Etiquetas

07 diciembre 2012

JOSEFINA SALGADO PÉREZ

Naceu en Ourense en 1945. Iniciouse no mundo do atletismo no Club Halcones de Ourense. Trasladouse a Madrid e competiu co Club Vallehermoso ata 1974, ano da súa retirada. Logrou moitos éxitos: foi doce veces Campioa de España, tamén estableceu dezaseis records e foi dezaseis veces internacional. Campioa de España en 200 m. en 1970, 1971 e 1974; Campioa de España en 400 m. en 1960, 1967, 1968, 1970,  1971 e 1973(anos nos que vateu o record de España). Campioa de España en 800 m. en 1967 e 1973. Campioa de España no salto de lonxitude en 1974. Campioa de España 4 por 100 en 1973 e de 4 por 400 en 1972 e 1973. Foi record de España de 800 m. e record de 4 por 400 metros.
En pista cuberta foi campioa de España en 400 m. en 1968; Campioa de España de 800 m en 1973.
Nos Campionatos galegos foi campioa Galega de 800 m e Lonxitude en Vigo en 1965.
Foi internacional dezaseis veces participando no Campionato de Europa de Atletismo Pista Cuberta celebrados en Madrid en 1968 na proba de 400 metros e foi a primeira vez que houbo representación feminina española nun campionato europeo. Participou en Helsinki no ano 1971 no Campionato de Europa de Atletismo Ar Libre na proba de 400 m e foi a primeira vez que houbo participación feminina española. Estivo nos Xogos do Mediterrénao, Esmirna en Turquía en 1971 e obtivo a medalla de bronce na proba de 400 m. Foi a primeira española que conseguiu unha medalla de atletismo nestes xogos.
Hoxe en día lémbrase a esta extraordinaria atleta porque as pistas de Atletismo do Complexo deportivo de Monterrei levan o seu nome: Pistas Josefina Salgado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario