Etiquetas

04 diciembre 2012

CONCEPCIÓN CID LIMIA

Naceu en Ourense en 1946. A comezos de 1952 marchou a Arxentina coa nai e os seus irmáns para reunirse co pai. Cando era unha adolescente comezou a concienciarse politicamente e nos anos máis tarde afiliouse ao Partido Comunista e entrou en contacto cos galegos e galegas do exilio e participou nas actividades culturais organizadas pola Federación de Sociedades Galegas: asistiu ás clases de galego impartidas por Blanco Amor, formou parte dun grupo de teatro, pertenceu á Coral do Centro de Betanzos. Fixo Maxisterio e a carreira de Xornalismo deportivo. En 1965 participou nuns campamentos guerrilleiros dirixidos por Che Guevara. En 1966 ela e a súa familia viaxan a Galicia. En 1969 casou e trasladouse co seu home a Xenebra onde permaneceu dous anos e fixo traducións para a OIT e colaborou co colectivo emigrante dende unha agrupación comunista. De 1971 a 1974 viviu en Ourense dedicado ao traballo organizativo a nivel provincial dentro do seu Partido. Unha nova etapa na súa vida levouna a Bucarest en 1974 onde se fixo cargo dunha emisión radial en galego "De Ribadeo a Tui" en Radio Pirenaica. Coa chegada da democracia, a radio Pirenaica xa non tiña razón de ser e o derradeiro programa foi en xullo de 1977. Unha breve estadía en Madrid, deu paso a unha residencia en Vigo onde traballou varios anos en CCOO e logo trasladouse definitivamente a Ourense.
Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p. 108-109

No hay comentarios:

Publicar un comentario