Etiquetas

27 diciembre 2016

JOSEFINA GÓMEZ MENDOZA

De novo voltamos botar man de ilustres mulleres que tiveron a súa ascendencia ourensá. Non podíamos deixar de mencionar a Josefina Gómez que, aínda que nacida en Madrid, ela é descendente da Casa de San Pedro de Sanín, casa fundada en 1659 por Jacinto Sánchez de Losada casado en segunda nupcias con María de Mendoza Maldonado.
Dona  Josefina Gómez é a segunda muller que ingresa na Real Academia da Historia desde a súa creación en 1735. A catedrática de Análise Xeográfica Rexional da Autónoma, elixida en primeira votación en 2002, ocupa a vacante existente desde o falecemento de Manuel Alvar. Josefina Gómez Mendoza foi tamén a primeira muller reitora dunha universidade española. Foi elixida para este cargo na Universidade Autónoma de Madrid en 1984. Previamente, en 1980, foi decana electa da Facultade de Filosofía e Letras da UAM e dirixiu o departamento de Xeografía durante dez anos (1987-1997). Actualmente compaxina a súa traxectoria docente e investigadora con responsabilidades no Consello Asesor de Medio Ambiente da Comunidade de Madrid. Ademais de posuír numerosos premios, é o presidente do Comité Español ante a Unión Xeográfica Internacional e secretaria da Comisión Xestora do Colexio de Geógrafos. Desde outubro do 2001, preside a Comisión de Historia do Pensamento Xeográfico da Asociación de Geógrafos Españois. En 1998 recibiu a medalla da Universidade Autónoma de Madrid.

O 21 de marzo de 2006 leu o seu discurso de ingreso na Academia de Enxeñaría, efectuando unha análise da estrutura urbana de Madrid e Barcelona.

Fonte: https://www.uam.es/personal_pdi/ciencias/depaz/mendoza/mendouam.htm.

Foto: http://elpais.com/diario/2006/05/28/eps/1148797607_850215.html

MARÍA FRANCISCA DE ISLA Y LOSADA

Como é sabido, María Francisca de Isla, escritora ilustrada, naceu en Santiago de Compostela no ano 1734. Efectivamente, neste blog recollemos información de mulleres ourensás, pero non podemos deixar de mencionar a mulleres relevantes que tiveron a súa ascendencia familiar na nosa provincia, como é o caso que estamos a tratar.
María Francisca de Isla y Losada era filla de José Isla de La Torre e de María Rosa de Losada, a súa segunda muller, natural de Trives, lugar onde casaron. Os avós de María Francisa de Isla por parte de nai eran Cristóbal de Losada Osorio e María Buelta de Velasco da parroquia ourensá de Trives, concretamente de san Mamed de Trives.  De novo, Ourense, resalta na intelectualidade galega.
Tratábase dunha familia de orixe nobiliar. Francisca de Isla desenvolveuse nun entorno moi cultural e intelectual. Creceu nun ambiente acomodado e criouse co seu irmán. 
Casou con Nicolás Jacinto de Ayala a través do cal puido coñecer a numerosos intelectuais. A pesares do seu inxenio e dos escritos que realizou, non quixo que estes perdurasen e pouco antes de morrer destruiu a maior parte das súas poesías, polo que non existen publicacións ao seu nome, tan só recopilacións dalgunhas das súas poesías e cartas. Algunhas das composicións de María Francisca de Isla y Losada están escritas en galego (romance galego dirixido ao cura de Fruíme don Diego Antonio Cernadas de Castro y Ulloa), nun século no que non abundan as composicións da lingua vernácula.

Vid: GARCÍA CORTÉS, M., María Francisca de Isla y Losada (1734-1808). Una conexión literaria en la Compostela de la Ilustración, Madrid, Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, 2007, 358 pp.

03 noviembre 2016

LOLI CARBALLO

Naceu en Santa Marta de Maceda, Ourense, no ano 1959 e desde moi pequena tivo claro que lle gustaban as artes plásticas que estimulaban a súa imaxinación e o seu pensamento.
No ano 1996 realiza estudos de debuxo artístico, pintura, fotografía e talla en madeira na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde perfecciona a súa formación académica ensaiando con novas técnicas e materiais. As súas obras son moi diversas froito tanto das súas inquedanzas como da investigación nas técnicas mixtas.
A súa obra é unha chegada á expresión mínima despois dun proceso de análise desde o punto de vista da filosofía de Platón e Aristóteles. Dá como consecuencia unha obra abstracta quedándose coa esencia das formas.
Realiza exposicións en Vigo, Santiago, Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arouse, Pontevedra, Huelva...

10 octubre 2016

SUSA ÁLVAREZ ARMESTO

Susa, nace na alta montaña ourensá, filla dun mecánico e unha campesiña. Aos seus 4 anos foi adoptada e lembra, emocionada e agradecida, o legado humano e cultural que recibiu dos seus catro avós adoptivos, o elegante e coherente exemplo que lle deron, a súa dozura, a súa tenrura.

Estudou Dirección e Realización de Cinema e Tv na Escola Superior de Comunicación CEV ( Madrid 1984), cidade na que posteriormente fundou e dirixiu, con 24 anos, unha axencia de prensa comprometida co xornalismo de investigación e a denuncia social.

Os seus traballos como guionista e directora de cinema e tv, e fotógrafa, abarcan o reporterismo de denuncia social, a crónica de actualidade, a fotografía publicitaria e artística, e diversos tipos de reportaxes. Estamos, pois, ante unha muller comprometida e reivindicativa que se suma ás causas de xustiza social e á igualdade. Inqueda feminista que posiciona á muller nun terreo de loita polos dereitos.

Fundou e dirixe actualmente un Studio de creacións multimedia no que desenvolve as súas múltiples facetas profesionais e artísticas como profesora de imaxe, investigadora, como directora e guionista de cinema, como fotógrafa, escritora, Curadora de contidos, ilustradora e artista dixital.
A obra máis importante na que traballa desde hai 8 anos é un documental en primeira persoa e de carácter pedagóxico onde cuestiona a adopción e achega a súa persoal visión sobre o dereito á identidade e á orixe.

25 septiembre 2016

EHLABA CARBALLO DE DIOS

Ehlaba Carballo de Dios, artista pictórica, naceu en Xunqueira de Espadañedo, Ourense en 1960. Licenciouse en Belas Artes e na actualidade compaxina a súa vida profesional coa artística. Despois de realizar obras de diversas temáticas e técnicas, no ano 2002 muda o seu estilo e comeza a pintar árbores, troncos, círculos de cores vivas e de moita luz. E é que son parte fundamental da súa obra a luz, a cor e a simboloxía plasmando un cosmos ordenado a través dos números e tamén a xeometría onde as cores e as formas simplifícanse chegando case á abstracción lineal. Co concepto de que  todos somos un e que a realidade que vemos é moi reducida, cada obra representa un fragmento da realidade, unha parte que marca as múltiples olladas,  o seu anaco de verdade. un todo  do que formamos parte en conxunto e por separado en cada unha das súas partes independentes, respondendo cada cadro a unha parte dunha realidade inabarcábel. Coa unión de unidades independentes Ehlaba crea unha obra de arte total e sintética.
Realiza a súa primeira exposición en decembro de 2005 en Ponteareas. A partir de entón as súas obras percorren salas e museos de Ourense, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo, Barcelona, Irún, Lleida, Madrid, Portugal, Florencia, Nova York, Miami, París, Kyoto e ToKio. Pero Ehlaba ten un amplísico currículo e a súa traxectoria está transcendendo cada vez máis, sendo considerada unha artista de referencia.

A súa traxectoria é inmensa e imparable.

PROYECTOS – PROJECTS
“A Musa da Paz”
Ehlaba foi a encargada do proxecto “Musa da paz” que se levou a cabo en Setembro de 2016 no Auditorio Municipal de Ourense . A artista, como coordinadora, foi quen de reunir nunha exposición colectiva un gran número de artistas. Todos e todas, entre eles Ehlaba, expuxeron obras nas que a Paz era o temática principal.

“Unha porta do Rial” :
Museo Ramón Mª Aller Ulloa-Lalín (2016)
Sala de exp. Do Concello de Ponteareas (2016)
Sala de exposicón do Concello de Verín   (2016)
Castelo de Maceda (2016)
Museo do Pobo Galego-Santiago (2016)
Centro cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense (2015)

 “30+3” :
Sala de Exposición do Concello de Verín (2016)
Castelo de Maceda – OURENSE (2015)
“Olladas de luz” – Fundación Vicente Risco en Allariz (2015)
“Un camino”- Nosoutras  –  MIHL – Lugo (2015)
 “árbores” –  Castelo de Maceda  – Ourense (2014)
“Reencuentro” – Galería Sargadelos – Ourense  (2010)
MUSEOS – MUSEUMS
Museo do Pobo galego – Santiago de compostela – españa (2016)
Museo interactivo de la historia de Lugo (mihl)- lugo – españa (2015)
Municipal museum of art – Kyoto –Japón (2010)
Museum of art – Hiroshima – Japón (2010)
The national art center – Tokio –Japón (2010)
Museo del Louvre – París – Francia (2009)
Museo de las Américas – miami- eeuu (2008)
FERIAS INTERNACIONALES – INTERNATIONAL ART MARKETS
“ARTEANDO” – Irún –  Guipúzcoa – España (2011)
“Carrusel del Museo Louvre de París 2009” – París – Francia (2009)
 “PURO ARTE VIGO  2009” – Vigo – España (2009)
Feria de Arte Independiente LLEIDART – Lleida – España (2008)
“ARTEXPO NEW YORK 2008” –  New York – EEUU (2008)
“PURO ARTE VIGO 2007” – Vigo – España (2007)
X Feria Inernacional de Arte Contemporáneo de Castilla y León – Valladolid- España (2007)
GALERÍAS – ART GALLERY
2015
Galería NOV – A Coruña
Apo´strofe  Sala de Arte– Vigo

2014
Galería Visol-Ourense
Galerie Artes – París
LLEI d´ART – Madrid
2013
Galería de arte “El Taller” –Santiago de Compostela
Crisolart Galleries . Barcelona
Galería EMMA – Madrid
Feria de Arte de Baiona  – Pontevedra
2012
Sala expos. Casa do Curro de Monçao  “Alén do Miño 2012” -– Portugal
“Exposición de verano AlterARTE” – Sanxenxo -Pontevedra
2011
Castillo de Maceda – Ourense
2010
Galería de Arte Visol – Ourense
2009
Galería “Art nou mil-lenni” – Barcelona
Galería Galyarte – Santiago de Compostela
Sala Expos. De la Biblioteca Municipal de Ponteareas – Pontevedra
Sala Expos. “Círculo Mercantil” – VIGO
2008
Sala de Expos. de la Biblioteca Municipal de Ponteareas – Pontevedra
 “FLY Art Gallery Florencia” – Florencia-Italia
2007
Crisolart Galleríes – Barcelona
2006
Centro Artístico Sportivo” Ponteareas

Vid: Ehlaba

02 julio 2016

FLOR FERNÁNDEZ SANTAMARINA

Flor Fernández (Verín, Ourense, 1953) combina a fotografía, a escultura cerámica e a narrativa. A súa obra foi presentada en mostras colectivas en Bélxica, Italia, Portugal e diversas cidades españolas (Ourense, Cádiz, Madrid, Bilbao, etc.) e en exposicións individuais no Museo Municipal e o Outono Fotográfico de Ourense. Tanto no seu traballo escultórico como no fotográfico, utiliza unha linguaxe orgánica, intimista e intuitiva que combina a frescura, a proximidade e a fantasía de claras referencias surrealistas. É autora da obra de literatura infantil "Fábula de Paulina" e colabora na radio cunha sección semanal de relatos breves: "Pequenas Historias".
Vid: El rincón de Mariflores

GLORIA NOVOA

Gloria Novoa naceu en Ourense e dedícase de forma profesional á música como cantante soprano. Colaborou co Madrid Sinfonietta Orchestra no XIII Festival de Artes Sacras. Colaborou nos coros do "Mesías de Haendel" dirixido por Andrea Marcon. Forma parte do proxecto Singing Britain que quere dar a coñecer o repertorio da canción inglesa dos séculos XIX e XX.

APRONIA RUFA

Menciónase como a dedicante dunha lápida funeraria, en forma de cartela, ás súas fillas mortas. Dita lápida apareceu no adro da Igrexa de Castro Escuadro en Maceda. Relaciónase a esta familia coa explotación mineira do entorno, puidendo tratarse dunha muller que casou sucesivamente con dous membros do persoal directivo do xacemento mineiro. A categoría da cartela parece indicar a distinguida condición social de Apronia.
Vid: Centro de Interpretación de Aquis Querquernis.

23 junio 2016

PHOEBE WILKES

Phoebe Wilkes é unha escritora ourensá que naceu en 1995. Este nome é o alcume dunha misteriosa novelista que se converteu nunha escritora de gran talento. Escribiu cinco libros xénero policíaco e de ficción histórica. Ten numerosos seguidores en Wattpad, a comunidade virtual máis grande para escritores e lectores.
Ela prefire manterse no anomimato pero as súas obras son moi lidas e teñen grande acollida. Os títulos son:
Óbice mortal
Falsa alarma
El misterio de Rosink Hall
Muerte a caballo
Relatos esperpénticos
Vid: La Región

YOLANDA GRELA BETORET

Yolanda Grela Betoret estudou, no Conservatorio de Ourense, piano, harmonía e canto, obtendo nesta última disciplina a máxima cualificación.
Realizou cursos de Dirección Coral en Pontevedra, Vigo, Segovia, Madrid e Roma, con profesores tan afamados como Javier Busto, Xulio Domínguez, Jorge Alves, Rainer Steubing, Monseñor Pablo Colino, Carlo Pavese e Enrique Azurza. Técnica Vocal para coro con Helen Larson e Larisa Fedorenko. Así mesmo obtivo diploma en cursos de Pedagoxía Musical e Música na Escola organizados pola Confederación Coral Española.
Foi soprano durante 10 anos do Cuarteto Madrigalista “Gaudeamus”. Integrante do Coro do Conservatorio de Ourense. Solista e subdirectora do Orfeón Unión Orensana. Directora da Coral Orensana dende 1997 ata 2003, data en que se fai cargo da Coral do Liceo.
No ano 2000 dirixe a Misa Xubilar na S. I. Catedral Basílica de Ourense, en que participaron cantando conjuntamente, coros da Diocese de Ourense, (600 voces).
Imparte cursos de Técnica Vocal a coros da provincia. É profesora de música da Escola Coppelia, na que formou un coro infantil.
É Directora da Sección de Música e Canto do Liceo de Ourense.

17 mayo 2016

DELIA OSORIO OTERO

Naceu en Lamas de Barra, Coles, o vinte e sete de novembro de 1892 e era filla ilexítima de Pilar Otero López veciña de Barra. Foi inscrita no rexistro civil polo seu avó Ramón Otero Piña. Uns anos máis tarde, en 1895 Pilar casou co pai da nena, Francisco Osorio García, que era industrial, e o matrimonio daríanlle a Delia unha irmá á quen chamaron Cleofé que, seguindo os pasos de Delia, tamén se fixo mestra e se afiliou a ATEO polo que foi, igualmente, separada do ensino. Delia casou co tipógrafo Valentín Gómez Castro que era o presidente da Sociedade de Tipógrafos de Ourense. Vivían no Salto do Can na Avenida de Portugal e tiveron dous fillos, Enrique e Avelino. 

Delia fixo o exame de ingreso na Normal no Instituto Xeral e Técnico de Ourense o 1 de xuño de 1907. Estivo matriculada no centro no que cursou o grao elemental ata 1909 e en agosto de 1910 expedíuselle unha certificación para a Normal de Mestras de León aínda que logo acabou facendo o grao superior na Normal de Pontevedra rematando os estudos en 1914. Presentouse ás oposicións no ano 1919 e en 1923 déronlle a escola en propiedade de Baiste en Ourense. Anos máis tarde estaba ao cargo da escola de nenas de Castro Canedo. O 1 de febreiro de 1932 afiliouse a ATEO e tiña o número 140 e o 22 de decembro de 1935 foi nomeada para o cargo de segundo vogal[1]

Afilouse ao sindicato ATEO pois era unha preocupada pola ensinanza e os métodos que se deberían aplicar nas aulas para mellorala e, como vimos, tamén colaboraba na revista achegando os seus postulados pedagóxicos.

Coa chegada da ditadura, Delia sufriría como o resto dos afiliados a ATEO a dura represión e ela foi destituída e detida o 21 de xaneiro de 1937 por deixar na escola uns escritos contrarias ao novo réxime e contra da igrexa. 

O cura ecónomo de San Andrés de Castro Canedo, Benigno González, emitiu o dous de xaneiro de 1937 un escrito ao Xulgado no que indicaba que Delia nunca fora á igrexa, que se ría dos que acudían a ela, que era comunista, que sempre andaba cos homes e que ía a reunións ata altas horas da noite, que dicía que había que cortar cabezas e colgalas nos balcóns, que o seu labor na escola era pouco fértil e que as nenas se rían dela pois sempre andaba cantando, que facía saudar ás nenas co puño en alto e que lles ensinaba doutrinas opostas á relixión…

(...)jamás la he visto entrar las puertas de la Iglesia y no solo eso sino que se mofaba de todos aquellos que practicaban los misterios de nuestra religión, e incluso antes del movimiento llegó a impedir a todos aquellos que militaban bajo su bandera la asistencia a la Iglesia y el trato conmigo...Era comunista delcarada pues en las últimas elecciones presidió la mesa representando a los comunistas de esta parroquia...Tuvo el atrevimiento de decir en presencia de los suyos que había que cortar cabezas y colgarlas en los balcones y cuando antes de estallar el movimiento se oía que habían incendiado una Iglesia o echar a un sacerdote de la misma se decía esos si que son hombres y no los de este pueblo que no tienen valor para nada...

Su labor en la escuela era poco fértil pues la niñas ya se mofaban de ella porque siempre estaba cantando y a las mismas niñas les hacía saludar puño en alto y al entrar y salir con la internacional. Enseñaba a las niñas doctrinas opuestas a nuestra religión pues así lo demuestran escritos que aparecieron en las escuelas...[2]

Todas estas alegacións considerábanse de altísima gravidade. A situación complicouse para a mestra cando o 29 de xaneiro o gobernador civil de Ourense informou á comisión e incorporou ao sumario unha acusación que lle remitira o xuíz instrutor da capital na que se indicaba que se acusaba a Delia da subtracción na escola de Castro dunhas notas subversivas. En marzo solicitouse que un pai de familia alegase sobre a mestra e, en efecto, foi Patricio Caride quen elaborou un escrito nos mesmos termos que fixera o cura da parroquia alegando as mesmas acusacións[3]. O alcalde, Eugenio Pulido, asegurou que Delia estaba afiliada ao partido socialista do que facía propaganda e tamén que pertencía á Sociedade Atea do Maxisterio e “desarrolló mala labor en su Escuela y una regular conducta, dados sus ideales políticos, y alternaba solamente con compañeros que le eran afectos”[4]. A todo o anterior sumábaselle o informe do Comandante Vicente García no que recoñecía que Delia era socialista, que militara en ATEO e que a súa conduta era mala e o labor na escola regular, polo tanto: “Por todo lo anteriormente expuesto y siendo una señora que estaba poseída de sus mayores ideas y cualidades de tendencia marxista y que no se jactaba de manifestarlo en público, por ello me merece mal concepto”[5]. Todas os informes negativos conducirían a unha contundente sanción. A todos eles hai que engadir o escrito que se atopara na escola de Delia, motivo polo que fora detida en xaneiro de 1937. 

Tratábanse dunhas notas manuscritas nas que Delia expuxo unhas ideas radicais sobre os problemas do capitalismo, a necesidade dunha revolución do proletariado mencionando a Marx e a Lenin, sobre a hipocrisía da burguesía e a opresión e engano da igrexa e da relixión.Así mesmo pon en dúbida a infabilidade de Deus e o seu poder creador aludindo a científicos e biólogos:

La Iglesia es un poder de opresión burguesa y no se puede esperar que esta clase quiera desprenderse de quien tan bien la sirve. Ha de ser el proletario quien comience una verdadera ofensiva en contra de ese puntal del capitalismo que bien dice los cañones, bautiza los acorazados y los aviones de guerra, protege la explotación más inhumana con el engaño del cielo y sirve de avanzada para la introducción de la esclavitud capitalista en los pueblos coloniales.
Origen de las religiones. Una fórmula célebre declara “el miedo ha creado a los dioses”. Esta fórmula es exacta en el sentido de que el hombre ha transformado en divinidades las cosas que le asustaban y oprimirían y cuya naturaleza no podía comprender. De este modo los hombres primitivos han divinizado las fuerzas naturales tales como el sol, la lluvia, el rayo, la guerra, la muerte etc...La religión enseñaba no la revuelta contra esas fuerzas naturales, sino por el contrario la sumisión a ellas, la resignación ante las desgracias que herían a los hombres y en fin ordenaba sacrificios para aplacar a los “dioses” por esto es el hombre quien ha creado a los dioses divinizando sus debilidades, su ignorancia, su impotencia y no ven los dioses como los enseñan las religiones quienes han creado a los hombres. Esta idea ha sido expresada por Marx así “El fundamento sde la crítica religiosa es este hombre hace la religión, no es la religión quien hace al hombre.

Lenin dice La religión es una especie de opresión espiritual que pesa sobre las masas proletarias al que trabaja en la vida y sufre privaciones, la religión le enseña la resignación aquí abajo y le ofrece la esperanza de un salario celeste, pero a los que viven del trabajo de otro la religión les enseña la caridad y les ofrece una justificación barata de su existencia de explotadores vendiéndolos a precios abordables billetes de entrada en el paraíso celeste. El proletario moderno, consciente educado por la gran industria y la vida de las ciudades rechaza con menos precio los prejuicios religiosos abandona el cielo a los curas y a los beatos burgueses y lucha por una mejor vida sobre la tierra. La caridad es el truco descubierto por los capitalistas para calmar a bajo precio la cólera obrera, es el mejor medio para hacer creer a los trabajadores que se interesa por sus reivindicaciones que se comparte su miseria que se busca el medio de aliviarles, es el medio de impedirles tomar conciencia de sus derechos la iglesia también se dedica a humanizar la doctrina obtener la paz por la caridad que quiere decir que en la época actual en que las masas trabajadoras están frente a la miseria como consecuencia del paro de la escasez de trabajo espera conquistar por medio de limosas a la desgraciada masa trabajadora. (...)

 ...además dicen que creó el hombre a su imagen y semejanza luego ese dios se parece a toda clase de animales mamíferos y claro está es otro animal ya veis la de barbaridades que la iglesia nos cuenta por algo es el enorme puntal del capitalismo porque tan verdaderos son los postulados de unos como los de otros puesto que ambos se valen del embuste y del engaño. La iglesia con su Dios y los otros con su bondad sin límite con sus limosnas y mas que todo con su inmensa ruindad oculta ambos iglesia y capital nos quieren hacer creer y declarar que descendemos de semidioses pero la ciencia interpretada por naturalistas bien instruidos nos sorprenden demostrando la conformación compartida del hombre y de los demás mamíferos.

Si se quiere establecer la diferencia basándose en las facultades llamadas mentales es fácil demostrar que no existe diferencia alguna entre el hombre y los demás mamíferos pues si es verdad que no alcanzan el mismo nivel también no existen estas igualmente desarrolladas en los mismos hombres porque la inteligencia entre un salvaje que no emplea palabra ninguna abstracta no saben contar algunos mas que hasta cuatro...pero esta diferencia entre los hombres mas eminentes y los salvajes mas embrutecidos están enlazados por una serie de gradaciones delicadas que es posible que pasen y se desarrollen de unos a otros poseyendo el hombre los mismos sentidos que los demas animales sus intuiciones fundamentales deben ser las mismas tenemos con ello algunos instintos comunes, el de la propia conservación, el amor sexual, el amor de la madre por sus hijos, recién nacidos, etc...y en sus instintos podemos afirmar que aventajan al hombre por ejemplo el orangután y e chimpancé que viven en los trópicos donde hay muchos frutos venenosos y ellos no tocan ninguna cosa que el hombre no sabe...Los animales también sienten el placer y el dolor, la dicha y la desventura...Son inteligentes puesto que según Reugger ha visto un mono ahuyentar con cuidado las moscas que atormentaban a su cachorro.
Las hembras de los monos experimentan tal tristeza cuando pierden sus cachorros que asegura el gran naturista Brehim....  

Vamos a partir del punto religioso que se refiere a la creación del Mundo o Universo y después de saber que este se ha creado en seis días y que después de crear toda especie de animales plantas estrellas etc..de un pedazo de barro hizo el cuerpo del hombre y de su mismo barro fue hecha la mujer y luego quedaron estos de dueños de todo lo creado para ser dueño y poder disponer de todo lo que existían deberían ser este hombre y esta mujer superiores en todo a los demás animales, es decir, su cuerpo no debería estar formado bajo el mismo tipo general que los demás mamíferos, no podría tomar ni comunicarles enfermedades como la rabia, la viruela, etc. Y en una palabra no podría ser que su forma embrionaria fuese un óvulo completamente igual que el que da origen a los demás animales y que este embrión en un período precoz pueda distinguirse de los otros del reino animal...Segundo Huscky el cerebro que es órgano más importante sigue la misma ley y el anatomista Bischoff admite que cada hendidura principal y cada repliegue del cerebro humano tiene su análogo en el del orangután. Los monos están sujetos a muchas de nuestras enfermedades no contagiosas dice Rengger que ha observado el Cebus y le ha visto padecer catarros....Estos monos sufren también apoplejías inflamaciones y cataratas y los remedios producen en ellos los mismos efectos que en nosotros...De forma que vamos sacando en conclusión que no es cierto en modo alguno lo que los libros llamados sagrados nos cuentan puesto que nacemos igual que los demás animales vivimos sujetos a los mismos gustos y necesidades y al fin dejamos de existir para sufrir la transformación como los demás seres. ¿Dónde está esa superioridad en que se fundan esos farsantes en que apoyan esa teoría tan fantástica en que fijándose un poco desacreditan a su mismo dios pues tan listo no fue que no supo crear un ser distinto?[6]

O resultado foi a imputación de numerosos cargos como o de pertencer á entidade marxista ATEO e estar afiliada ao partido socialista do que era activa propagandista; haber sido apoderada da Fronte Popular e haber asistido a reunións comunistas realizando algunha delas na súa casa. Tamén foi acusada de que prohibía aos comunistas acudir á igrexa e que trataran con párroco; de saudar ás nenas co puño en alto e cantar a internacional na escola; de ensinar ás nenas doutrinas marxistas e excitar á violencia. Ademais culpábana de levar a cabo un labor escolar moi deficiente e de haber deixado na escola unhas follas nas que se expuñan ideas anticristiás e antirrelixiosas.[7]

Delia respondeu o 9 de xullo de 1937 ao prego de cargos argüíndo que si pertencera á Asociación de Traballadores da Ensinanza pero que a súa afiliación non fora con miras políticas senón por ansias de mellorar a ensinanza e que moitos afiliados seguían en activo polo que a Xustiza debería ser igual para todos. 

Negou que pertencera ao Partido Socialista pois dicía que este carecía de grupo feminino en Ourense. Alegou que a Comisión debía comprobar se existía algún recibo de pago ao seu nome e que non atoparía. 

Manifestou que nas elección anteriores a 1936 fora nomeada adxunta do Colexio de Castro pola Xunta Municipal do Censo e nas do 36 pedíranlle os da Mesa que os asesorase en cubrir a documentación polo que non permaneceu no local máis que o tempo necesario para a consulta co beneplácito das dereitas e esquerdas. 

Dixo que non se relacionou con ningún veciño de Canedo e non realizou ningunha reunión na súa casa pois ela vivía cunha familia polo que era imposible levar á súa habitación a ninguén. E non tocante ao párroco declarou que por que lle ía molestar. 

Sobre a acusación de que saudar ás nenas co puño en alto declarou que iso nunca se lle pasou pola imaxinación como tampouco o de cantar a internacional que podían comprobar que ningunha das nenas sabía a letra nin a música. Tamén se defendeu dicindo que na escola non ensinaba doutrinas marxistas e que se cumpría co laicismo acatando as ordes dos superiores como tamén fixera en tempos de monarquía pois entón ensinaba catecismo e historia sagrada. 

Pero un dos cargos que máis a mancou foi o de presentala como unha tola: 

El cargo que mas lastima mi dignidad es éste, por presentarme en el como una loca rematada, pues solo en ese estado podía arengar tan ramplonamente y además ¿Qué veneficio (sic) reportaba el convertir en criminales a vecinos entre los que tenía que convivir? Y bien tontos serían el no contestarme que fuese yo, que ellos harían lo que creyesen conveniente. No puedo concebir como hay persona que se atreviese a relatar semejante absurdo.

Llevé desempeñando la escuela de Castro siete anos y al final de estos es cuando se dice que mi lavor (sic) era deficiente. (En el momento de mi destitución iban a ingresar para la convocatoria de Septiembre las niñas Delia Álvarez Fernández y Manuela Gutiérrez, en el Instituto de Segunda Enseñanza; las preparé desde las primeras letras, toda la labor fue hecha dentro de la Escuela, y con todas trabajé lo mismo, y en tanto tiempo, mis Jefes, ¿No me llamarían la atención? Me tendrían expulsado por inútil, y mi hoja de servicios está muy limpia. 

Mi detención la motivó una denuncia presentada en el Gobierno Civil en la que se me acusaba de forzar la puerta del Local Escuela, para recoger unos artículos, y el Sr. Gobernador, los envió al Juez Señor Estampa; fui llamada ante el y en el mismo momento me puso en libertad. Prueba suficiente de la falsedad de los hechos y como eso, son el resto de los cargos que se me imponen, una colección de embustes fue lo que llegó a manos de esa Comisión…[8]

Delia estaba soa ante a súa defensa pois non puido acompañar ningún prego de sinaturas de veciños de Canedo por atoparse delicada de saúde e por non ter recursos económicos para poder desprazarse en coche para conseguilas. 

De pouco lle valeu a defensa persoal pois unha vez que Emilio Nieto Rodríguez certificara en xuño de 1937 que Delia Osorio fora destituída a Comisión de Cultura e Ensinanza emitiu un escrito, asinado por Mariano Puigdollers e Enrique Suñer, ratificando a sanción de separación definitiva do corpo docente e baixa no escalafón e que corroborou José Ibáñez Martín, Ministro de Educación, o 24 de abril de 1940. En efecto, Delia foi dada de baixa definitiva por separación con data do 7 de maio de 1940. 

Delia tivo que deixar a docencia e dedicouse á vida familiar. Tal como indicou Delia nunha instancia que enviou a Madrid, desde que a separaron do servizo habitou sempre en Ourense e dedicouse ás tarefas do fogar, á vida caseira e “de piedad que lleva toda mujer española. Cumpliendo en todos los órdenes mis deberes tanto religiosos…como de piedad, perteneciendo a Asociaciones Religiosas. Observando buena conducta, tanto pública, política privada…”[9]

Pasados os anos, en maio de 1954, cando Delia tiña 62 anos, dirixiu unha instancia ao Ministro de Educación Nacional na que expuña que era mestra desde o ano 1919 e que no ano 1936 tiña escola en propiedade en Castro Canedo e en 1939 a Comisión Depuradora de Ourense formulou un prego de cargos contra ela e non tivo noticia de que se instruísen responsabilidades políticas. Solicitou, entón, que se lle permitise reingresar na carreira de mestra pasando a ocupar o posto no escalafón correspondente, para demostrar a súa boa traxectoria enviou numerosa documentación que a acreditase[10]. Entre os presentados destaca o enviado polo Inspector do Corpo Xeral de Policía, Abelardo Fernández Terrajo que certificou a boa actitude de Delia coas seguintes palabras: 

Que doña María Delia Osorio Otero, de 62 años, casada, Maestra, hija de Francisco y Pilar, natural de Lamas-Coles (Ourense) y con domicilio en esta Capital, Avenida de Portugal, Salto do Can, es persona que en los archivos de esta comisaría, en el aspecto político-social, tiene antecedentes desfavorables de carácter extremista, si bien en virtud de reciente información, se viene en conocimiento de que en los últimos tiempos demuestra arrepentimiento, evolucionando asimismo en sentido favorable en el aspecto religioso, pues constan datos también recientes de que pertenece a la Asociación de la Virgen de la Medalla Milagrosa, y está bien conceptuada en tal sentido ante varios señores Curas Párrocos. 

Observa buena conducta moral, pública y privada. Y para que conste, a petición de la interesada por serle necesario para solicitar reingreso en el Magisterio, expido el presente en Orense a dieciseis de marzo de mil novecientos cincuenta y cuatro.[11]

En efecto, a solicitude foi resolta de forma favorable polo que Delia puido reincorporarse ao ensino.

Delia faleceu por unha esclerose cerebral o 14 de novembro de 1966 cando tiña 75 anos de idade e está enterrada no cemiterio de San Francisco de Ourense. 

[1] Esta información aparece recollida nunha certificación que Don Emilio Nieto Rodríguez, vocal Secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio Nacional realizou para adxuntar ao sumario de Delia Osorio. MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, “Expediente de Delia Osorio” 42-08782-00017-0030.[2] “Carta de Benigno González Requejo”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0034.[3] “Informe de Patricio Caride”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0038.[4] “Escrito do alcalde”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0039.[5] “Informe do Comandante Vicente García Cifuentes”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0041 [6] Escrito de Delia Osorio, AGA.0022[7] “Cargos” MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0031.[8] “Contestación al pliego de cargos”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0032.[9]“Instancia de Delia Osorio ao Ministro de Educación”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0007.[10] Idem. Delia adxuntou un documento do Ministerio de Xustiza no que non había datos de responsabilidade política a nome dela. Outro asinado por Juan Romero de Aguilar que era xefe do Rexistro Cenral de Penados e Rebeldes; tamén un certificación de Don Amando Araújo Iglesias, cura ecónomo de Santa Eufemia do Centro no que se indicaba que Delia tiña boa conduta moral e relixiosa. De Eduardo Vilarino Castro, presbítero de Santiago das Caldas confirmando a boa conduta, de Don Antonio Díaz, cura de Piñeira de Arcos quen argumentou que tiña boa conduta e que dera mostras de verdadeira arrepentimento da súa actuación anterior ao ano mil novecentos trinta e seis. Presentou un certificado de pertencer á Asociación da Virxe da Medalla Milagrosa. Incluso enviou un informe favorable do propio alcade da cidade, don Eduardo Valencia Fernández alegando a boa conduta da interesada. O subxefe Provincial da Falanxe, Domingo Saavedra Sánchez, alegou que Delia carecía de antecedentes nos arquivos do servizo. [11] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración Xeral, “Expediente de Delia Osorio”, Sig. 42-08782-00017-0017.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Esta entrada é un estrato do estudo sobre as mestras en ATEO que estou a elaborar e que será publicado en breve. Publicación suxeita a rexistro da propiedade).



17 abril 2016

MONTSE MERINO

En agosto 2015, asistiu ao 8th Nordic Music Therapy Congress que se celebrou en Oslo, Noruega entre os días 5-8 de agosto, para presentar o seu MODELO CASA BAUBO. A&S. INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA EN MUSICOTERAPIA. Combina o seu labor de Presidenta da APM. Asociación Profesionais de Musicoterapia, España e Presidenta de AGAMUS, Asociación Galega de Musicoterapia para a difusión, consolidación e recoñecemento da profesión de musicoterapia en Galicia, España e Europa EMTC. European Music Therapy Confederation, co seu traballo de investigación científica en musicoterapia e neurociencias clínicas; profesora do Master de Medicamento Natural da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela USC, Destacando a súa faceta como intérprete vocal, no seu Proxecto Musical Sinestésico que propón novos paradigmas e a representación sonora das diferentes personalidades. Foi presentada en diversos espazos e escenarios como: Auditorio Municipal de Ourense, Escola de Verán de IMAP de Vitoria-Gasteiz;  Teatro Casino Liceo de Santoña, Ateneo de Santa Celoni, etc. Quixeron colaborar neste proxecto recoñecidos músicos, expertos improvisadores tales como: Enrique Oliver, Ton Risco,  Alejandro Vargas, Juan Carlos Sanmartín, Victor Correa, Voro García, Francisco García-Álvarez, Jordi Rossy, Albert Bover, Anton Jarl, Jordi Gaspar, Oriol Roca, entre outros.
No 9º Seminario de jazz e Música moderna de Alhaurín de la Torre, propón ao saxofonista Pablo García Veiga, director do Seminario e a EMMAT, un proxecto de colaboración experimental para que a figura do-a profesional da Musicoterapia, forme parte do equipo nos festivais, seminarios de jazz e outras Músicas, tamén como apoio ás necesidades propias das e os Músicos e intérpretes.
Organizou o 1º, 2º e 3º SIJMT, Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia 2013, 2014 e 2015, proxectos pioneiros e de formato orixinal. Nestes seminarios participaron e colaboraron prestixiosos Músicos tales como o histórico pioneiro da Musicoterapia, o Dr. Even Ruud, o lendario músico intérprete e compositor Jorge Rossy e o neurocientífico Dr. Robert Zatorre, ambos os profesores colaboradores en casa BAUBO. EIMMT.CEISH O  primeiro SIJMT celebrado en Ourense en setembro 2013, serviu como prólogo ao Máster en Musicoterapia de Galicia, que organiza a escola Casa Baubo. Formación en Musicoteraia recoñecida de Interese Científico, pola Consellería de Sanidade do goberno de Galicia; xunto coa formación Soando desde a Raíz

O SIJMT, Seminario Internacional de Jazz e Musicoterapia, foi apoiado-recoñecido de Interese Científico, polas Consellerías de Sanidade e Educación do goberno de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, dirixe o seu propio programa de tv dedicado á Música e a Musicoterapia. O recoñecemento do seu intenso labor profesional, serviulle para conseguir número de rexistro para a profesión da Musicoterapia para España no CNO. 


09 abril 2016

NEVES SEARA

Neves Seara (1983, Ourense), é licenciada en Belas
Artes pola Universodade Europea de Madrid, especialista en escenografía e tamén en museografía. Na actualidade traballa como docente en artes plásticas. Ten participado en diversas mostras colectivas, nalgún dos casos no estranxeiro: Vigo, Madrid, Córdoba, Bruxelas, Londres, Lisboa ou La Habana. As individuais teñen sido no Casino de La Toja e nas Galerías santiaguesas E48 e Metro. Destaca a súa obra 73 líneas de horizonte (segunda carta ao meu pai) na que a artista executa unha obra que consistía en ir arrabuñando a parede durante unha semana e o público podía facer un seguimento do proceso.

18 marzo 2016

MARÍA AUREA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Aurea nace o 16 de novembro de 1897 en Muntián, unha poboación do concello de Cartelle, na provincia de Ourense,  filla de José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez.
Aurea comeza a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez años, e como medio de vida para ela e os seus irmáns forma o grupo Os Maravillas obtendo enorme éxito alí onde actuaban. Logo de que os medios escritos resalten as excelencias do grupo, Aurea constitúe un novo grupo, Os Menores, e emigran a Argentina e, a partir de aquí, pouco máis se pode saber sobre Aurea. A última remite a unha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945. 

Descoñécese que fixo a partir deste momento, se volveu a Galicia ou onde faleceu.

El Correo de Galicia : órgano de la colectividad gallega en la República Argentina : Num. 1242 (10/11/1929)

Recollían os medios da prensa escrita que o grupo estaba dirixido por unha muller, Aurea, a quen cualificaban de "Reina de la gaita gallega":
"Que toca la primera gaita, con tal emoción, que mereció en Galicia y en Madrid el dictado de "Reina de la gaita gallega"; es una recia moza gallega, de pureza racial magnífica y con esa suave simpatía que nuestras santas mujeres copian del paisaje. Espectáculo, magnífico, emocional y bello, el de esta moza celta, terciando en sus hombros y acariciando sobre su pecho, el divino y milenario instrumento lírico de la raza: el instrumento que canta al sol en la jocunda alborada y que llora el dolor de la ausencia y de la partida"


Autor/a da biobibliografía: Milagros Bará Viñas publicado Album de mulleres 
Foto: idem
Resto de información foi investigada pola autora deste blog en hemerotecas e fontes diversas.

24 febrero 2016

MARISA ACEVEDO REGO
























O martes, 16 de febreiro de 2016, saíu na sección Historia en cuatro tiempos de La Región unha fotografía de hai cincuenta anos na que está  Marisa Acevedo posando coas súas compañeiras do equipo feminino de Balonvolea das Josefinas. Aparecen xunto á súa entrenadora Rosa Blanca Gómez Llamas. Dito equipo acudiu ao campionato Nacional a Madrid e Valladolid en 1966.
Para min é entrañable a fotografía pois Marisa Acevedo é unha magnífica profesora no IES Universidade Laboral no que imparte con profesionalidade Educación Física, indicando que a súa traxectoria viña moi ben trazada desde a súa mocidade. O primeiro trofeo que recibiu Marisa foi o de cross cando ela tiña quince anos. Estudaba no colexio das Josefinas e era entrenada por Rosa Gómez Llamas. Marisa levantábase ás cinco da mañá para poder entrenar antes de comezar as clases ás oito da mañá. A partir de aquí non había competición deportiva onde non figurase Marisa Acevedo, practicou volveibol, baloncesto, atletismo e hockey. Ela e as súas compañeiras de volveibol chegaron a ser campionas provinciais e foron a Madrid a xogar a final a nivel nacional.

Tamén foi unha das xogadoras do mítico Medina de Baloncesto que levaba o nome de Ourense por toda España.

Tras a súa etapa como deportista pasou a realizar tarefas de monitora sendo a preparadora do equipo de ximansia do Colexio Santo Ángel que chegou a ser campión de España en ximansia deportiva, certame do que conserva a copa gañada.

Dedicouse logo á docencia e tiven a fortuna de traballar no mesmo Instituto que ela, no IEs A Laboral. Podo dicir que foi unha das miñas mellores compañeiras pois sempre foi moi nobre e fiel aos seus principios. É un exemplo de profesionalidade e de persoa. 

Para min é Marisa, a miña compañeira e grande  amiga.

19 febrero 2016

AURORA BERNÁRDEZ NOVOA

Aurora Bernárdez Nóvoa naceu no barrio de Almagro en Bos Aires, Arxentina, o 23 de febreiro de 1920 e foi unha excepcional tradutora, editora, arquiveira e tamén unha escritora na súa lingua materna, o galego.
Aurora non naceu en Galicia pero as súas raíces familiares arrincan da comarca de Maside. Os seus país eran Francisco Bernárdez e Dolores Nóvoa nacidos no pobo de Maside que, como tantos galegos e galegas, formaron parte do grande fluxo de emigrantes galegos a Arxentina a comezos do século XX. Pero, aínda que Aurora foi filla da emigración, sempre tivo a referencia de Galicia xa que a súa infancia transcurríu entre Maside, Vigo e Lugo. Pero tamén trancurríu no seu barrio de Almagro en Bos Aires, na rúa da Independencia, nun apartamento de cinco habitacións e terraza no que viviu cos seus pais e os seus cinco irmáns. Un apartamento que daba á plazoleta onde ela acudía a xogar por tiña grandes árbores e onde era inmensamente feliz. A atracción polos libros e a lectura e influída polo seu irmán Francisco Luís que era vinte anos maior que ela e amigo de Borges e Onetti animaron a Aurora a licenciarse en Filosofía na Universidade de Bos Aires[1].

“Le dije a una amiga mía, Inés Malinow: ‘Mira, hay un escritor, salió un cuento de él muy bueno en La Nación, se llama ‘Casa tomada’. ¿Lo conoces? Yo no lo conozco. A mí me parece que es argentino. Español no es, ¿eh? Pero no sé’. Y me dijo ‘Ay, yo lo conozco. Es un muchacho muy alto, lo voy a ver el viernes próximo, ¿por qué no vienes?’. 

Fui. Y ahí nos conocimos”[2]. A súa grande amiga Inés Malinow, escritora e periodista, faloulle a Aurora de que coñecía a Julio Cortázar con quen coincidía en círculos culturais. Aurora quixo coñecelo e, daquela, Inés citou aos dous unha tarde de 1948 na Pastelería Boston para facer a presentación[3]. Cortázar aínda era un descoñecido no mundo literario pero entre eles comezou unha interesante relación e compenetración polas súas afinidades literarias. A cultura de Aurora xunto coa súa elegancia e carácter afable fixeron que comezaran a verse con frecuencia, converténdose, como dicía Saúl Yurkievich, poeta e crítico literario e amigo de ambos: “pareja amorosa que sabía como nadie enriquecer constantemente su complicidad”[4].

Pouco a pouco a relación foi sendo máis profunda e, en 1952, Aurora marchou a vivir a París con Cortázar que xa levaba alí un ano. Julio Cortázar sentía admiración por Aurora, tal como recoñeceu a amiga do escritor en París, Edith Aron. Cando Aurora chegou a París viviron nun modesto hotel e a súa vida tamén o era. Julio escribía e Aurora comezou a conseguir traballos de tradutora co que ían tirando. Proba disto é o relato de Aurora:”Comíamos kilos de papas fritas, hacíamos los bifes casi clandestinamente porque en la pieza del hotel no había cociña, ni se nos autorizaba a cocinar, abríamos la ventana del cuarto para que no humerara tanto”[5] .

En 1953, Aurora e Cortázar conseguiron un traballo na Unesco que consistía na tradución de proxectos pero non querían un traballo permanente xa que “precisaban moito tempo para ler e escribir”. Este feito foi chamativo e, segundo Mario Vargas Llosa: “aos funcionarios da UNESCO case lles dá un infarto”[6]. Este traballo permitiríalles viaxar polo mundo, ben por xunto ben por separado, como intérpretes e tradutores o que lles aportaba maior cosmopolitismo. Viaxaron a India e alí foi onde Aurora lle dixo a Cortázar: “Hai escaleras que sólo sirven para bajar” e esa ocurrencia aportou a Cortázar a idea de escribir o relato Instrucciones para subir una escalera[7]. Parece claro que Aurora era a musa de Cortázar, aínda que ela non fora a Maga de Rayuela xa que, segundo se di, esta figura puidera estar inspirada na súa amiga Edith Aron ou, como outros din, puidera ser moita xente.

Neste tempo a Universidade de Puerto Rico encargoulle a Cortázar a tradución das obras de Edgar Allan Poe e Aurora colaborará nese traballo que sería considerado polos críticos como unha das mellores traducións da obra do autor estadounidense. Grazas ás ganancias Cortázar mercou un vello galpón para vivir. Decidiron facer unha viaxe por Italia e residiron un tempo en Roma para regresar a París e contraer matrimonio polo civil o día 22 de agosto de 1953 no barrio parisino de Mairie.

A vida en París vaise afianzando máis e a finais dos anos 50 viviron nun apartamento da Rue Pierre Leroux onde Cortázar comezou a escribir a obra “Rayuela”. E nese proceso arrollador da escritura era Aurora, a súa querida Glop tal como el a chamaba, a que lle lembraba que tiña que comer e descansar. Aurora e Julio formaban un perfecto tándem e sempre dialogaban e disertaban sobre literatura dando mostras de que ambos os dous eran uns lectores empedernidos e grandes coñecedores das cuestión literarias.Tiñan unha relación complementaria, algo que para os seus máis achegados amigos era envexable. Mario Vargas dixo: “nunca dejó de maravillarme el espectáculo que significaba oír conversar y ver a Aurora y a Julio en tándem. Todos los demás parecíamos sobrar”[8]

A finais dos cincuenta Aurora trouxo a Cortázar a Galicia para ensinarlle as súas raíces e a súa terra e visitaron distintos lugares, Santiago, Ourense, Redondela, as rías…, soñando incluso Cortázar con pasar un tempo vivindo a xeito de Rousseau, dedicándose á pesca e a herborizar: “Creo que para mi el gran descubrimiento, por inesperado, fuel el paisaje. Cuando volvíamos de Santiago a León el tren anduvo toda la tarde junto al río Miño. Pegado a las ventanillas, no podía creer que eso fuera verdad. Comprendí de golpe la poesía galaico-portuguesa, esa presencia del verde, de los ríos, del égloga”.. escribíalle así unha carta o 27 de maio de 1956 ao seu amigo Jonquiéres a súa impresión sobre Galicia[9]

Tamén tomaría consciencia do idioma expresado á hora de anotar no caderno de Rayuela o nome do xogo en galego: Mariola. Así mesmo, recoñecería escritores galegos como Valle Inclán, Eduardo Blanco Amor, José Angel Valente, Ramón Chao, Neira Vilas...e iso grazas a que Aurora non rompeu nunca coas súas orixes. Foron os galegos quen primeiro repararon na calidade da obra de Cortázar, publicándolle relatos e encargándolle traballos de tradución para a editorial Nova. Todo isto débeselle a Aurora como tamén que o Centro Galego das Artes da Imaxe conteña desde 2006 un interesante arquivo fotográfico de Julio Cortázar. Foi, sen dúbida, unha contribución xenerosa e de incalculable valor para o estudo da figura de Cortázar[10].

Pero a unión do matrimonio comeza a rachar. Foi cando viaxaron a Cuba en 1963 e Cortázar comeza a sentir unha grande atracción por Cuba e pola visión revolucionaria do mundo, nembargantes, Aurora non sentira tal devoción e nunca se poría ao servizo dunha revolución política. Cando Cortázar foi invitado, de novo, para ir a Cuba, Aurora díxolle “para qué volver”. Comeza así unha crise e Cortázar viaxa sen ela a Cuba e coñece a Ugné Karvelis.

De volta, o matrimonio trasladouse en 1968 a vivir ao apartamento que tiñan en Provenza pero un mes despois deciden separarse. Aurora regresou a París e Cortázar permaneceu en Provenza. Estiveron separados sen divorciarse ata oito anos máis tarde cando Cortázar llo pide para casar con Carol Dunlop. Cando comezaron os trámites do divorcio debían xustificar un motivo e, entre os dous, pactan alegar que Aurora, ante as constantes ausencias de Julio ela decidiu viaxar a Bos Aires. Cortázar ao vir de viaxe e non atopala na casa, solicita o divorcio por abandono do fogar[11].

Pero o divorcio non supuxo unha separación en canto que sempre mantiveron unha moi respectuosa relación. O cariño sempre permaneceu. Cando Cortázar volveu casar, Aurora visitaba frecuentemente á parella e acompañou á Julio cando Carol faleceu. Ao pouco diagnosticáronlle a Cortázar leucemia, entón Aurora non se separou máis del. Coidouno ata que faleceu o 12 de febreiro de 1984 e acompañouno encabezando o cortexo fúnebre ata o cemiterio parisiense de Montparnase. Cortázar deixouna como herdeira e albacea de todos os seus documentos e escritos e Aurora preocupouse de difundir toda a obra e legado de Julio publicando os seus libros inéditos, manuscritos e cartas. Doou á Fundación March os catro mil libros que o escritor arxentino tiña na súa residencia en París e que incluían 350 traducións de libros de Cortázar, 150 de anotacións súas, 500 con dedicatorias dalgúns dos seus amigos, como Alberti, Goytisolo, Lezama Lima e outros tres mil moi diversos entre os que se atopan “La Odisea” e a maior parte dos escritos de Breton e Queneau[12].

Aurora viviría a maior parte da súa vida no número 9 da Place de Général Beuret de París, na Rive Gauche. A súa casa converteuse nun lugar de encontro cultural e a onde moitos querían acudir para falar pois con esa muller culta, amable e xenerosa.

Aurora converteuse na principal tradutora das obras de Cortázar a outras linguas. Facía o seu traballo desde a discreción e, tal como dicía Diego Tomasi: “Traducir es siempre una experiencia de la invisibilidad. El buen traductor resalta los valores del autor y resigna su lugar a un mínimo espacio”[13]. Converteuse nunha das mellores tradutoras dos clásicos do século XX labor que acometía de xeito perfeccionista facendo correccións de xeito insistente. Cambiou a vida de moitas persoas ao dar posibilidade de que os lectores de fala hispana leran autores como Flauber, Faulkner, Nabokov, Sartre, Beauvoir, Camus, Bowles, Calvino…traducía desde o francés, inglés, italiano…pois era unha grande políglota. Por iso foi merecedora do Diploma do Premio Konex ás letras en 1994.
O filólogo Carles Álvarez Garriga, colaborador de Aurora durante moitos anos, dicía dela que era excepcional, graciosa, perspicaz, alegre e vivaz. Garriga destacou que ademais de tradutora tamén foi inmensa a tarefa da publicación póstuma da obra de Julio Cortázar[14].

Aurora non publicou os seus propios textos pois priorizaba a obra de Cortázar, carecía de ego e vaidade. Pero o que Aurora deixou foi unha mostra da súa impresionante cultura. “Perché leggere i Classici de Calvino; La Nausée de Sartre; La Malentendu de Camus; Bouvard e Pécuchet de Flaubert; La Vieillesse de Beauvoir…títulos e máis títulos de traducións escrupulosas que falan por ela.
Deixounos o 8 de novembro de 2014 con 94. Aurora dicía que estaba feita de papel pero era tamén de ferro, non foi a Maga de Rayuela pero foi a súa musa. Muller miúda como reflexo da súa notable discreción. A súa vida nunca se baseou na imaxe pública vinculada á fama de Julio Cortázar, e de feito, sempre quixo pasar desapercibida: “Creo que siempre tuve una vocación de oscuridad y de secreto”, con esta frase remata o seu libro “El libro de Aurora” [15].


REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Álvarez Garriga, Carles, Cortázar de la A la Z, Madrid, Santillana (2014)
Bernárdez, Aurora , El libro de Aurora, Madrid, Alfaguara (2017)
Cortázar, Julio, Carta a los Jonquières, Madrid, Alfaguara (2010)
Fernández Naval, Francisco X. O soño galego de Julio Cortázar, Ourense, Linteo (2014)
Goloboff, Mario, Julio Cortázar. La biografía, Buenos Aires, Seix Barral, 1998.
Tomasi, Diego, Cortázar por Buenos Aires, Barcelona, Seix Barral (2013)


[1] Nataly Londoño, “La obra desconocida de Aurora Bernárdez”, https://pijaoeditores.com/ensayos/la-obra-desconocida-de-aurora-bernardez, consultado o 4 de abril de 2020.
[2] Idem.
[3] “Inés Malinow” https://es.wikipedia.org/wiki/In%C3%A9s_Malinow consultado o 3 de abril de 2020; “Aurora Bernárdez” https://es.wikipedia.org/wiki/Aurora_Bern%C3%A1rdez, consultado o 3 de abril de 2020. “Aurora Bernárdez, primera esposa y albacea de Cortázar” https://www.telam.com.ar/notas/201411/84436-aurora-bernardez-cortazar-paris-internada.html consultado o 3 de abril de 2020.
[4] Miguel Herráez, Julio Cortázar, una biografía revisada, (Barcelona, Alrevés, 2011); Carla Gasca, “Las mujeres de Julio”, https://infrarrojocultural.wordpress.com/2015/06/21/un-repaso-por-las-companeras-de-julio-cortazar/, consultado o 3 de abril de 2020.
[5] Mario Goloboff: Julio Cortázar. La biografía. (Buenos Aires: Seix Barral, 1998) 96
[6] “Aurora Bernárdez, el gran amor de Cortázar y la guardiana de su legado”, https://www.perfil.com/noticias/sociedad/aurora-bernardez-el-gran-amor-de-cortazar-y-la-guardiana-de-su-legado-1108-0050.phtml consultado o 3 de abril 2020.
[7] Juan Cruz, “Aurora Bernárdez escapa del silencio” https://elpais.com/cultura/2017/06/15/actualidad/1497555669_810337.html consultado o 4 de abril de 2020.
[8] “Aurora Bernárdez” https://es.wikipedia.org/wiki/Aurora_Bern%C3%A1rdez consultado o 3 de abril de 2020; “Aurora Bernárdez el gran amor de Cortázar” https://www.perfil.com/noticias/sociedad/aurora-bernardez-el-gran-amor-de-cortazar-y-la-guardiana-de-su-legado-1108-0050.phtml consultado o 3 de abril de 2020.
[9]Francisco X. Fernández Naval O soño galego de Julio Cortázar, (Ourense, Linteo, 2014); Julio Cortázar, Carta a los Jonquières, (Madrid, Alfaguara, 2010); “Una carta inédita de Cortázar muestra su pasión por Galicia” https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2006/03/30/carta-inedita-cortazar-muestra-pasion-galicia/0003_4647054.htm consultado o 4 de abril de 2020.
[10] https://cgai.xunta.gal/gl/search/node/aurora%20bern%C3%A1rdez%20language%3Agl%2Cund consultado o 4 de abril de 2020.
[11] Camilo Hoyos, “Tan pronto, Aurora (I)”, https://www.granta.com.es/2016/05/tan-pronto-aurora-i/ consultado o 4 de abril de 2020.
[12] Diario de Burgos, 14 de abril de 1993.
[13] Diego Tomasi, Cortázar por Buenos Aires (Barcelona, Seix Barral, 2013)
[14] Carles Álvarez Garriga, Cortázar de la A la Z, (Madrid, Santillana, 2014)
[15] Aurora Bernárdez, El libro de Aurora (Madrid, Alfaguara, 2017)

24 enero 2016

ELVIRA SANTALICES MUÑIZ


Elvira Santalices Muñiz naceu en Ribadavia en 1919. Era irmá do pretixioso médico oftalmólogo Faustino Santalices Muñiz, e filla do gaiteiro galego e investigador zanfonista Faustino Santalices Pérez. 

Así como seu irmán, Elvira tamén quixo realizar estudos superiores e estudou a carreira de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela onde consta matriculada no ano 1939 por oficial. 

Non cabe dúbida, que tamén se labrou un futuro prometedor. Traballou en Facenda Pública e residiu en Madrid onde faleceu en 2011.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento, Universidade de Vigo, 2006; El Correo gallego, 10 de agosto de 1939, p. 2.