Etiquetas

23 noviembre 2014

CLAUDIA GÓMEZ FERNÁNDEZ

Nacida en Ourense no ano 1958. Claudia é unha pintora autodidacta algo que lle confire personalidade e liberdade á hora de pintar. Non obstante  séntese inspirada por Kandinsky e o gótico e mestres de Renacemento. O seu éxito está en crear traballos emocionais. O seu aceite e os acrílicos sutilmente expresan os cambios que as persoas experimentamos. As cores serven para  reflectir expresividade e emocións.
Estivo un tempo en Nova York e actualmente reside en Madrid onde levou a cabo importantes exposicións: "Un puente de color entre dos mundos" "Esencia de la abstración".

Vid: http://www.agora-gallery.com/jap/artistpage/Claudia_Gomez.aspx
http://pinturaytradicion.blogspot.com.es/

07 noviembre 2014

YOLANDA LÓPEZ LÓPEZ

Digna de mención neste blog é Yolanda López López que presenta un suntuoso currículo. Yolanda, muller polifacética, naceu en Ourense en 1976. 
É funcionaria de carreira na Administración de Xustiza (Fiscalía de Madrid). Licenciada en Filoloxía inglesa, técnica en turismo, tradutora literaria (Shakespeare, Plath, Brönte, Whitman, etc) e pintora pola Deputación de Ourense e polo Centro Dotacional de Arganzuela de Madrid, adicouse ao ensino medio e universitario.
Realizou o DEA, o doutoramento e a tesiña de licenciatura sobre a identidade individual e colectiva na obra da escritora sureña Eudora Welty. Foi investigadora nas universidades da USC,  A Coruña, Castilla-La Mancha, Birmingham –UK-, Virginia e Mississippi–USA- e no Centro Ramón Piñeiro, onde colaborou con diferentes ponencias e artigos de ensaio.
É autora dos poemarios individuais premiados Verdugos impolutos (Concello de Rábade, 2005), Obertura sen heroe (Follas Novas, 2006), Grietas (Visión Libros, Madrid, 2012), Temblor fiero (Lastura, Madrid, 2013), Moralla (Follas Novas, 2013) e Tántalo (Xunta de Galicia e Concello de Negreira, 2014). Nos vindeiros anos saíran do prelo poemarios seus na prestixiosa editorial madrileña Huerga & Fierro.
Galardoada con premios literarios en Galicia e o resto da península, Suso Vaamonde, Rosalía de Castro de Cornellá en dúas ocasións, Aurelio Aguirre, Antón Tovar, Xosé Neira Vilas, Fundacion CEPAIM para a solidaridade, mención de honra do Manuel Oreste Rodríguez, I Premio Manuel María da Casa de Galicia de Guipúzcoa, accesit do Picapedreros da revista La Oca Loca, ou o Manuel López Ardeiro, textos da súa autoría aparecen nos libros colectivos Ás aforas do soño (Casa da Gramática, 2005), Homenaxe dos poetas galegos a F. G. Lorca (Xerais, 2006), Catálogo Rede Natura de ADEGA (Xunta,2007), Implícate na palabra: Poetas galegas e tamiles (Implicadas/os no desenvolvemento, Galaxia, 2007), Uxío Novoneyra: A emoción da terra (AELG, 2007), Letras novas (AELG, 2008),  Filografía (Lastura, 2013),  Angrois (Xacobeo, 2014), Poekas: De Vallecas al verso (Lastura, 2014) e O soño galego de Julio Cortázar e (Linteo, 2014).
Publicou poemas, relatos e artigos de opinión en xornais e revistas literarias (Boletín literario da USC, La voz de Galicia, La Región, Galicia Hoxe, Xistral, Dorna, A xanela, Saudade, Lúa nova, Madrygal).
Colaborou no equipo de traballo do manual Niveis de Competencia en Lingua Galega (Xunta, 2006).
Forma parte do programa de recitais Poesía Nova da Comunidade de Madrid. Participou en recitais benéficos e en homenaxes a intelectuais. Impartiu obradoiros literarios e foi membro xurado de certames para mozos. Participou en espectáculos de poesía, pintura, fotografía, música e danza oriental.

Forma parte dos grupos literarios Bilbao e Poekas de Vallecas de Madrid.