Etiquetas

14 abril 2013

JOSEFA SEGOVIA MORÓN



Josefa Segovia Morón (Xaén, 1881-Madrid, 1957) Foi cofundadora co Pai Poveda da Institución Teresiana, da que foi a súa primeira Directora Xeral . Realizou  os seus estudos de Maxisterio entre 1904 e 1909 e, en 1911, iniciou os estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid. Dous anos despois xa é coñecida do Pai Poveda, que lle nomeou directora da Academia para Normalistas que tiña a Institución. Tras obter a súa titulación foi profesora na Escola Normal de Ourense en 1915 onde impartiu Pedagoxía, Historia e Rudimentos de Dereito e Lexislación.
En Xaén, desde 1918 a 1923, foi Inspectora de Primeiro Ensino. Promoveu a orientación de mestres e distintas actividades escolares, cantinas, bibliotecas, mutualidades escolares e formou parte da Xunta Provincial de Alfabetización. En 1919 asumiu a Dirección do Instituto Teresiano. En 1923 viaxou a Roma para solicitar a aprobación pontificia da Institución, que obtivo en xaneiro do ano seguinte. Participou en congresos por toda España e á morte de Poveda, en 1936, asumiu total e definitivamente o goberno da Institución. Viaxou por todo o mundo para implantar a obra.



http://www.jaen.es/sociedad/jiennenses-destacados/historia-politica/josefa-segovia-moron.html

ELENA SEIJO

Actriz cofundadora de Sarabela Teatro. É licenciada en Pedagoxía e dende 1981 fórmase como atriz con importantes profesionais como Malonda, Fermín Cabal, Guillermo Heras, Jesús Aladré, Martín Adjemián, Vicente Fuentes, Fabio Mangolini, Albert Boadella, Angel Facio, etc. Traballou no Centro Dramático Galego e tamén en serie da televisión. É docente na Aula de Teatro Universitario de Ourense e coordina a MITEU.
Foi nomidada como mellor atriz en  1994, 1995, 1999, 2002, 2004 y 2005. E premiada á mellor actriz galega de reparto en 1995, na obra CAMA de Sarabela Teatro, e, no ano 2002 á mellor actriz galega protagonista en SEGISMUNDA de Sarabela Teatro.
Vid: Sarabela


01 abril 2013

CARLOTA BARROETA-ALDAMAR

Segundo a lectura do estudo realizado por Francisco García Sánchez atopamos a referencia desta muller. Carlota Barroeta Aldamar era a consorte do marquesado de Trives casada co marqués Nicanor Alvarado Casanova, froito deste matrimonio naceu Jacinta Alvarado e Barroeta-Aldamar a que sería segunda marquesa de Trives. Carlota tivo un importante papel como impulsora de iniciativas de carácter cultural, sentíndose unida á problemática de Trives. Cando falece o seu home ela continúa as iniciativas que o defunto marqués deseñara, isto é, continúa a loita que mantivera Nicanor para lograr que o ferrocarril pasara pola vila. Posteriormente esta preocupación tamén pasou ser da súa filla Carlota pero tampouco tivo éxito.
Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexenio á II República (1868-1939)", Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 53.