De novo voltamos botar man de ilustres mulleres que tiveron a súa ascendencia ourensá. Non podíamos deixar de mencionar a Josefina Gómez que, aínda que nacida en Madrid, ela é descendente da Casa de San Pedro de Sanín, casa fundada en 1659 por Jacinto Sánchez de Losada casado en segunda nupcias con María de Mendoza Maldonado.
Dona Josefina Gómez é a segunda muller que ingresa na Real Academia da Historia desde a súa creación en 1735. A catedrática de Análise Xeográfica Rexional da Autónoma, elixida en primeira votación en 2002, ocupa a vacante existente desde o falecemento de Manuel Alvar. Josefina Gómez Mendoza foi tamén a primeira muller reitora dunha universidade española. Foi elixida para este cargo na Universidade Autónoma de Madrid en 1984. Previamente, en 1980, foi decana electa da Facultade de Filosofía e Letras da UAM e dirixiu o departamento de Xeografía durante dez anos (1987-1997). Actualmente compaxina a súa traxectoria docente e investigadora con responsabilidades no Consello Asesor de Medio Ambiente da Comunidade de Madrid. Ademais de posuír numerosos premios, é o presidente do Comité Español ante a Unión Xeográfica Internacional e secretaria da Comisión Xestora do Colexio de Geógrafos. Desde outubro do 2001, preside a Comisión de Historia do Pensamento Xeográfico da Asociación de Geógrafos Españois. En 1998 recibiu a medalla da Universidade Autónoma de Madrid.
O 21 de marzo de 2006 leu o seu discurso de ingreso na Academia de Enxeñaría, efectuando unha análise da estrutura urbana de Madrid e Barcelona.
Fonte: https://www.uam.es/personal_pdi/ciencias/depaz/mendoza/mendouam.htm.
Foto: http://elpais.com/diario/2006/05/28/eps/1148797607_850215.html
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
27 diciembre 2016
MARÍA FRANCISCA DE ISLA Y LOSADA
Como é sabido, María Francisca de Isla, escritora ilustrada, naceu en Santiago de Compostela no ano 1734. Efectivamente, neste blog recollemos información de mulleres ourensás, pero non podemos deixar de mencionar a mulleres relevantes que tiveron a súa ascendencia familiar na nosa provincia, como é o caso que estamos a tratar.
María Francisca de Isla y Losada era filla de José Isla de La Torre e de María Rosa de Losada, a súa segunda muller, natural de Trives, lugar onde casaron. Os avós de María Francisa de Isla por parte de nai eran Cristóbal de Losada Osorio e María Buelta de Velasco da parroquia ourensá de Trives, concretamente de san Mamed de Trives. De novo, Ourense, resalta na intelectualidade galega.
Tratábase dunha familia de orixe nobiliar. Francisca de Isla desenvolveuse nun entorno moi cultural e intelectual. Creceu nun ambiente acomodado e criouse co seu irmán.

Casou con Nicolás Jacinto de Ayala a través do cal puido coñecer a numerosos intelectuais. A pesares do seu inxenio e dos escritos que realizou, non quixo que estes perdurasen e pouco antes de morrer destruiu a maior parte das súas poesías, polo que non existen publicacións ao seu nome, tan só recopilacións dalgunhas das súas poesías e cartas. Algunhas das composicións de María Francisca de Isla y Losada están escritas en galego (romance galego dirixido ao cura de Fruíme don Diego Antonio Cernadas de Castro y Ulloa), nun século no que non abundan as composicións da lingua vernácula.
Vid: GARCÍA CORTÉS, M., María Francisca de Isla y Losada (1734-1808). Una conexión literaria en la Compostela de la Ilustración, Madrid, Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, 2007, 358 pp.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)