Etiquetas

27 diciembre 2016

MARÍA FRANCISCA DE ISLA Y LOSADA

Como é sabido, María Francisca de Isla, escritora ilustrada, naceu en Santiago de Compostela no ano 1734. Efectivamente, neste blog recollemos información de mulleres ourensás, pero non podemos deixar de mencionar a mulleres relevantes que tiveron a súa ascendencia familiar na nosa provincia, como é o caso que estamos a tratar.
María Francisca de Isla y Losada era filla de José Isla de La Torre e de María Rosa de Losada, a súa segunda muller, natural de Trives, lugar onde casaron. Os avós de María Francisa de Isla por parte de nai eran Cristóbal de Losada Osorio e María Buelta de Velasco da parroquia ourensá de Trives, concretamente de san Mamed de Trives.  De novo, Ourense, resalta na intelectualidade galega.
Tratábase dunha familia de orixe nobiliar. Francisca de Isla desenvolveuse nun entorno moi cultural e intelectual. María Francisa creceu nun ambiente acomodado e criouse co seu irmán. Casou con Nicolás Jacinto de Ayala a través do cal puido coñecer a numerosos intelectuais. A pesares do seu inxenio e dos escritos que realizou, non quixo que estes perdurasen e pouco antes de morrer, destruiu a maior parte das súas poesías, polo que non existen publicacións ao seu nome, tan só recopilacións dalgunhas das súas poesías e cartas. Algunhas das composicións de María Francisca de Isla y Losada están escritas en galego (romance galego dirixido ao cura de Fruíme don Diego Antonio Cernadas de Castro y Ulloa), nun século no que non abundan as composicións da lingua vernácula.
Vid: GARCÍA CORTÉS, M., María Francisca de Isla y Losada (1734-1808). Una conexión literaria en la Compostela de la Ilustración, Madrid, Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, 2007, 358 pp.

No hay comentarios:

Publicar un comentario