Etiquetas

17 abril 2016

MONTSE MERINO

En agosto 2015, asistiu ao 8th Nordic Music Therapy Congress que se celebrou en Oslo, Noruega entre os días 5-8 de agosto, para presentar o seu MODELO CASA BAUBO. A&S. INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA EN MUSICOTERAPIA. Combina o seu labor de Presidenta da APM. Asociación Profesionais de Musicoterapia, España e Presidenta de AGAMUS, Asociación Galega de Musicoterapia para a difusión, consolidación e recoñecemento da profesión de musicoterapia en Galicia, España e Europa EMTC. European Music Therapy Confederation, co seu traballo de investigación científica en musicoterapia e neurociencias clínicas; profesora do Master de Medicamento Natural da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela USC, Destacando a súa faceta como intérprete vocal, no seu Proxecto Musical Sinestésico que propón novos paradigmas e a representación sonora das diferentes personalidades. Foi presentada en diversos espazos e escenarios como: Auditorio Municipal de Ourense, Escola de Verán de IMAP de Vitoria-Gasteiz;  Teatro Casino Liceo de Santoña, Ateneo de Santa Celoni, etc. Quixeron colaborar neste proxecto recoñecidos músicos, expertos improvisadores tales como: Enrique Oliver, Ton Risco,  Alejandro Vargas, Juan Carlos Sanmartín, Victor Correa, Voro García, Francisco García-Álvarez, Jordi Rossy, Albert Bover, Anton Jarl, Jordi Gaspar, Oriol Roca, entre outros.
No 9º Seminario de jazz e Música moderna de Alhaurín de la Torre, propón ao saxofonista Pablo García Veiga, director do Seminario e a EMMAT, un proxecto de colaboración experimental para que a figura do-a profesional da Musicoterapia, forme parte do equipo nos festivais, seminarios de jazz e outras Músicas, tamén como apoio ás necesidades propias das e os Músicos e intérpretes.
Organizou o 1º, 2º e 3º SIJMT, Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia 2013, 2014 e 2015, proxectos pioneiros e de formato orixinal. Nestes seminarios participaron e colaboraron prestixiosos Músicos tales como o histórico pioneiro da Musicoterapia, o Dr. Even Ruud, o lendario músico intérprete e compositor Jorge Rossy e o neurocientífico Dr. Robert Zatorre, ambos os profesores colaboradores en casa BAUBO. EIMMT.CEISH O  primeiro SIJMT celebrado en Ourense en setembro 2013, serviu como prólogo ao Máster en Musicoterapia de Galicia, que organiza a escola Casa Baubo. Formación en Musicoteraia recoñecida de Interese Científico, pola Consellería de Sanidade do goberno de Galicia; xunto coa formación Soando desde a Raíz

O SIJMT, Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia, foi apoiado-recoñecido de Interese Científico, polas Consellerías de Sanidade e Educación do goberno de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o seu propio programa de tv dedicado á Música e a Musicoterapia. O recoñecemento do seu intenso labor profesional, serviulle para conseguir número de rexistro para a profesión da Musicoterapia para España no CNO. 


09 abril 2016

NEVES SEARA

Neves Seara (1983, Ourense), é licenciada en Belas 
Artes pola Universodade Europea de Madrid, especialista en escenografía e tamén en museografía. Na actualidade traballa como docente en artes plásticas. Ten participado en diversas mostras colectivas, nalgún dos casos no estranxeiro: Vigo, Madrid, Córdoba, Bruxelas, Londres, Lisboa ou La Habana. As individuais teñen sido no Casino de La Toja e nas Galerías santiaguesas E48 e Metro. Destaca a súa obra 73 líneas de horizonte (segunda carta ao meu pai) na que a artista executa unha obra que consistía en ir arrabuñando a parede durante unha semana e o público podía facer un seguimento do proceso.