Etiquetas

14 septiembre 2012

AS AMAS DE CRÍA

Na segunda década do século XX as amas de cría eran demandadas no Hospicio da capital para facerse cargo daqueles nenos que foran abandoados na Inclusa. Pagábaselles 65 pesetas ao mes máis manutención (La Región, 26-5-27). As características dunha boa ama de cría estaban en ser unha muller que criase a fillos/as, que gozase de boa saúde, que fose forte, morena, alta, limpa, de peito turxente, etc (La Región, 19-7-23). No Hospicio había nodrizas permanentes, para alimentar aos/ás nenos/as acabados de chegar, e había as amas de cría externas, que acudían a cambio dun salario. Estas últimas vivían en precario e ofrecíanse por extrema necesidade:
“Don Juan Antonio Conde y Conde, cura párroco de Santa María de Macendo término municipal de Castrelo de Miño, provincia de Orense.
Certifica: que Inocencia Diéguez, mujer de Benito Diéguez, domiciliada en el lugar de Señorín en esta feligresía, es de buena conducta y no tiene enfermedad contagiosa que se sepa: es pobre y tiene un hijo de lactancia de dos años de edad que ya puede criar sin pecho y en su lugar lactar otro de la Inclusa.
Y para que conste a los fines oportunos expido el presente en Macendo a veinte y siete de Agosto de mil ochocientos ochenta” (Arquivo Histórico Provincial de Ourense)

Moitas chegaban a solicitar a devolución do/a neno/a argüíndo que xa non tiñan medios para seguir coidando ao expósito, e, como xustificación, facían entrega dunha certificación expedida polo cura ou alcalde:

“ Don Joaquín Ramos, cura párroco de Santa Eulalia de Babal.
Certifica: que Antonia Varela, mujer de Manuel López, mis feligreses lactaron un niño expósito llamado Policarpo de la Inclusa de Orense. Con el debido respeto piden al Señor Gobernador Civil y más individuos de la Junta de Beneficencia de esta ciudad se lo admitan en el Hospicio de esa ciudad y como se hallan enteramente pobres y el Manuel achacoso de enfermedad incurable y sin tener con que vestir ni alimentar dicho niño expósito, es favor que esperan estos suplicantes del. Que administran se lo admitan en los Hospicios para que goce de los beneficios que están establecidos para estos desgraciados.
Dios les guarde muchos años la vida de VVSS. Santa Eulalia de Babal y septiembre de doce de mil ochocientos setenta y dos” (Arquivo Histórico Provincial de Ourense).

No ano 1921 as amas de cría tamén tiveron algún que outro contratempo coa Deputación, en relación aos atrasos dende facía sete meses da paga. Por iso non dubidaron en acudir á redacción do periódico La Zarpa para manifestar o seu descontento e poñer en evidencia un problema que lles prexudicaba pois algunhas tiñan poucos recursos para manterse (La Zarpa, 30-9-21).

Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso Calvo, C., Entre a tradición e o cambio en Galicia. As mulleres na sociedade ourensá de comezos do século XX, Publicacións Deputación Ourense, Ourense, 2011.

Foto: Imaxe escultórica "Maternidade" de Baltar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario