Etiquetas

25 mayo 2014

SOLEDAD BLANCO FERNÁNDEZ

Este blog, como sempre digo, é de todos/as e para todos/as. E digo isto porque me fan chegar información persoas estupendas ofrecéndome o seu coñecemento para os demais como é o caso de  Arturo Rodríguez Vispo que, non sendo a primeira vez, envíame información da artista Soledad Blanco Fernández e indica o seguinte.
Naceu o día 8 de decembro do 1956 en Ourense. Xa de moi cativa recibiu clases de pintura da man do pintor de orixe vasca, Luciano Cárcamo Uranga. Con tan só oito anos a súa familia trasladouse a Madrid, onde estudou bacharelato e fixo COU. Contra a opinión da súa nai que elixira pra ela a carreira de Belas Artes, matriculouse en Dereito que rematará no ano de 1978. Colexiada coma avogada en Madrid, case non chegou a exercer, pois non se sentía identificada coa profesión. Despois dun tempo con problemas de saúde retoma a súa formación artística na Academia Peña de Madrid, formación que se continúa na Academia Jerez con clases de técnica do repuxado de estaño e prata, e máis  de pintura sobre táboa na especialidade da iconografía bizantina, que posteriormente perfeccionou baixo a dirección do profesor Antonio Cortés, convertendo os iconos e maila pintura relixiosa nun dos referentes da súa obra. Pertenceu ó Gremio de Artesáns de Madrid durante doce anos e simultaneou o seu traballo coma docente coa súa preparación coma ceramista na Escola Madrileña de Cerámica da Moncloa a partires de 1986, ano en que faleceu seu pai e ten lugar a súa primeira exposición individual no Liceo de Ourense. Adéstrase coma acuarelista no obradoiro do matrimonio, Manuel Lamadrid y Carmen Vera Callejo, e coma restauradora e especialista en dourados co profesor Julián F. Picazo. O amor pola súa terra que inculcou nela o seu pai, tódolos veráns na Santa Comba de Bande dos seus ancestros, fixo que no 2003 fundase nos baixos da antiga casa familiar o “Museo dos Iconos” con máis de cen obras da súa autoría. Pouco tempo antes de voltar a Ourense definitivamente recibe novas clases de cerámica do profesor Julio Carrascal e xa no 2008 realizou un Curso de Postgrado sobre “Conservación y Restauración de Imaginería Policroma y Dorada. S. XII – XVIII”, impartido no Centro Técnico San Martín de Ourense, en colaboración coa Fundación Santa María Nai coa calificación de sobresaínte. Aveciñada en Santa Comba de Bande dende o 2006 resume a súa vida expresando o seu agradecemento por ”el don maravilloso de poder expresar la belleza través de mis manos, ya sea dibujando, pintando, dorando o repujando”.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
  • Dende 1982 a 1988, profesora de repuxados de estaño e prata e máis pintura de iconos  na Academia Estudio-Artesanía de Madrid.
  • De 1991 a 2002, profesora de repuxado e pintura na empresa Art-Stij e nos centros culturais de “La Remonta” (distrito de Tetuán) e “Clara del Rey” (distrito Centro), no Concello de Madrid.
  • Doación do retábulo lateral da iglesia parroquial de Santa Comba de Bande, ano 2002, e restauración das tres imaxes que contén.
  • Pintura relixiosa e iconos: Icono da Virxe da Tenrura prá parroquia de San Bruno de Madrid no ano 2005; pintura no sagrario do Altar Maior da igrexa parroquial de Santa Comba de Bande no 2003.
  • Restauración do retábulo da capela de Sarreaus de Bande, ano 2007.
  • Tamén no 2007 restauración do retábulo da capela de Martiñán, Bande, e cinco imaxes da dita capela.
  • No 2009 restauración do retábulo da capela de Loeda, Bande. Tamén restaurouse a imaxe de Deus Padre que preside o dito retábulo.
EXPOSICIÓNS
1984. Exposición colectiva co Obradoiro de Alumnos de Antonio Cortés, profesor de iconos. Librería Alemana. Madrid.
1986. Decembro. Exposición no Claustro do Liceo-Recreo Ourensano. Ourense.
1987. Avril. Exposición no Centro Galego de Madrid.
1987. Decembro. Exposición colectiva  co Gremio de Artesáns de Madrid  na Feira de Artesanía de Zaragoza.
1988. Outubro. Exposición colectiva co Gremio de Artesáns de Madrid no Aeroporto de Barajas.
1991. Xuño. Exposición no Centro Cultural “Julio Cortazar” da Junta Municipal de Moncloa. Ayuntamiento de Madrid.
1991. Outubro. Exposición na Sala da Caixa de Aforros de Avila. Arenas de San Pedro.
1992. Xuño. Exposición na Sala da Caixa de Aforros de Cuenca/Ciudad Real. Cuenca.
1994. Decembro. Exposiición Sala de Mostras do Colexio Marista de Chamberí en Madrid.
1999. Decembro. Exposición no Claustro del Liceo-Recreo Ourensano. Ourense.
2003. Xullo. Inauguración do Museo-Exposición permanente, coñecido coma “Museo dos Iconos”, xunto á igrexa visigótica de Santa Comba de Bande.
2004. Agosto. Exposición de acuarelas. Sala de Exposicións do Antigo Cárcere do Concello de Celanova.
2004. Outubro. Alcalá de Henares. Exposición colectiva incluída no Congreso Internacional de Arte Sacro (Fundación Félix Granda).
2004. Decembro. Exposición de acuarelas no Café Bar  “La Fábrica” de Allariz.
2009. Exposicións de acuarelas: Marzo, na torre de Vilanova dos Infantes, (Celanova). Avril, aldea do Couso, (Sarreaus). En Maio/Xuño, sala da Casa de Cultura de Xinzo.
2010. Maio. Exposición de Iconos e máis Acuarelas na Sala de Exposicións do Pazo de Mos, (Pontevedra).
2010. Xuño. Exposición de Iconos en Viveiro, Lugo. Centro Comarcal da Mariña Occidental.
2014. Febreiro. Exposición de pintura relixiosa, iconos e traballos de repuxado de estaño e prata sobre madeira no Espazo Cultural elcercano.com de Ourense.
Foto de: Dende a Limia.com

24 mayo 2014

ROSA GÓMEZ LIMIA

Digna é de destacar neste blog a Rosa Gómez Limia pola súa traxectoria política pero tamén cultural e iso fai que non nos pase desapercibida xa que as súas inquedanzas foron facéndose realidade. Nace en Barbantes (Ourense) o 2 de febreiro de 1943. Tras a morte do seu pai ingresa con tan só 10 anos no Colexio de Orfos de Ferroviarios de Palencia onde permanecerá os 8 anos seguintes. Titúlase como Perito Mercantil pola Escola de Altos Estudos Mercantiles de Bilbao, 1961. Tamén obtén o título de Licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación. Universidade de Santiago de Compostela, 2002. É nai dunha filla e dun fillo.

ÁMBITO POLÍTICO

En 1979 encabeza a candidatura do PSdG Psoe ás Eleccións Municipais no Concello de Mugardos onde pasa a xestionar a 1ª tenencia de alcaldía, así como, as comisións de Cultura, Ensino, Deportes e Facenda. Neste ano tan só dúas mulleres encabezaron listas en toda a provincia da Coruña. Repite experiencia nas convocatorias electorais de 1983 e 1987.
Do seu labor municipal destaca a organización, durante catro anos consecutivos, das Xornadas Municipais de Pedagoxía, experiencia pioneira no campo do ensino. Tamén impulsa e recolle tradicións municipais do concello de Mugardos como o Voto de Chanteiro e da Nosa Señora de Lodairo en San Xoan.
1981 Ten lugar a inauguración da primeira Biblioteca Municipal, proxecto longamente desexado pola cidadanía mugardesa.
Como concelleira da Mancomunidade Cultural de Municipios de Ferrolterra, impulsa a organización da Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós, experiencia que durante varios anos trouxo a Galicia grupos teatrais de distintos puntos de galicia, España e Portugal.
En 1979 crea a Escola Municipal de Teatro, a Escola de Pintura Ramón Piñeiro, a Escola de Baile Galego e a Escola de Gaitas do Concello de Mugardos.
Na Segunda Lexislatura Autonómica ocupa un posto como parlamentaria, sendo a primeira muller de esquerdas que ocupa un escano no ente autonómico.
No ano 1980 é elexida membra da Executiva Comarcal do PSdG-PSOE en Ferrolterra.
Durante os anos 1982-1988 é membra da Executiva Nacional Galega do PSdG-PSOE. Dende aquí traballa para conquerir unha maior participación das mulleres no partido, contribuíndo á creación da Secretaría da Mullere, e a obriga de inclusión dun 25% como mínimo de mulleres nas listas electorais, así como a creación da Concellaría da Muller nos distintos   municipios.
No 2011 interrompe a súa militancia política para ocupar o posto de Xuíza de Paz do Concello de Teo.
ASOCIACIONISMO
En 1974 participa na creación da Asociación de Veciños Montefaro de Mugardos e entra tamén a formar parte da directiva da Asociación de Pais de Alumnos do Colexio Público Catro Camiños.
Do seu labor nas dúas asociacións destaca como salientable a organización dos Xogos Florais Mugardeses e a edición periódica de boletíns informativos á cidadanía.
En 1985 é elexida para presidir a Federación Galega de Mulleres Progresistas.
No 2000 trasládase a vivir a Teo onde continúa o seu activismo no ámbito do asociacionismo.
No ano 2002, colabora na fundación da Asociación Iniciativa Cidadá por Teo  co obxectivo de promover ideas para mellorala convivencia e participación cidadá,
No 2004 xunto a un pequeño grupo de mulleres e homes, crea a Asociación Teenses Pola Igualdade, organización sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico. Teenses é unha iniciativa pioneira en Galicia ao incorporar homes á loita pola igualdade de xénero. Ata a actualidade desenvolve o cargo de Presidenta.

PUBLICACIÓNS E ACTIVIDADE PERIODÍSTICA

§  Boletín Informativo do Colexio Unión Mugardesa. 1972-1974
§  Boletín Informativo da AAVV Montefaro de Mugardos, 1974,75,76
§  1979 Con motivo da celebración do 1ºAno Internacional do neno edítase e publícase o Boletin Informativo sobre os Dereitos dos  Nenos Concello de Mugardos
§  Historia do Voto de Chanteiro. Editado polo concello de Mugardos, 1982
§  A Prostitución, un problema sen resolver. Editado por UGT. Madrid, 1985
§  Traballo de campo sobre a Prostitución en Galicia para o Ministerio de Cultura. Madrid, 1985
§  Da Facultade ó Mercado Laboral. Investigación das saídas profesionais da licenciatura de Xornalismo dende (1995/2002)- Miguel Túñez, Marcos Pena e Rosa Gómez Limia Editado pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2003
§  2.004 Realiza varias entrevistas a perxoeiros do mundo da hostelería para a Revista de Antiguos Alumnos do Centro Superior de Hotelería de Galicia. Recorda especialmente a realizada ao chef vasco Xosé María Arzak.
§  Dirixe a publicación da Revista medio ambiental Ambienteo (6 números), publicación que ten como  obxectivo concienciar a cidadanía sobre a urxente necesidade de preservar e conservar o medio ambiente. Teo, 2006- 2009.
§  100 Mulleres Galegas Artistas Emerxentes- Editada pola Asociación Teenses Pola Igualdade. Teo, 2010
§  E autora de numerosos artigos de opinión publicados en Ferrol Diario, O Correo Galego, e a Voz de Galicia, entre outros
§  Participou como xornalista no programa Doa a Doa da TVG, así como, nunha serie de entrevistas a mulleres peculiares para o xornal O Correo Galego.
§  Como feminista ten impartido conferencias e charlas, así como participado en numerosas mesas redondas tanto dentro como fora de Galicia.
§  Ten dous blogs: “Mulleres en pé” e “rosanei” onde escribe regularmente sobre as súas inquedanzas sociais, políticas e feministas.
§  Poemario: Escolma dos meus poemas Armiño, pendente de editar.

13 mayo 2014

MARÍA JOSÉ GONZÁLEZ

María José González é pintora ourensá. Pertence a unha saga importante de artistas ourensas pois está ligada ao apelido De Dios. Tenn unha longa traxectoria na pintura e unha numerosa obra. Nos seus óleos desenvolve unha temática costumista, de escenas campestres galegas na liña de pintores galegos como Sotomayor. Emprega unha pincelada grosa, pastosa que non esquece o debuxo ben trazado. As cores son pardas, ocres, vermellos...
Tamén traballa a acuarela con man decidida.

(Imaxe: colección particular)

04 mayo 2014

RAMONA PARDO DE FIGUEROA Y SARMIENTO

Condesa de Maceda. O Condado de Maceda é un título nobilario concedido polo rei Felipe IV  en 1654. Dona Ramona ostentou o título no período de 1808 a 1838. Foi a novena condesa de Maceda e a novena vizcondesa de Laisosa; VIII vizcondesa de Fefiñans e VI marquesa de Figueroa. Casou con Juan José Caamaño y Pardo.
Vid: http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/araspardo_archivos/pardofigueroa.htm
Wikipedia

01 mayo 2014

ELVIRA RODRÍGUEZ

Traemos ao blog a Elvira Rodríguez, natural de Ourense, quen cansa de sufrir os malostratos do seu home decide facer unha denuncia ante a o Rexedor e Xuíz de Ourense no ano 1465. O caso ven relatado no artigo de Reyna Pastor titulado "Mujeres del común, mujeres anónimas: las que sufrían y las que lucahban. León y Castilla en los siglos XI- XIII" e di o seguinte:

Es sabido que los problemas conyugales de las gentes urbanas o rurales quedaban ocultos en el seno de las familias y su intimidad, es posible que intervinieran con su consejo los clérigos y monjes, pero raras veces por cierto, algunas mujeres acuden a la justicia para reclamar protección formal.El caso de Elvira Rodríguez es un ejemplo de ello. Se necesitaba mucho coraje o haber llegado al límite del sufrimiento para acudir al regidor y juez de Orense para que la protegiera e hiciera valer sus derechos ante la ley a causa de los maltratos y las heridas con puñal que le había hecho su maridoen la casa de ambos. Elvira no pide la protección de sus familiares ni les demanda venganza, todavía vigente en las costumbres, por el contrario decide, en un acto arriesgado, infrecuente y muy valiente, demandar la protección  pública, urbana, la de la ley.Pedida esa protección al regidor y juez se entabla el juicio. Un notario de la ciudad a quien acompañan los testigos del caso, hace comparecer, el 3 de abril de 1465, al mercader y vecino de la Orense, Juan Alfonso de Tenorio, para que confiese públicamente sobre las agresiones y malos tratos ocasionados a su mujer.Los reconoce este y se arrepiente y declara que tratara bien a su mujer, pero que esta debe volver al hogar conyugal y seguir cuidando a los hijos y la casa. Ruega también que Elvira acepte hacer vida matrimonialcon el. Por lo antedicho se deduce que "el propósito de la enmienda es mas de omisión que de acci6n",2° pues se había de la futura conducta del marido y no de los maltratos anteriores frecuentes y brutales.Brutales a tal punto que en el documento se exige a Tenorio que prometa no matarla ni herirla con espada ni con puñal ni con palo peligroso.También se especifica que volverán a una vida matrimonial acorde con los principios de la Madre Iglesia que establece que la mujer debe obedecer al marido. No bastaron las promesas publicas del marido pues se vio obligado a empeñar su persona, bienes raíces, etc, con el objeto de hacer frente, en caso de que incumpliera lo acordado, con la suma de 20.000 maravedíes de la moneda vieja. Se entregarían estos, llegado el caso, de la manera siguiente, la rnitad al obispo, señor de la ciudad y la otra mitad al regidor Pedro López.Para vigilar su cumplimiento se designan fiadores. También aparece un fiador que garantizara la promesa de Elvira Rodríguez " de ser obediente e servente en todas as cousas justas”.

Vid: Pastor, R.  "Mujeres del común, mujeres anónimas: las que sufrían y las que lucahban. León y Castilla en los siglos XI- XIII",  La Aljaba, Segunda Época, Vol. II, 2002, pp. 26-27.