Etiquetas

24 febrero 2016

MARISA ACEVEDO REGO
























O martes, 16 de febreiro de 2016, saíu na sección Historia en cuatro tiempos de La Región unha fotografía de hai cincuenta anos na que está  Marisa Acevedo posando coas súas compañeiras do equipo feminino de Balonvolea das Josefinas. Aparecen xunto á súa entrenadora Rosa Blanca Gómez Llamas. Dito equipo acudiu ao campionato Nacional a Madrid e Valladolid en 1966.
Para min é entrañable a fotografía pois Marisa Acevedo é unha magnífica profesora no IES Universidade Laboral no que imparte con profesionalidade Educación Física, indicando que a súa traxectoria viña moi ben trazada desde a súa mocidade. O primeiro trofeo que recibiu Marisa foi o de cross cando ela tiña quince anos. Estudaba no colexio das Josefinas e era entrenada por Rosa Gómez Llamas. Marisa levantábase ás cinco da mañá para poder entrenar antes de comezar as clases ás oito da mañá. A partir de aquí non había competición deportiva onde non figurase Marisa Acevedo, practicou volveibol, baloncesto, atletismo e hockey. Ela e as súas compañeiras de volveibol chegaron a ser campionas provinciais e foron a Madrid a xogar a final a nivel nacional.
Tamén foi unha das xogadoras do mítico Medina de Baloncesto que levaba o nome de Ourense por toda España.
Tras a súa etapa como deportista pasou a realizar tarefas de monitora sendo a preparadora do equipo de ximansia do Colexio Santo Ángel que chegou a ser campión de España en ximansia deportiva, certame do que conserva a copa gañada.

19 febrero 2016

AURORA BERNÁRDEZ NOVOA

Aurora Bernárdez naceu en Bos Aires no ano 1920. Inclúese neste blog polo feito de que é filla galegos, concretamente de Maside. O seu pai era Francisco Bernárdez e Dolores Novoa que emigraron a Arxentina. Viviu en Lugo e estudou na Universidade de Bos Aires onde se licenciou en Filosofía e Letras. Muller intelectual, tradutora, escritora que casou con Julio Cortázar a quen coñeceu por medio de Inés Malinow. En 1951 Cortázar emigra a París.  A finais de decembro de 1952Aurora Bernárdez emigra tamén a París e instálase a vivir á par de Cortázar.
Na capital francesa comeza a traballar como tradutora. Entre abril e agosto de 1953 Cortázar e mais ela viaxaron por Florencia e o norte de Italia. Á volta a París contraeron matrimonio, o 22 de agosto de 1953.  Durante os primeiros meses de 1954 vive en Roma con Cortázar, mentres preparan a tradución dos contos de Poe, que asinaría unicamente Cortázar.
Aurora Bernárdez conseguiu un traballo como tradutora na Unesco, onde tamén traballaba como tradutor Cortázar: este foi o seu posto para o resto da vida ata que se xubilou en 1985. O labor na Unesco permitíalle facer viaxes, a Uruguai, á India e a Galicia onde a parella estivo en 1956 e 1957. Na primeira visita sábese que visitaron Santiago de Compostela, e que pasaron por Ourense e por a. Na segunda atopáronse en Lourido, Nigrán, onde permaneceron tres semanas antes de regresaren xuntos a París. Nese tempo Bernárdez tamén colaboraba en traducións literarias que asinaba Cortázar, como as das obras completas de Edgar Allan Poe.
En 1963, Bernárdez e Cortázar viaxaron a Cuba, a coñecer a Revolución cubana. Alí Cortázar comezou a súa transformación nun escritor político latinoamericano, mentres que Bernárdez volveu a París moi desencantada, e decidida a non volver a pisar a illa nunca máis. Así Bernárdez e Cortázar entraron gradualmente nunha crise de parella, e aínda que en xuño de 1968 se trasladan para as vacacións a unha casa recentemente mercada en Saignon, na (Provenza, sepáranse nese mesmo ano. Bernárdez volve a París mentres que Cortázar queda provisionalmente en Saignon. Cortázar e Bernárdez manteñen unha forte amizade despois da súa separación, e tamén despois de que en 1976 Cortázar lle pida o divorcio para casar coa escritora e fotógrafa Carol Dunlop, a súa nova parella. De feito, cando Dunlop enfermou Bernárdez estivo ao seu coidado, e cando trala morte desta Cortázar tamén enfermou, neste caso de leucemia, Bernárdez volveu vivir con Cortázar e coidou del ata o seu falecemento en 1984.
Logo da morte de Cortázar, Bernárdez quedou como a testamenteira da súa obra e arquiveira e custodia dos seus bens. En virtude diso dooulle en 2005 á Xunta de Galicia a colección dos bens audiovisuais de Cortázar e que están arquivadas no Centro Galego de Artes da Imaxe, na Coruña. Nos últimos anos da súa vida dedicouse ao labor de edición das obras de Cortázar: o seu volume de produción narrativa inédita, e tamén da súa colección de cartas, que tivo en dúas edicións ao seu coidado, en 2000 e 2012.
O Aurora Bernárdez  faleceu en París o día 8 de novembro de 2014.
Vid: Galipedia