Etiquetas

11 septiembre 2012

ÁNXELES CUÑA BÓVEDA

Se a nosa cidade é un referente teatral isto hai que deberllo a Ánxeles Cuña Bóveda. Estudou Pedagoxía e exerce como tal nun Instituto da capital. Pero se a destacamos aquí é pola súa enorme traxectoria no mundo da representación. Ela foi a fundadora dun dos grupos teatrais máis recoñecidos "Sarabela" que ano tras ano vén pondo en marcha unha nova peza teatral. Isto é un privilexio para Ourense pois ofrece un repertorio de alto nivel tanto clásico como actual como infantil. A súa traxectoria é imparable.
Dirixiu máis de cincuenta espectáculos entre os que se atopan:
“Madame de Sade”, Mishima. 1990.
“As sillas”, de E. Ionesco. 1992.
“Xacobe e o seu amo”, M. Kundera.1993.
“Cama dous por dous para dous”, S. Belbel. 1994.
“A Esmorga”, E. B. Amor (Adap. Couceiro-Muñoz). 1996.
“Afección”, Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1997.
“Tics”, Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1998.
“Os soños de Caín”, Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1999.
“Romance de Micomicón e Adhelala”, E. B. Amor. 1999.
“O lápis do carpinteiro”, M. Rivas (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja). 2000.
“Sexismunda”, D. Pedro Calderón de la Barca. (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja). 2001.
“A illa amarela”, de Paloma Pedrero. (Adap. Ánxeles Cuña). 2001.
“A conxura dos necios”, J. Kennedy Toole. (Adap. Ánxeles Cuña). 2002.
“Así que pasen 5 años”, de F. G. Lorca. (Adap. Ánxeles Cuña). 2003.
“A Rolda de caricias”, de Sergi Belbel, baseado na Rolda de Arthur Schnizler. 2004.
“A gata con botas”, de A. Cuña Bóveda. 2004.
“O heroe”de Manuel Rivas. 2005.
“Rebentado”de Sarah Kane (Adaptación e dirección da lectura dramatizada). 2006.
“Margar no pazo do tempo” de A. Cuña Bóveda. Lectura dramatizada de “Os libros arden mal” de M. Rivas.
Co-autora no equipo de dramaturxia de “Sarabela” (xunto con Begoña Muñoz, Fernando Dacosta e Carlos Couceiro) de “Afección”, “Tics” y “Los sueños de Caín”; Adaptadora ou versionadora (xunto con Begoña Muñoz e Fina Calleja) de “Segismunda” (baseada no texto de Calderón de la Barca “La vida es sueño”), e “El lápiz del carpintero” (baseada na narración de Manuel Rivas); Adaptadora, ou versionadora en solitario de “La conjura de los necios” (baseada na obra homónima de Toole); “A illa amarela” (de P. Pedrero); “Rebentado” (de Sarah Kane); “Así que pasen cinco años” (de F. G. Lorca).

Autora “Amor-te”, “A pelo”, “La gata con botas” (baseada nas obras de Perrault y Tiek); “Margar en el palacio del tiempo”
PREMIOS
Algúns dos espectáculos dirixidos por ela foron multipremiados en todas as categorías. Entre os recoñecementos máis directos, recibiu o Premio FETÉN á mellor dirección, espectáculo e texto orixinal, por "Tics". Premios Mª Casares á mellor dirección, texto adaptado, iluminación e espectáculo pola obra "O lapis do carpinteiro", Premio XIRIA ao seu labor teatral na XVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico-Festivo de Cangas, Premio Mª Casares ao mellor texto adaptado por "Sexismunda", Premio Mª Casares á mellor dirección, espectáculo e texto adaptado pola obra "Así que pasen cinco anos" de F. G. Lorca. Premio Celestina (da crítica de Madrid) por "Romance de Micomicón e Adelhala" de E. Branco Amor.

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
AXUDANTE DE DIRECCIÓN de Ricard Salvat en la obra “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” de Álvaro Cunqueiro.
DIRECTORA INVITADA para poner en escena “Leoncio e Helena” de G. Büchner.
DIRECTORA DEL CDG (Centro Dramático Galego) como responsable da Unidade de Produción do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) entre os años 2006 e 2007.

Vid: Muestra de Teatro Español de autores contemporáneos



No hay comentarios:

Publicar un comentario