Etiquetas

30 septiembre 2013

MATILDE PEPÍN FERNÁNDEZ

Naceu en Ourense pero reside en Valencia de onde é filla adoptiva. É escritora, filósofa e historiadora. Dedícase á investigación histórica centrada na arte e no Camiño de Santiago. Ten publicacións interesantes sobre Valencia, concretamente:
Santuarios Valencianos
Pequena historia de Burjasot
Relatos cortos de Vieiragrino
La ermita de sant Roc de la Donació
Ermitas de la comunidad Valenciana
Valencia Mágica
Castellón Mágico.

En galego ten:
Contos da miña aldea

Vid: Libros de Matilde Pepín

23 septiembre 2013

LEONOR LÓPEZ PARDO

(Información que se integrará proximamente nunha publicación)

Leonor López Pardo naceu en Lugo o 31 de outubro de 1891 e estudou na Escola Normal Superior de A Coruña na que ingresou en 1908 e se titulou en 1914 obtendo unhas brillantes cualificacións. Por RO do 20 marzo de 1915 foi nomeada profesora de Xeografía na Normal de Ourense cun soldo 2500 pesetas. O 29 de abril de 1915 cesou do cargo a Directora accidental na Normal de Ourense María Cruz Pérez profesora de Labores e Economía doméstica e Dona Leonor López Pardo convertiríase na Directora da Normal feminina. Foi, polo tanto, unha das docentes que estreou a Normal de mulleres cando esta se situou na rúa do Progreso nº 23.

(Foto da Normal do edificio orixinal en 1915, antes da ampliación do 3º piso en 1926. Museo Virtual Vázquez Gulías)

En 1922 casou na Coruña con Celestino López Pardo que era capitán de enxeñeiros e, en decembro de 1931 pide licencia para dar a luz un neno que naceu o 4 de xaneiro de 1932. O matrimonio tivo catro fillos, Ricardo, Luis, Enrique e Camilo.Ese mesmo ano, en febreiro, trasládase para cubrir a vacante de Pedagoxía na Normal de Coruña.

Mentres residiu na cidade participou en actos de carácter público e festivo sendo invitada en diversos eventos polo rango de directora da Normal da que dicían era unha muller moi culta.

Debido á súa marcha, a Normal de Ourense rendeulle unha emotiva homenaxe.

Homenaje a Doña Leonor López Pardo.

“El pasado domingo se celebró en la Escuela Normal del Magisterio de Orense una velada organizada por los alumnos de dicho centro en honor, y como despedida, a la que fue directora de la Normal de maestras doña Leonor López Pardo que, como es sabido acaba de ser destinada a instancia propia, a la coruña.

Los alumnos de la Escuela del Magisterio se solidarizaron con sus compañeras en el homenaje de éstas a su querida directora, y unas y otros rivalizaron en trabajo y entusiasmo para improvisar en dos días una velada que causó gratísima sorpresa a todos los asistentes…Los alumnos del nuevo grado profesional pusieron en escena una adaptacon del juguete cómico de Bergusiro “Ollo cós estudiantes”…La alumna señorita Teresa Piñeiro, recitó dos composiciones de Rosalía de Castro…el auditorio prorrumpió en estruendosos aplausos. La señorita Celsa Vila leyó una hermosa y admirable poesía de Blásquez de Prado titulada “Magnanimidad”. “Un adiós a Mariquiña” cantado por bellísimas señoritas, irreprochablemente vestidas de galleguiñas hizo vibrar el sentimiento vernáculo…Formó parte en el coro y cantó también vestida con el traje del país la encantadora niñita, hija de la profesora de música de la Escuela, la señora Ancochea Roldán. La preciosa criatura llegó a correr peligro qde que la comiesen a besos.

La profesora de la Escuela, doña Sara Leirós, fue la encargada de dar a la señora López pardo el adiós de la separación, en nombre de las compañeras. Las singulares dotes de cultura que adornan a la señorita Leirós la emoción y ternura que puso en sus sentidas palabras, la delicada belleza de su lenguaje fluído y armonioso conmovieron y cautivaron en tal grado al auditorio que difícilmente pueden registrarse casos de semajente influencia de un orador …

Por último, el director de la Escuela, Señor Amor, hizo un comentario del acto, así en lo relativo al tributo de gratitud y de justicia rendido por los alumnos a su querida directora, como al aspecto educativo de la velada…y terminó con unas frases plenas de sentimiento, afecto y consideración para la homenajeada..."(“Homenaje a doña Leonor López Pardo”, El Progreso, 16 de marzo de 1932, p. 1).




FOTO VILLAR, “Alumnos de la Normal que tomaron parte en el festival organizado en honor de la directora Doña Leonor López Pardo, trasladada a Orense”, Vida gallega, Número 519, 30 de abril de 1932, p. 31.

Recollo aquí as palabras que tamén pronuciou o alumno Agapito Martínez quen dixo asociarse ás manifestacións de cariño a Doña Leonor López Pardo:

“En nombre de los alumnos, quienes, si ya antes, cuando sus compañeras estaban completamente aisladas de ellos, habían encontrado siempre en la señora López Pardo acogida y auxilio que les obligaba a la gratitud, mucho más ahora, que la fusión de las Normales hace que alumnos y alumnas no tengan más que una sola alma y una manera de sentir por lo cual han de compartir con sus compañeras el sentimiento por la marcha de su querida profesora, habiendo aprendido además de ellas a venerarla y a quererla” (“Homenaje a Leonor López Pardo”, La Zarpa, 15 de marzo, 1932, p. 3)


En 1934 Leonor Pardo trasládase á Normal de Palencia para impartir a materia Metodología de la Geografía. Dito traslado foi debido ao novo destino que lle adxudicaron ao seu home que sería ascendido a tenente coronel de enxeñeiros. Quedou viúva agosto de 1956 e en 1958 trasladouse á Normal de Valladolid cubrindo o cargo de directora ata que se xubilou forzosamento en 1961 á idade de setenta anos.
__________
Vid: "Exámenes" El Noroeste", 26 de mayo de 1909, p.1-2
La Correspondencia de España, 1915 marzo 24, p. 6
El Debate,1922 agosto 7, p.3.
El magisterio español, 1931 Diciembre 05, p.12
El Progreso, 1932 enero 5, p.1.
El magisterio español, 1932 Febrero 23, p. 13.
Nuevo día, 1932 Febrero 29, p.7
Vida gallega, Número 519, 1932 abril 30.
“Homenaje a doña Leonor López Pardo”, El Progreso, 16 de marzo de 1936, p. 1.
La Libertad, 1934 septiembre 11, p.2
"Esquela de Celestino López Pardo", El Progreso, 1957 agosto 25, p. 5.
B:O:E, nº 294, 9 de decembro de 1961, p. 17394.

21 septiembre 2013

MARTA VALENCIA NÓVOA

Naceu en Ourense o 6 de abril de 1898 e era filla do comerciante Gustavo Valencia. Aos once anos matriculouse no Instituto Provincial de Ourense despois de realizar o exame de ingreso o 20 de setembro de 1909. Estivo matriculada ata 1913 e realizou catro cursos de forma oficial acadando unhas cualificacións moi boas con sobresaliente en Xeografía xeral de Europa; Relixión; Xeografía especial de España; Francés; Historia Universal e Debuxo. 

O 3 de abril de 1914  solicitou certificado á Escola Normal  onde titulou no ano 1917 con premio matrícula de honra. Casou en 1921 con Vicente Santiago que era avogado Oficial da Sala de Audiencia. 

No ano 1933 entrou a formar parte da plantilla de profesoras da Normal de Ourense para impartir a materia de Lengua y Literatura.

(A Normal de Ourense na rúa do progreso)

Vid: Cid Galante, Rosa María, Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970). A súa orixe e os seus emprazamentos. Universidade de Vigo. Servizo de publicacións. 2013; Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la educación: Revista interuniversitariaISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470; Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita.