Etiquetas

24 mayo 2014

ROSA GÓMEZ LIMIA

Digna é de destacar neste blog a Rosa Gómez Limia pola súa traxectoria política pero tamén cultural e iso fai que non nos pase desapercibida xa que as súas inquedanzas foron facéndose realidade. Nace en Barbantes (Ourense) o 2 de febreiro de 1943. Tras a morte do seu pai ingresa con tan só 10 anos no Colexio de Orfos de Ferroviarios de Palencia onde permanecerá os 8 anos seguintes. Titúlase como Perito Mercantil pola Escola de Altos Estudos Mercantiles de Bilbao, 1961. Tamén obtén o título de Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación. Universidade de Santiago de Compostela, 2002. É nai dunha filla e dun fillo.

ÁMBITO POLÍTICO

En 1979 encabeza a candidatura do PSdG Psoe ás Eleccións Municipais no Concello de Mugardos onde pasa a xestionar a 1ª tenencia de alcaldía, así como, as comisións de Cultura, Ensino, Deportes e Facenda. Neste ano tan só dúas mulleres encabezaron listas en toda a provincia da Coruña. Repite experiencia nas convocatorias electorais de 1983 e 1987.
Do seu labor municipal destaca a organización, durante catro anos consecutivos, das Xornadas Municipais de Pedagoxía, experiencia pioneira no campo do ensino. Tamén impulsa e recolle tradicións municipais do concello de Mugardos como o Voto de Chanteiro e da Nosa Señora de Lodairo en San Xoan.
1981 Ten lugar a inauguración da primeira Biblioteca Municipal, proxecto longamente desexado pola cidadanía mugardesa.
Como concelleira da Mancomunidade Cultural de Municipios de Ferrolterra, impulsa a organización da Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós, experiencia que durante varios anos trouxo a Galicia grupos teatrais de distintos puntos de galicia, España e Portugal.
En 1979 crea a Escola Municipal de Teatro, a Escola de Pintura Ramón Piñeiro, a Escola de Baile Galego e a Escola de Gaitas do Concello de Mugardos.
Na Segunda Lexislatura Autonómica ocupa un posto como parlamentaria, sendo a primeira muller de esquerdas que ocupa un escano no ente autonómico.
No ano 1980 é elexida membra da Executiva Comarcal do PSdG-PSOE en Ferrolterra.
Durante os anos 1982-1988 é membra da Executiva Nacional Galega do PSdG-PSOE. Dende aquí traballa para conquerir unha maior participación das mulleres no partido, contribuíndo á creación da Secretaría da Mullere, e a obriga de inclusión dun 25% como mínimo de mulleres nas listas electorais, así como a creación da Concellaría da Muller nos distintos   municipios.
No 2011 interrompe a súa militancia política para ocupar o posto de Xuíza de Paz do Concello de Teo.
ASOCIACIONISMO
En 1974 participa na creación da Asociación de Veciños Montefaro de Mugardos e entra tamén a formar parte da directiva da Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Público Catro Camiños.
Do seu labor nas dúas asociacións destaca como salientable a organización dos Xogos Florais Mugardeses e a edición periódica de boletíns informativos á cidadanía.
En 1985 é elexida para presidir a Federación Galega de Mulleres Progresistas.
No 2000 trasládase a vivir a Teo onde continúa o seu activismo no ámbito do asociacionismo.
No ano 2002, colabora na fundación da Asociación Iniciativa Cidadá por Teo  co obxectivo de promover ideas para mellorala convivencia e participación cidadá,
No 2004 xunto a un pequeño grupo de mulleres e homes, crea a Asociación Teenses Pola Igualdade, organización sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico. Teenses é unha iniciativa pioneira en Galicia ao incorporar homes á loita pola igualdade de xénero. Ata a actualidade desenvolve o cargo de Presidenta.

PUBLICACIÓNS E ACTIVIDADE PERIODÍSTICA

§  Boletín Informativo do Colexio Unión Mugardesa. 1972-1974
§  Boletín Informativo da AAVV Montefaro de Mugardos, 1974,75,76
§  1979 Con motivo da celebración do 1ºAno Internacional do neno edítase e publícase o Boletin Informativo sobre os Dereitos dos  Nenos Concello de Mugardos
§  Historia do Voto de Chanteiro. Editado polo concello de Mugardos, 1982
§  A Prostitución, un problema sen resolver. Editado por UGT. Madrid, 1985
§  Traballo de campo sobre a Prostitución en Galicia para o Ministerio de Cultura. Madrid, 1985
§  Da Facultade ó Mercado Laboral. Investigación das saídas profesionais da licenciatura de Xornalismo dende (1995/2002)- Miguel Túñez, Marcos Pena e Rosa Gómez Limia Editado pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2003
§  2.004 Realiza varias entrevistas a perxoeiros do mundo da hostelería para a Revista de Antiguos Alumnos do Centro Superior de Hotelería de Galicia. Recorda especialmente a realizada ao chef vasco Xosé María Arzak.
§  Dirixe a publicación da Revista medio ambiental Ambienteo (6 números), publicación que ten como  obxectivo concienciar a cidadanía sobre a urxente necesidade de preservar e conservar o medio ambiente. Teo, 2006- 2009.
§  100 Mulleres Galegas Artistas Emerxentes- Editada pola Asociación Teenses Pola Igualdade. Teo, 2010
§  E autora de numerosos artigos de opinión publicados en Ferrol Diario, O Correo Galego, e a Voz de Galicia, entre outros
§  Participou como xornalista no programa Doa a Doa da TVG, así como, nunha serie de entrevistas a mulleres peculiares para o xornal O Correo Galego.
§  Como feminista ten impartido conferencias e charlas, así como participado en numerosas mesas redondas tanto dentro como fora de Galicia.
§  Ten dous blogs: “Mulleres en pé” e “rosanei” onde escribe regularmente sobre as súas inquedanzas sociais, políticas e feministas.
§  Poemario: Escolma dos meus poemas Armiño, pendente de editar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario