Emilia naceu en Ourenseen 1972. É licenciada en Deseño, Escola Superior de Moda de Madrid. É unha fantástica artista plástica. Formouse como escultora no Taller de Escultura de Hipólito Hidalgo de Caviedes, na Escola de Artes Aplicadas eOficios Artísticos de Madrid, Taller á Pedra, na Academia de Arte Artium Peña e no Estudo do Pintor José Barranco, Madrid. Destaca a súa obra das Geishas; Mundo Recosido cheas de gran expreionismo.
As súas exposicións foron:
2014. Galería Juan Manuel Lumbreras, Bilbao
2014. Fundación Antonio Pérez, Centro de Arte Contemporáneo, Cuenca
2013. Sala Kutxa Boulevard, San Sebastián
2013. Centro Cultural Villa de Móstoles, Ayuntamiento de Móstoles, Madrid
2012. Sala Luis de Aujuria, Vital Kutxa, Vitoria-Gasteiz
2012. Colegio de Ingenieros Industriales de Aragón y La Rioja, Logroño
2011. Centro Cultural La Casa Elizalde, Ayuntamiento de Barcelona
2011. Sala Torrene Aretoa, Ayuntamiento de Getxo, Bilbao
2010. Sala Caja Burgos, Miranda de Ebro, Burgos
2010. Sala Caja Duero, Palacio del Almirante, Medina del Campo, Valladolid
2010. Centro Cultural Hispano Japonés, Universidad de Salamanca
2009. ‘Ecos do Pasado’. Centro Cultural Deputacion de Ourense, Fundación Caixa Galicia
2008. ‘Ojo de Mar’. Casa De Galicia, Xunta de Galicia, Madrid
2001. Galeria Kreisler, Madrid
1998. Galeria Kreisler, Madrid
COLECTIVAS / COLLECTIVE
2009. Club del Libro en Español, “Homage to José María Sert”, Palacio de Naciones, Ginebra, Suiza.
Vid: Emilia Enríquez
Foto: Diario Vasco
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
23 julio 2014
20 julio 2014
ELENA CORTIZAS FIGUEROA
Naceu en 1918 e finou en Redondela en 1988. Estudou na Escola Normal de Pontevedra. En 1947 consta que estaba exercendo como mestra na escola de Valbuena de Pisuerga en Palencia e ese ano déronlle destino na escola de Balde en Carballeda de Avia, Ourense.
Despois de pasar por outras escolas chegou de novo a Redondela en 1971.
Vid: Méndez Lois, Mº J. (coord.) Mulleres na Educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, Santiago, 2009, p. 79.
ESTRELLA MARTÍN MOURIÑO
Estrella naceu en Ourense o 6 de xuño de 1890 e cando tiña 18 anos, no ano 1908, matricúlase na Escola Normal de Ourense sita neste ano no Instituto Provincial de Ourense. O seu pai era propietario, entendendo por esta significación, que era dono de terras adicadas á agricultura e cultivadas a xornal. O seu irmán, Angel Martín, era capitán de infantería.
Estrella realizou dous cursos (ata 1910) por libre, matriculándose en 13 materias nas que acadou boas cualificacións. Para finalizar os estudos de grao elemental trasladouse á Escola Normal de Zamora.
Casou co viaxante de licores de Jerez o madrileño Alvaro Sierra e o matrimonio residiu na capital onde rexentaban un negocio.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)