Etiquetas

20 julio 2014

ESTRELLA MARTÍN MOURIÑO

Estrella naceu en Ourense en 1890 e cando tiña 18 anos, no ano 1908, matricúlase na Escola Normal de Ourense sita neste ano no Instituto Provincial de Ourense.  O seu pai era propietario, entendendo por esta significación, que era dono de terras adicadas á agricultura e cultivadas a xornal. Estrella realizou dous cursos (ata 1910) por libre, matriculándose en 13 materias nas que acadou boas cualificacións.  Para finalizar os estudos trasladouse á Escola Normal de Zamora.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930).

No hay comentarios:

Publicar un comentario