Etiquetas

19 octubre 2015

MARÍA DE LOS ÁNGELES FERNÁNDEZ TOVAR

María de los Angeles Fernández Tovar, máis coñecida por Cuca Tovar, formaba parte do grupo de mulleres do MDM de Ourense, Movemento que se iniciou na provincia no ano 1975. Este grupo de, aproximadamente, vinte  mulleres reuníanse na Torre para abordar os temas políticos e relativos á muller. Anxeles Fernández era unha delas. A importanca de Ánxeles radica en que foi unha das impulsoras da recuperación da Memoria Histórica. Dedicouse a investigar sacando á luz os fusilamentos de republicanos en Ourense e que fixeron posible a colocación dun monumento conmemorativo no cemiterio de San Francisco.
Vid: Ourense dixital
Foto: Ourense dixital

No hay comentarios:

Publicar un comentario