Dorita Saavedra naceu en Ourense pero pouco máis sabemos da súa biografía. Rafael Salgado menciónaa no seu estupendo blog Ourense no tempo e agardo que entre os dous descubramos máis desta artista, da que aínda se sabe pouco. E é que a vida do espectáculo facía que as artistas residisen en diversos lugares e por tempadas. De momento, dicir, que a súa maior parte transcurriu en A Coruña onde actuaba no Teatro Paris e tamén no teatro Jofre de Ferrol nos anos centrais da segunda década do século XX. Dorita, como cupletista, interpretaba cancións de asunto lixeiro (de aí que se lle denominara a estas mulleres calzonetistas) e cambiaba frecuentemente de vestiario (de aí a denominación de transformación). A maioría das cupletistas da época facíanse publicidade nas revistas culturais indicando que eran calzonetistas a transformación para seren contratadas nos cafés e teatros.
Vid: Eco Artístico, Madrid, 15 diciembre, 1914. Biblioteca Nacional. (Foto)
Ourense no tempo
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
31 octubre 2014
30 octubre 2014
MERCEDES BAIGET ÁLVAREZ
Naceu en Ourense o 24 de setembro de 1911 no seu dunha familia de nivel económico acomodado. Realizados os estudos primarios, matricúlase no Instituto Provincial no ano 1923 cando tiña 12 anos. Realizará os seis cursos, o primeiro pola opción libre e os cinco restantes por oficial. As cualificacións que obtivo foron brillantes obtendo premio en gran parte das materias.
Unha vez acadado o título de bacharelato, trasládase á Normal de Ourense en 1928 onde se titula en maxisterio. Ocupou praza en Casasoá en Xunqueira de Ambía, en Santás no concello de Taboadela.
Casou en xuño de 1944 con Manuel Martín o fabricante de Anís Compostelano e propietario da fábrica licores.
Continuou formándose e realizou os cursos 7º e 8º en 1967 na Normal de Ourense para especializarse en Ciencias.
Para a realización destes cursos debían reunir unha serie de requisitos. Na imaxe que se acompaña pode verse a convocatoria.
Vid: Tese inédita. Cid Galante, R. e Benso Calvo, C., “Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)” Historia de la Educación, 26, 2007, pp. 437-470
Etiquetas:
B,
Bachillera de comezos de século XX,
Docente,
Pioneiras
19 octubre 2014
MARÍA ASUNCIÓN BONET CORREA
Era pintora que asinou os seus cadros como "Choncha Bonet". Naceu na Coruña
o 22 de Abril de 1922 na Praza de Pontevedra na casa dos seus pais o Comandante
de Intendencia Militar e pintor por afección D. José Bonet Peñalver e de
Asunción Correa Calderón escritora e nai de familia proveniente dunha
tradicional familia galega de hijosdalgos lucenses que probaron nobreza en 1507
en Lugo, Galicia. Por parte do seu pai era neta do gobernador militar de
Ourense e Coronel da Garda Civil, D. José Bonet Portell .
Choncha, autodidacta, aprendeu de nena vendo pintar ao seu pai. O brillante
exemplo do pai de Choncha, José Bonet Peñalver, que nos seus momentos libres
pintaba cadros ao estilo da época, impresionistas, e outras veces clásicos
copiando obras do Museo do Prado, demostran a fonda madurez como pintor á que
chegara e que impulsou con máis forza aínda a vontade e imaxinación de
Choncha a seguir os seus pasos na pintura.
Na súa mocidade, Choncha coñeceu moitos lugares de Galicia. Primeiro foi A Coruña, despois Lugo, veraneou xunto aos seus pais en Foz, visitou a familiares, como era o caso das súas curmás no pazo de Reza nos arredores de Ourense, participando nas festas da vendima do mesmo. Ao final coñeceu Pontevedra viaxando a Panxón e Baiona. A súa curmá Ana María Deza Bonet fué a súa compañeira de xogos nos días felices da nenez en Reza.
Na súa mocidade, Choncha coñeceu moitos lugares de Galicia. Primeiro foi A Coruña, despois Lugo, veraneou xunto aos seus pais en Foz, visitou a familiares, como era o caso das súas curmás no pazo de Reza nos arredores de Ourense, participando nas festas da vendima do mesmo. Ao final coñeceu Pontevedra viaxando a Panxón e Baiona. A súa curmá Ana María Deza Bonet fué a súa compañeira de xogos nos días felices da nenez en Reza.
Asunción Bonet expuxo por primeira
vez no ano 1954 no Círculo de Belas Artes de Lugo, onde obtivo unha mención
honorífica na exposición para artistas noveis. En 1958 desprázase a
Roma a casa do seu irmán Pepe e logo con el viviría en Roma para pintar os seus
primeiros cadros da súa serie romana. Alí atopou unha luz que reflectiu nos
seus cadros e que contrasta radicalmente cos galegos. Á súa volta en 1959,
fanse eco das súas obras J. Antón no xornal O Progreso, Amadeo Varela en La Voz
de Galicia e Federico Carlos Gasalla na Noite. Empezan entón frutíferos anos de
intensa produción artística. Choncha non para de viaxar e pintar. Non hai
recuncho pintoresco de Galicia que non visite e retrate. Empeza a facer
regularmente exposicións en galerías de arte e moitísimas familias
especialmente da Coruña adquiren as súas paisaxes, carruseis, palcos de música,
procesións e até festas no Parque do Recheo (Xardíns de Méndez Núñez),
concertos (como o do ao aire libre en Pontevedra ou na Coruña), etc. Pronto a
descubriron os críticos de arte e os vellos mestres como Vázquez Díaz que a
eloxiou ao ver a súa exposición no Círculo de Belas Artes de Madrid. Pero quizais
o seu eloxio máis honesto foi o do Marqués de Lozoya. Tamén viaxou máis dunha
vez a París onde admirou os artistas impresionistas e frutificou unha das súas
mellores etapas como pintora. Fixo cadros do Barrio Latino, do Montmartre coa
basílica do Sacré Coeur, de escenas de rúas pintorescas e dentro dun estilo moi
depurado e áxil á vez. Seguiron outras etapas que coa madurez gañaron en
detalles e desenvolvendo un estilo semellante ao naif pero sempre moi persoal e
inxenuo. Fixo exposicións cada certo tempo en Madrid e na Coruña, sendo a
exposición de setembro de 1993 nos salóns do concello da Coruña a época de máximo esplendor dentro da súa
carreira artística. Envorcouse en cadros
que reflectían o relixioso do seu Galicia natal aínda que tamén produciu
mariñas, paisaxes, festas, carruseis, palcos de música e até entroidos. As súas
características máscaras de Verín retratando o entroido ourensán, achegábaa
moito ao seu admirado Gutiérrrez Solaina. Tamén fixo un cadro do mítico café
Xixón de Madrid aínda que baleiro de intelectuais e cheo dun pobo alegre e
desenfadado.
Así pois, e resumindo podemos dicir que despois da primeira etapa galaica vai a Madrid, logo Roma, ambos cunha gama
de cores nova e máis luminosa, Choncha domina as masas, retrata sen medo a
grupos de persoas. A continuación París que alcanza unha soltura total no
impresionismo e pálpase que estudou a Manet, Monet e Van Gogh aos que admira na
súa obra. Posteriormente vén unha longa etapa galega con cadros intercalados de
Madrid que evocan un xiro cara a un maior detalle e unha paleta aínda máis
colorida achegándose moito a un estilo naif pero sen selo, xa que os trazos
impresionistas non os perde nunca, e alcanza algo así como un ingenuismo
personalísimo.
10 octubre 2014
GILL BIRD
Gill é pintora e aínda que nacida en Gales leva residindo en Ourense case corenta anos pois leva vivindo aquí desde 1977. Na galería e repartidas por toda a casa, hai unha colección de óleos e pasteis da pintora Gill Bird, propietaria da Casa Grande de Soutullo. Nada en Cardiff, País de Gales, Licenciada en Inglés e Belas Artes pola Universidade de Manchester.
Exposiciones Colectivas: Chapter Arts Centre, Cardiff (1972- 1977). Mulleres Pintoras Ourensás. Museo Municipal, Ourense (1995).
Exposicións Individuais: Aula Caixa Galicia. Celanova (1997) Aula Caixa Galicia. Barco de Valdeorras (1997) Studio 34. Ourense (1998) A Fábrica, Allariz (2000) Casa da Cultura, Xinzo de Limia (2000) Casa Grande de Soutullo. Exposición Permanente (2000-2014)
Exposiciones Colectivas: Chapter Arts Centre, Cardiff (1972- 1977). Mulleres Pintoras Ourensás. Museo Municipal, Ourense (1995).
Exposicións Individuais: Aula Caixa Galicia. Celanova (1997) Aula Caixa Galicia. Barco de Valdeorras (1997) Studio 34. Ourense (1998) A Fábrica, Allariz (2000) Casa da Cultura, Xinzo de Limia (2000) Casa Grande de Soutullo. Exposición Permanente (2000-2014)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)