Etiquetas

14 abril 2013

JOSEFA SEGOVIA MORÓN



Josefa Segovia Morón (Xaén, 1881-Madrid, 1957) Foi cofundadora co Pai Poveda da Institución Teresiana, da que foi a súa primeira Directora Xeral . Realizou  os seus estudos de Maxisterio entre 1904 e 1909 e, en 1911, iniciou os estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. Dous anos despois xa é coñecida do Pai Poveda, que lle nomeou directora da Academia para Normalistas que tiña a Institución. Tras obter a súa titulación foi profesora na Escola Normal de Ourense en 1915 onde impartiu Pedagoxía, Historia e Rudimentos de Dereito e Lexislación.
En Xaén, desde 1918 a 1923, foi Inspectora de Primeiro Ensino. Promoveu a orientación de mestres e distintas actividades escolares, cantinas, bibliotecas, mutualidades escolares e formou parte da Xunta Provincial de Alfabetización. En 1919 asumiu a Dirección do Instituto Teresiano. En 1923 viaxou a Roma para solicitar a aprobación pontificia da Institución, que obtivo en xaneiro do ano seguinte. Participou en congresos por toda España e á morte de Poveda, en 1936, asumiu total e definitivamente o goberno da Institución. Viaxou por todo o mundo para implantar a obra.



http://www.jaen.es/sociedad/jiennenses-destacados/historia-politica/josefa-segovia-moron.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario