Etiquetas

02 abril 2015

JOAQUINA RODRÍGUEZ CAMINERO

Joaquina Rodríguez Caminero naceu en Ourense no ano 1911 e era filla dun comerciante ourensán. Aos 11 anos, en 1922, inscríbese no Instituto Provincial de Ourense  (Ourense, 1911), onde realiza os seis cursos o primeiro pola opción libre os outros cinco pola opción oficial. Obtén unhas excelentes cualificacións, cunha media de notable alto. Adquire a titulación de bachiller en 1928 e solicita o Certificado para a Universidade de Santiago. En Santiago matricúlase, en 1929, na facultade de Filosofía e Letras. Realiza en Santiago catro cursos pola opción oficial obtendo unhas moi boas cualificacións cunha media de notable alto. En 1933 trasládase a Madrid e é bolseira na Residencia de Señoritas de Madrid.
Estamos ante unha muller con inquedanzas profesionais e unha máis das nosas pioneiras. Joaquina era irmá de Pilar Rodríguez Caminero que tamén se contempla neste blog.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156
Vid: http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=211

No hay comentarios:

Publicar un comentario