Etiquetas

13 mayo 2012

LÍA SALGADO BOO

Lía Salgado era a filla do coñecido escritor galego e Fiscal da Audiencia de Ourense, Don Francisco Salgado e López Quiroga. Lía estudou piano no Conservatorio de Madrid remantando os estudos en 1919 coa máxima cualificación.
Participou nun acontecemento musical de grande calado como foi a ópera representada no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña titulada "El monte de las ánimas"  composta por Rodríguez Losada. Lía Salgado formaría parte do Coro de aldeanas.
A obra foi moi ben acollida entre o público e tivo grande éxito.

Lía acompañou ao piano a cantantes operísticas e súa irmá Sara, tamén a acompañaría no mundo da música de tamén no seu periplo vital, xa que ambas as dúas nunca se separaron.

Presentouse ás oposicións á mecanógrafa do Estado en 1937 e unha vez superadas déronlle praza na Delegación de Prensa e Propaganda en Salamanca. Logo foi trasladada a Burgos acudindo con ela a súa irmá Sara que será locutora de Radio Nacional no ano 1939.

Domeqc en Galicia, Revista mensual, nº 3, 1 de xuño de 1927, p.5.


Vid: Vida Gallega, nº 130, xullo, 1919.
El Ideal Gallego, 27 de maio de 1937, p. 2.