Etiquetas

23 marzo 2013

CONCEPCIÓN CORRAL SEQUEIROS

Concepción naceu en Ribadavia no ano 1900. Os seus pais tiveran 17 fillos pero, como era natural naqueles tempos, morreron nos primeiros anos de vida. Concepción trasládase a Vigo cando tiña 18 anos. Aos poucos anos casa polo civil con Enrique Blein Budiño, quen sería anos despois o primeiro alcalde da segunda república. Mentras seu marido taballaba na ferretería que tiña na rúa Carral, Concepción dedicásese a atender aos 7 fillos. Co levantamento fascista, Blein é buscado e detido.
Mentres o seu marido era condenado a morte e agonizaba dun cancro terminal, detíñana, humillábana e expropiábanlle as propiedades da rúa Carral. Foi retida na prisión de Vigo, sen ningun tipo de xuízo dende setembro de 1936, ata marzo de 1937. Estaba inculpada por “Vexación á bandeira”, fora denunciada por outra muller vencellada o fascismo. Ao saír encontrose sen diñeiro e cunha familia numerosa. Foron nun principio os consules de Uruguai e os EEUU - amigos anteriores do seu marido- quen solidariamente achegábanlle paquetes con comida para alimentar á familia. Logo seria Julia unha das súas fillas a que comezaría a traballar na Farmacia de Rubira na rúa Colón, mantendo desta maneira á familia. Foi despedida do seu traballo, ao descubrir quen era, un dos propietarios, o que levaba o nome da Farmacia, despediuna dicíndolle “que alí non podía traballar a filla dun roxo.
Vid: Castro, A.Mª, A batalla das Mulleres Galegas, Trymar, Vigo, 2008.

No hay comentarios:

Publicar un comentario