Phoebe Wilkes é unha escritora ourensá que naceu en 1995. Este nome é o alcume dunha misteriosa novelista que se converteu nunha escritora de gran talento. Escribiu cinco libros xénero policíaco e de ficción histórica. Ten numerosos seguidores en Wattpad, a comunidade virtual máis grande para escritores e lectores.
Ela prefire manterse no anomimato pero as súas obras son moi lidas e teñen grande acollida. Os títulos son:
Óbice mortal
Falsa alarma
El misterio de Rosink Hall
Muerte a caballo
Relatos esperpénticos
Vid: La Región
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
23 junio 2016
YOLANDA GRELA BETORET
Yolanda Grela Betoret estudou, no Conservatorio de Ourense,
piano, harmonía e canto, obtendo nesta última disciplina a máxima cualificación.
Realizou cursos de Dirección Coral en Pontevedra, Vigo,
Segovia, Madrid e Roma, con profesores tan afamados como Javier Busto, Xulio
Domínguez, Jorge Alves, Rainer Steubing, Monseñor Pablo Colino, Carlo Pavese e
Enrique Azurza. Técnica Vocal para coro con Helen Larson e Larisa Fedorenko.
Así mesmo obtivo diploma en cursos de Pedagoxía Musical e Música na Escola
organizados pola Confederación Coral Española.
Foi soprano durante 10 anos do Cuarteto Madrigalista “Gaudeamus”. Integrante do Coro
do Conservatorio de Ourense. Solista e subdirectora do Orfeón Unión Orensana.
Directora da Coral Orensana dende 1997 ata 2003, data en que se fai cargo da
Coral do Liceo.
No ano 2000 dirixe a Misa Xubilar na
S. I. Catedral Basílica de Ourense, en que participaron cantando conjuntamente,
coros da Diocese de Ourense, (600 voces).Imparte cursos de Técnica Vocal a coros da provincia. É profesora de música da Escola Coppelia, na que formou un coro infantil.
É Directora da Sección de
Música e Canto do Liceo de Ourense.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)