Etiquetas

23 junio 2016

YOLANDA GRELA BETORET

Yolanda Grela Betoret estudou, no Conservatorio de Ourense, piano, harmonía e canto, obtendo nesta última disciplina a máxima cualificación.
Realizou cursos de Dirección Coral en Pontevedra, Vigo, Segovia, Madrid e Roma, con profesores tan afamados como Javier Busto, Xulio Domínguez, Jorge Alves, Rainer Steubing, Monseñor Pablo Colino, Carlo Pavese e Enrique Azurza. Técnica Vocal para coro con Helen Larson e Larisa Fedorenko. Así mesmo obtivo diploma en cursos de Pedagoxía Musical e Música na Escola organizados pola Confederación Coral Española.
Foi soprano durante 10 anos do Cuarteto Madrigalista “Gaudeamus”. Integrante do Coro do Conservatorio de Ourense. Solista e subdirectora do Orfeón Unión Orensana. Directora da Coral Orensana dende 1997 ata 2003, data en que se fai cargo da Coral do Liceo.
No ano 2000 dirixe a Misa Xubilar na S. I. Catedral Basílica de Ourense, en que participaron cantando conjuntamente, coros da Diocese de Ourense, (600 voces).
Imparte cursos de Técnica Vocal a coros da provincia. É profesora de música da Escola Coppelia, na que formou un coro infantil.
É Directora da Sección de Música e Canto do Liceo de Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario