Etiquetas

18 marzo 2016

MARÍA AUREA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Aurea nace o 16 de novembro de 1897 en Muntián, unha poboación do concello de Cartelle, na provincia de Ourense,  filla de José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez e foi a súa primeira filla.
Aurea comeza a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez años e como medio de vida para ela e os seus irmáns forma o grupo Os Maravillas e as fontes indican que contaron cun  enorme éxito. Logo de que os medios escritos resalten as excelencias do grupo, Aurea constitúe un novo grupo, Os Menores, e emigran a Argentina e, a partir de aquí, pouco máis se pode saber sobre Aurea. A última remite a unha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945. 

Descoñécese que fixo a partir deste momento, se volveu a Galicia ou onde faleceu.


Autor/a da biobibliografía: Milagros Bará Viñas publicado Album de mulleres 
Foto: idem

No hay comentarios:

Publicar un comentario