxe denominada Alejandro Outeiriño-Cardenal Quiroga. 

Segundo a reportaxe tratábase dunha rúa dinámica en canto a negocios varios e entre eles quería destacar un en especial polo tema que nos toca neste blog. Trátase dunha Academia de señoritas creada no ano 1877 por Marcelina Ahuja. É unha mágoa non ter máis documentación ao respecto para afondar na vida de Marcelina, non obstante, aínda que só se trate dunha reseña breve creo que merece a pena que figure no noso blog.

09 julio 2017

ANGELES TOVAR MORAIS

Ángeles Tovar naceu en Puente Mayor no 29 de outubro de 1914. Era filla de Enrique Tovar, funcionario do Estado.

Matriculouse no Instituto Xeral e Técnico de Ourense no ano 1926, tras realizar o exame de ingreso do 5 de xuño á idade de 12 anos. Estivo matriculada en cinco cursos, os tres curso de bacharelato elemental e dous cursos de bacharelato universitario realizando os estudos por libre e oficial, concretamente dous por libre e tres por oficial. Obtivo o título cunha cualificación notable expedido o 30 de setembro de 1928 e solicitou o ingreso na Escola Normal de Mestras de Ourense o 3 de agosto de 1932. Era irmá de Dona Amalia Tovar Morais que tamén cursou estudos no Instituto.

Estivo de mestra na escola de San Jorge de Touza e logo na de Vilar de Ordelles en Esgos. 

Estaba casada con Manuel Fernández Quintas, xerente da entidade Herederos de Severo Fernández. Casaron en maio de 1940 e tiveron tres fillos, Juan Manuel, Alfonsito e Ángeles Fernández Tovar (Cuca Tovar) que tamén está neste blog e foi unha destacada activista feminista e militante tamén do Partido Comunista, como tamén o fora a súa nai que foi candidata ao Congreso nas elección de 1979.

Esquela de Juan Manuel
(Fonte: El Pueblo Gallego, 22 de outubro de 1955)

O 1 de marzo de 1979 celebrábanse as eleccións a Cortes e o 3 de abril as municipais. Nos inicios de febreiro de 1979 o Partido Comunista convocou un acto no Ateneo para facer presentación dos seus candidatos. A campaña desenvolveuse en dúas fases e o PC non estaba a favor das eleccións xerais pois non consideraban oportuno o momento da convocatoria pero comprometeuse a dar o máximo esforzo nas dúas campañas (xerais e municipais) unificando a campaña pola proximidade das dúas datas.

O doutor Peña Rey, lider do PC en Ourense, fixo historia do labor desenvolvido polo Partido Comunista a pesar das grandes dificutlades que tivo en Galicia nas anteriores eleccións. Identificouse coa autonomía de Galicia e a loita contra o paro. Referiuse ao problema das coalicións e se opuxo a determinadas restricións impostas polas normas da convocatoria. Amosouse partidario da democratización dos Concellos e a creación inmediata de cartas municipais e resaltou a negativa do PSOE, polo cal o partido foi só, cun programa para ofrecer a todas as forzas democráticas dentro dos Concellos.

Entre os candidatos ao Concregos estaba unha muller e eran Jesús Redondo, Cuca Tovar ( Ánxeles Fernández Tovar, filla de Ángeles Tovar) , Carlos Blas Rodríguez, Xaime Rodríguez Mondejo, Xosé Arias Carballo..

Entre os candidatos ao Senado estaban José Liceras Miranda, María de los Ángeles Tovar Morais (nai de Cuca) e Antonio Rodríguez González.

Logo para as Municipais estaban as seguintes candidatas: Ángeles Tovar Morais; Mercedes Macía Viñas, Aurora Vázquez González e María Dolores Alonso Reverter.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Consulta hemeroteca vid: El Pueblo Gallego, 6 de febreiro de 1979, p. 16).



28 mayo 2017

PAZ GULÍAS NANTES

Coma sempre, para este blog, é unha honra incluír a mulleres tan relevantes como Dona Paz Gulías Nantes grazas á xenerosidade e permiso do seu fillo Néstor Martín Gulías, catedrático de Debuxo Técnico.

Acláranos don Néstor que a súa nai, Dona Paz Gulías Nantes, naceu en Marín (Pontevedra) pero, desde moi nova, veu vivir a Ourense e aquí casou con Néstor Martín Pardo, catedrático de violín do Conservatorio de Música de Ourense.
Dona Mª Paz Gulias Nantes foi unha pintora e escultora profesional consagrada, con máis de 100 exposicións individuais en España e no estranxeiro. Foi bolseira polo Ministerio de Educación no ano 1959 en Vigo (Pontevedra) e obtivo varios diplomas e premios entre eles:

  • O da Terceira Bienal de escultura de Artistas galegos en 1977 en Sarria (Lugo)
  • Premio de pintura no Liceo casino de Marín (Pontevedra) en 1980
  • Premio do foro cultural de Coyoacán en 1980 de México D. F.
 
Hoxe figuran as súas obras en centros oficiais e museos, por exemplo, no Palacio de Lidia o Retrato da Duquesa de Alba; no Palacio da Zarzuela, o Retrato de S. M. O Rei don Juan Carlos.

Dedicou toda a súa vida á arte da pintura, do debuxo e da escultura sen descanso, compatibilizando o desenvolvemento de toda a súa obra coa docencia no colexio Salesianos de Ourense e nos seus estudos particulares de Oviedo (1992-1994), e máis adiante nas salas de arte particulares de Vigo e Ourense (1995-2002). Mª Paz Gulias Nantes deixou máis de 5000 obras das que existen unhas 1000 catalogadas.
Desde 1959 ata 1996 levou a cabo numerosísimas exposicións e as súas obras están expostas por toda Galicia e no resto de España así como en coleccións particulares no estranxeiro.

Non cabe dúbida que estamos ante unha muller salientable no mundo das artes.Cun estilo pictórico achegado ao impresionismo, de temática variada e rica, de pincelada notable e grosa e de cores vivos e brilantes.Detrás de todo iso hai un gran dominio do debuxo e das técnicas pictóricas. Nas súas esculturas decántase maiormente pola figuración feminina con xestos graciosos e optimistas e onde a cor volve ter protagonismo.

Vid: http://mariapazgulias.blogspot.com.es/2008/10/pintura-al-leo-m-paz-gulias-nantes.html
http://mariapazguliasnantes.blogspot.com.es/

17 mayo 2017

MARÍA FERNÁNDEZ ACHE

María Fernández Ache, é dramaturga e actriz, nacida en Verín (Ourense) e residente en Londres.

María Fernández Ache, menos coñecida en España xa que a maior parte da súa carreira desenvolveuse en Inglaterra, é unha actriz, autora teatral e directora que cultivou varios premios internacionais .
Está casada co actor Will Keen, protagonista de Refuxiados.
Entre as obras dirixidas destaca A Traizón que é unha adaptación da obra homónima do Premio Nobel británico Harold Pinter onde profúndase nas consecuencias da mentira e a deslealdade.
Vid: Galicia Dixital


19 marzo 2017

DOLORES R.

Hoxe dedicamos esta entrada a Dolores R. unha historia conmovedora que é o reflexo da sangría da emigración ourensá. É unha historia que recolle magnificamente o noso amigo David Simón no seu magnífico Diario de un médico de guardia que é digno de consultar.
Conta David Simón como lle impactou a Luis Seoane a historia de Dolores e como quixo reflectila nun cadro.
Dolores R. era unha muller ourensá que nos anos sesenta viaxa a Xenebra para ver aos seus fillos. Ela nunca saíra da súa aldea e, polo tanto, os veciños colgáronlle un cartel co enderezo dos seus fillos. Foi no tren sen quitar nunca o cartel para que lle indicaran que tren debía coller cada vez e chegou a Xenebra e amosaba o seu cartel e non falaba. Non a deixaron pasar e os seus fillos non puideron facer nada. Así que, montárona no tren para voltase á súa aldea.
É un duro testimonio da emigración e da dor que causa nas familias a separación dos fillos cando se ven obrigados a marchar.
Supoño que moitas mulleres ourensás sentiron o mesmo e viviron parecidas historias. Para elas esta homenaxe ás nais, mulleres ourensás, que viron partidos os seus corazóns.

Diario de un médico de guardia
(Piquen no enlace, lean a marabillosa entrada de David Simón)

04 marzo 2017

CARMEN LORENZO SALGADO

Muller que deixou unha importante impronta na nosa cidade. 
Seu pai era Manuel Lorenzo Gil, Inspector de Primeira Ensinanza destinado en Lugo pero previamente estivera destinado en Palencia, Viscaia e Lérida. Carmen cursou estudos de bacharelato no Instituto de Lugo onde obtivo o título en 1929. Casou en 1930 con Emilio Boquete Pazos pero continuou cos estudos na Facultade e licenciouse en Filosofía e letras no ano 1933. Ao longo da súa carreira obtivo varias mencións e premios honoríficos. Foi becada para a Universidade de verán de Santander ese mesmo ano. 
En 1945 foi nomeada bibliotecaria do Instituto de Ourense e era Directora da Biblioteca Pública desta cidade. Posteriormente sería nomeada Directora do Padroado do Centro Coordinador de Bibliotecas da provincia. 
Como Directora da Biblioteca organizou  o 2 de decembro de 1955 unha excursión de estudantes do Instituto, da Normal e do Colexio Calvo Sotelo para visistar os talleres do período La Región. Dicía así a noticia:

A primera hora de la tarde de ayer, han hecho una visita en los Talleres de nuestro periódico, los estudiantes que han tomado parte en el segundo curso organizado por la Inspección regional de Bibliotecas del Noroeste de España. Constituían un nutrido grupo entre alumnos del curso Preuniversitario del Instituto de Enseñanza Media de la capital, alumnas de la Escuela Normal del Magisterio y otros del Colegio Menor Calvo Sotelo, así como varios estudiantes de Filosofía y Letras. Al frente de ellos venía la señorita Carmen Lorenzo Salgado, diectora de la Biblioteca provincial de Orense y directora asimismo del citado curso, con motivo de cuya conclusión hcieron esta visita....(1)

Marcouse sempre o obxectivo de levar a lectura a todos os lugares  e potenciou a creación de bibliotecas nas vilas provinciais como a de Xunqueira de Ambía, Xinzo, Bande, Ribadavia, Viana do Bolo, Entrimo, Cortegada, que se inauguraron a finais dos sesenta e comezos dos setenta. Ela mesma acudía a inspeccionar os locais destinados ás bibliotecas que se ían abrir. Xunto con esta actividade na biblioteca tamén tiña 26 axencias de lectura e 100 maletas viaxeiras que ían a calquera punto da provincia onde non había bibliotecas.Unha muller cun empeño de que a lectura chegase a todos os recantos, organizou en 1972 o bibliobus con libros de todas as materias para que fosen do goce dos ourensáns de calquera lugar da provincia.
A máis de todo isto, cando a inspección ourensá organizou a Campaña de promoción cultura de adultos no ano 1965 co fin de preparar aos mestres e mestras para a alfabetización  e, a parte das charlas que tiveron os cursillistas, tamén se organizou unha excursión ás instalacións da Biblioteca Provincial onde Carmen Lorenzo falou sobre os fondos, a organización, o arquivo, o funcionalmento das maletas viaxeiras para que "el libro llegue al último rincón de España" para o cal solicitaba a colaboración do maxisterio.
Traballou intensamente para que a Biblioteca Provincial tivese un numeroso e diverso fondo bibliográfico e funcionase o servizo de préstamo. 

(1)"Estudiantes de visita en los talleres de La Región", La Región, 3 de decembro de 1955, p. 3.
Vid: La voz de la verdad, 22 de outubro de 1929, p. 3; La voz de la verdad, 1 de outubro de 1933, p. 4; La voz de la verdad, 25 de abril de 1933, p. 4; Vida gallega, 31 de marzo de 1930, p. 42; El pueblo gallego, 3 de outubro de 1965, p. 12; La Región, 29 de abril de 1966, p. 30; La Región, 10 de febreiro de 1971, p. 5; La Región, 17 de outubro de 1972, p. 10. Bande, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005, Vigo, Galaxia, 2010, p. 214.



28 febrero 2017

INÉS PÉREZ BELMONTE

Inés Pérez Belmonte, muller destacada na historia de Ourense do século XVI, estaba casada co corrixidor de Ourense, a quen mataron as hostes do señor do Palacio de Ocas (o actual Liceo). Con afán de xutiza, Inés preiteou contra os asasinos do seu marido durante tres anos. Finalmente acabou casándose co de Ocas. E cando o seu segundo marido morreu, o primoxénito herdou o palacio e ela tivo que irse co resto dos seus fillos a seguir buscando un futuro. Mentres tivo poder económico e social, Inés Pérez Belmonte foi unha auténtica mecenas. Ela encargou e pagou a Inmaculada de Juan de Juni que custodia o Museo ourensán o que demostra o seu gusto refinado, a súa independencia económica e esa capacidade de liberdade e decisión que a caracterizaron.

Dona Inés tiña unha forte personalidade e poderoso atractivo, pertencente á fidalguía ourensá, tivo unha educación exquisita, parella á que recibiu o seu irmán en Salamanca. Durante anos residiu no Palacio dos Oca, hoxe Liceo ourensán, e no Palacio de Afonsas, en Celme. Soubo facerse visible nunha sociedade hostil e discriminatoria cara á muller, participando activamente na vida social da cidade. Sempre fixo valer os seus dereitos non evitando preitos nos que defendía os seus intereses e os dos seus fillos.

Vid: Gallego, Olga. Historia da muller. Mulleres ourensáns dos séculos XIV-XVIII. Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: Servizo Galego de Igualdade; [Ourense]: Grupo Marcelo Macías, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 2008.

Foto: Inmaculada de Juan de Juni. Obra encargada por Dona Inés. No Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.