Etiquetas

17 mayo 2016

DELIA OSORIO OTERO

Delia Osorio naceu en 1892 en Barra, Castro Canedo. En 1909, cando tiña 17 anos, matricúlase por libre na Escola Normal de Mestras de Ourense e ao rematar o primeiro curso solicita certificado de traslado á Escola Normal de León. Alí finalizará os estudos e regresará a Ourense para exercer a súa profesión.
Afiliarase ao sindicato ATEO pois era unha preocupada pola ensinanza e os métodos que se deberían aplicar nas aulas para mellorala. Dito sindicato publicou 22 revistas desde 1932 a 1933.
Lamentablemente algúns os mestres e mestras que estaban afiliados a ATEO foron destituídos, entre eles Delia Osorio quen foi destituída en 1936 xunto con outros por orde do Gobernador Civil da Cidade.
Vid: Cid Galante, Rosa María; Tese de Doutoramento; La Región

No hay comentarios:

Publicar un comentario