Etiquetas

12 agosto 2014

MILAGROS CAIÑA-ANDREE

Nada en Ourense, os seus país emigraron a Alemaña a finais dos anos sesenta. Alí atoparon mellores perspectivas para os seus fillos e tamén para si
mesmos.
Ao longo da súa carreira profesional traballou en diversos ámbitos dos recursos humanos.
Entre outras responsabilidades, estivo a cargo dos directivos da Deutsche Bahn e foi membro da Xunta Directiva da súa subsidiaria de loxística Schenker AG. Desde xullo de 2012, é membro da Xunta Directiva de BMW Group, como responsable de persoal e materia social, mantemento e xestión enerxética.
Milagres Caiña Andree chegou a Alemaña sendo moi nova pero aínda así recibiu unha educación bilingüe.

Para ela os fitos da súa traxectoria profesional foron precisamente aqueles nos que deu un paso adiante en responsabilidade. Por exemplo, cando con trinta e seis anos entrou na Xunta Directiva de Vossloh AG como responsable de persoal; máis adiante, cando tivo a oportunidade de marcar o camiño que se debía seguir nunha compañía do tamaño da Deutsche Bahn. Pero definitivamente, BMW Group ocupa un lugar privilexiado na percepción da súa carreira.

02 agosto 2014

ADELA VILA CANEDA

A nosa poetisa nace en Ourense. Desde 1979 ata a actualidade non deixou de formarse. Destacamos os seus estudos de Economía na Universidade Autónoma de Madrid. Humanidades na Universitat Oberta de Catalunya. Na Universidade de Illinois un seminario de Banco de Eventos de Interacción Internacional do Sistema do Mediterráneo Occidental. No Ministerio de Defensa cursos de Sistema Operativo ONIX, Ofimática, e Protocolo e Psicoloxía Social, entro outros.
En maio de 2005, con motivo dunha viaxe a África, namorouse de Gran Canaria. Viu que era o lugar paradisíaco para levar a cabo o seu proxecto de vida: a poesía. Desde a devandita data participou en numerosos actos culturais organizados por distintas Administracións, así como por Fundacións e Asociacións culturais e literarias.
Publicou Simples palabras. Vuelo de palabras e En tres palabras. En Editorial Nuevos Autores.
Naces de palabras. Canal de palabras e o seu último libro en 2010 Salto de palabras foron publicados pola Editorial Beginbook (Anroart) e ilustrados por D. Francisco Lezcano Lezcano.
Actualmente reside en Casablanca (Marrocos)
Vid: Arte Vivo