Etiquetas

28 octubre 2012

VICENTA PÉREZ

Se Vigo foi a primeira cidade na que se organizou a Sección Feminina, Ourense foi a segunda de Galicia e a terceira de toda España. Esta organización foi creada en Ourense polo mes de marzo de 1935 e foi encabezada na provincia por Vicenta Pérez tras a designación de Pilar Primo de Rivera. Con Vicenta estaban Álvarez de Nóvoa que era a encargada de Prensa e logo delegada provincial do ramo, Antoñita Méndez, Felisa de Prada, Áurea Rodríguez Fernández, Elvirita e Maru Pérez, Teresa Carrera, Maruja Gándara...A forma de organizarse era segundo o establecido na organización matriz. O seu papel era estimular o amor á Patria, ao Estado, ás tradicións...Confeccionaban camisas azuis para atender á demanda dos afiliados, bordado dos estandartes, bandeiras, símbolos, asistencia aos detidos falanxistas no verán de 1934, apoio ás familias, recollida de colectas, etc. Algunha destas mulleres foron encarceradas na etapa do Frente Popular.

Vid: Prada Rodríguez, J. "O activismo feminino conservador no primeiro terzo do século XX" en Prada, J. de Juana, J. (Dir.) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, Vigo, 2011, pp. 106-109.

No hay comentarios:

Publicar un comentario