Etiquetas

05 febrero 2013

MARÍA FERNÁNDEZ REY

María naceu en Armariz en 1884. O seu pai era médico pero ela quixo ser mestra. En 1908, cando tiña vintecatro anos, ingresou no Instituto Provincial para estudar maxisterio. Realiza os tres cursos, un por oficial e dous por libre e aproba as 20 materias nas que se matriculou. Logo trasládase á Escola Normal de Ávila.
Casou en decembro de 1942 con Aurelio Sardina López.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento, publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, versión CD, 2001.