Etiquetas

25 abril 2015

MARÍA LUÍSA ZARAUZA Y ANDINA

Era a filla de María Andina y Pérez-Vizcaíno e de N. Zarauza. María Luísa casou co marqués de Alta Gracia, Don Antonio Alés y Reinlen, que nacera en Madrid pero que  veu a Ourense como arquitecto.  Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense o 29 de agosto de 1959. Permaneceu no cargo até abril de 1970. Foi presidente do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1959-1970). Foi procurador en Cortes (1959-1970) en representación da Deputación de Ourense. Como arquitecto construíu o edificio A Torre de Ourense (1961). Recibiu a Gran Cruz de la Orden del Mérito civil en 1970.
María Luísa, Marquesa de Alta Gracia, foi a que patrocinou a publicación de Canciones Gallegas con 34 poemas musicados e cantados e que lle foi dedicado ao crítico ourensán Antonio Fernández Cid. O estreno foi o día 26 de xullo de 1958 con motivo da inauguración do Conservatorio de Música de Ourense.
Vid: CABAÑAS ALAMÁN, F. , Antón García Abril. Sonidos en libertad,  Ediciones del ICCMU, Madrid, 1993, p. 56.
Xenealoxía
Wikipedia Antonio Alés

No hay comentarios:

Publicar un comentario