Etiquetas

29 junio 2012

PILAR CANTÓN MARTÍNEZ MONJE

Naceu en Ourense en 1913 no seu dunha familia solvente sendo seu pai empregado. Aos doce anos ingresa no Instituto no ano 1925. Realiza seis cursos, un por libre os demais por oficial e obtén o título de bacharelato.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento publicada polo Servicio de Normalización Lingüística da Universidad de Vigo.
Foto: Vida Gallega, nº 289, novembro 1925.

MARÍA LUÍSA FERNÁNDEZ CASCALLAR


Naceu en 1902 fóra de Ourense, en Pontevedra, pero estivo residindo na cidade xa que seu pai era empregado de banca e veu traballar á nosa cidade. Cursou os estudos de bacharelato no Instituto Provincial no que ingresou aos 16 anos. Fai catro cursos pola opción libre e logo pide traslado ao Instituto de Pontevedra ondeconseguindo o título de bacharelato. En 1921 ingresa na Facultade de Medicina onde cursa cinco anos licenciándose con brillantes cualificacións.
Vid: Cid Galante, Rosa Mª, Muller e educación en Ourense (1900-1930) publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Foto: Vida Gallega, nº 203, agosto 1922.
Vida Gallega, nº 229, xullo 1923.

REMEDIOS DEL RÍO CELA

Estudou no Real Conservatorio de Madrid  dende 1913 ata 1921 e obtivo brillantes cualificacións en tres anos de solfexo e cinco de piano.
Tamén compuxo o Vals del Trébol.
Vid: Vida Gallega, nº 186, decembro 1921.
Vida Gallega, nº 220, marzo 1923.

21 junio 2012

MILAGROS COUREL FERNÁNDEZ

Naceu en Viana do Bolo en 1887 no seo dunha familia solvente cuxo pai era de profesión liberal. Aos vintecinco anos ingresa no Instituto Provincial de Ourense onde acada unhas cualificacións brillantes con varias Matrículas de Honra. Estuda seis cursos pola opción oficial.
As súas irmás, Dolores e Trinidad tamén estudarán no Instituto Provincia. Dolores ingresa con 13 anos en 1914 e Trinidad en 1922 con doce anos pero esta só realiza un curso.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Publicada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, versión electrónica.
Fotografía: Aparece coa súa irmá Maruja, Vida Gallega, nº 77, 1916.

20 junio 2012

IRENE RODRÍGUEZ DURÁN

Naceu en Xinzo en 1906 de pais propietarios. Ingresou con 11 anos no Instituto Provincial de Ourense onde acadou o premio de Ingreso competindo con 12 opositores do Instituto. Realizou os seis cursos pola opción oficial para titularse no 1923. Posteriormente trasladouse á Escola Normal de Ourense.
Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese publicada en versión CD polo Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Foto de Vida Gallega, nº 96, 1917.

17 junio 2012

MARÍA COFÁN

Naceu en Ourense e unha vez concluídos os estudos de bacharelato instálase coa súa familia en Madrid, atraída polo mundo do espectáculo. Debido a esa vocación innata, compaxina as clases de canto e baile co curso de interpretación no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas. Afiánzase como atriz, cantante e bailarina e gaña o concurso "caras novas" de Radiocinema. Debuta en 1956 cun papel secundario na versión de Fedra de Manuel Mur Oti e logo fai papeis de reparto en Embajadores en el infierno; Tremolina; El genio alegre; Un abrigo a cuadros; Un americano en Toledo. Obtén un papel de certa relevancia en El azar se divierte e a continuación asume o seu papel protagonista en El ángel está en la cumbre. Deixa de lado a faceta de atriz cando é elexida Miss España en 1959. Logo adícase á súa faceta de cantante e actúa en Francia e Portugal enactuacións televisivas e programas musicais. Nos anos sesenta regresa ao cine xa só de forma esporádica en películas como Una bruja sin escoba e Carola de día, Carola de noche.  e polos anos cincuenta e sesenta tivo éxito no cine español. Tamén chegou a ser Miss España.

Vid: Diccionario de cine en Galicia (1986-2000), Xunta de Galicia, 2001.

MÓNICA LÓPEZ VISO

Compartin algún ano de bacharelato con Mónica no Instituto Otero Pedrayo e considero que debo incluíla no blog pois posúe un grande e interesente currículo sendo tan nova como é. Naceu en Ourense e é doutora en Ciencias Políticas e Sociología na especialidade de Relacións Internacionais pola Universidade Complutense de Madrid.
Exerce como docente na Universidade de Vigo desde o ano 1995, actualmente en calidade de Profesora Contratada Doutora na área de Ciencia Política e da Administración no Campus Universitario de Ourense. É ademais profesora titora no Departamento de Ciencia Política e da Administración da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) actividade que compaxina, na mesma institución, coa coordinación do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) do Centro Asociado da UNED en Ourense.
Desde o ano 2005 é titular do módulo Jean Monnet The European Union and the Social Policy e membro docente do Centro de Excelencia Jean Monnet da Universidade de Vigo, ambos os dous aprobados e cofinanciados pola Comisión Europea. Compaxina as súas actividades docentes coa súa actividade investigadora ao redor da política social e a política social comunitaria, e máis recentemente a perspectiva de xénero.
Publicou, entre outros: La construcción de la Europa social en su periferia: El Fondo Social Europeo: su aplicación en Galicia, Cátedra Jean Monnet, Universidade de Santiago de Compostela, 2005; “El Fondo Social Europeo: escenarios y nuevos retos en el marco de la actual Unión Europea”, en Revista de Estudios Europeos, 43, 2006; “Políticas de igualdad: Galicia en la gobernanza europea”, en Revista de Pensamento do Eixo Atlántico, 8, 2005; “Una perspectiva social del Tratado que establece una Constitución para Europa”, en Revista de Estudios Políticos, 130, 2005; “Reflexiones sobre género y el proyecto de Estatuto de Autonomía de Galicia” en O Terceiro Estatuto Galego. Propostas desde a Ciencia Política, Tórculo Edicións, 2006; “El nuevo espacio social europeo: ciudadanía y bienestar en la gobernanza europea” en Multiconstitucionalismo e multigoberno. Estados e rexións na Unión Europea, Cátedra Jean Monnet, Universidade de Santiago de Compostela, 2005; “La ampliación comunitaria hacia los países del Este: incertidumbres y expectativas para los Fondos Estructurales” en Ampliación e Convención: Galicia na encrucillada europea, Tórculo Edicións, 2004; Fundamentos, evolución y configuración del Fondo Social Europeo: su aplicación en Galicia, Servicio de Publicaciones de la Universidad Complutense de Madrid, 2004; “La Política Social y de Empleo en la Unión Europea” en España e Europa. Do Franquismo ao euro, Xerais, 2002.
Vid: webs.uvigo.es/mviso/

REBECA MONTERO

Rebeca Montero Martínez (n. 10 de abril do 1967 en Ourense) é unha actriz galega formada na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, que desenvolveu a maior parte da súa carreira en Galicia.No mundo da televisión o seu primeiro traballo foi como co-presentadora dun magazine estival chamado "Verán, Verán" para a televisión autonómica galega (TVG). No mesmo medio traballou en numerosas series como Mareas Vivas, "A vida por diante" (a vida por diante), ou actualmente na serie "Matalobos", tamén na televisión autonómica galega. Actriz de teatro actuou en numerosas obras do Centro Dramático Galego e con compañías privadas como Caritel ou Sarabela. O 24 de marzo de 2009 recibiu o premio de Teatro Maria Casares á actriz secundaria pola obra A boa persoa de Shezuan. Premio que volvería recibir no 2010 pola obra "Ou segredo dúas Hoffman".Actualmente atópase traballando no Centro Dramático Nacional en Madrid.
Vid: http://es.wikipedia.org/wiki/Rebeca_Montero

16 junio 2012

MARÍA CARBALLAL

Mariana Fernández Pérez, coñecida como Mariana Carballal, é unha actriz española nada en Albarellos, Monterrey, (Ourense) en 1962. Ten unha ampla formación como intérprete: é Licenciada pola Real Escola Superior de Arte Dramática e Danza (1983) e titulada como actriz de dobraxe, ademais de realizar multitude de cursos de ortofonía e dicción ou dirección para actores de cinema entre outros. Ademais de traballar en multitude de series de televisión e películas, tamén fixo traballos como directora, destacando esa faceta na serie de TVG Libro de familia. En teatro traballou con Teatro de Cámara (Madrid) e co Centro Dramático Galego. Tamén exerceu como profesora de interpretación.
Vid: http://es.wikipedia.org/wiki/Mariana_Carballal