Etiquetas

02 julio 2016

FLOR FERNÁNDEZ SANTAMARINA

Flor Fernández (Verín, Ourense, 1953) combina a fotografía, a escultura cerámica e a narrativa. A súa obra foi presentada en mostras colectivas en Bélxica, Italia, Portugal e diversas cidades españolas (Ourense, Cádiz, Madrid, Bilbao, etc.) e en exposicións individuais no Museo Municipal e o Outono Fotográfico de Ourense. Tanto no seu traballo escultórico como no fotográfico, utiliza unha linguaxe orgánica, intimista e intuitiva que combina a frescura, a proximidade e a fantasía de claras referencias surrealistas. É autora da obra de literatura infantil "Fábula de Paulina" e colabora na radio cunha sección semanal de relatos breves: "Pequenas Historias".
Vid: El rincón de Mariflores

GLORIA NOVOA

Gloria Novoa naceu en Ourense e dedícase de forma profesional á música como cantante soprano. Colaborou co Madrid Sinfonietta Orchestra no XIII Festival de Artes Sacras. Colaborou nos coros do "Mesías de Haendel" dirixido por Andrea Marcon. Forma parte do proxecto Singing Britain que quere dar a coñecer o repertorio da canción inglesa dos séculos XIX e XX.

APRONIA RUFA

Menciónase como a dedicante dunha lápida funeraria, en forma de cartela, ás súas fillas mortas. Dita lápida apareceu no adro da Igrexa de Castro Escuadro en Maceda. Relaciónase a esta familia coa explotación mineira do entorno, puidendo tratarse dunha muller que casou sucesivamente con dous membros do persoal directivo do xacemento mineiro. A categoría da cartela parece indicar a distinguida condición social de Apronia.
Vid: Centro de Interpretación de Aquis Querquernis.