Etiquetas

20 diciembre 2012

BENILDE NOGUEIRA RODRÍGUEZ

Naceu en Manzaneda, en 1920. Foi noiva do guerrilleiro "Mario Langullo". Por el sufriu desde os dezasete anos a represión e persecucións e incluso chegou a estar encarcerada. Marchou a Madrid coa filla que tivera con Mario e alí casou  pero enviudou un ano despois de casar. 

Cando Mario de Langullo deixou a guerrilla e marchou a Francia, contactou coa filla en 1971.

Cando regresou a España en 1978 viviu dous anos con Benilde Nogueira pero finalmente deixouna e voltou a Galicia.

Vid: Domínguez González, Xose, Mario de Langullo. O derradeiro fuxido, A Coruña, Sotelo Blanco, 1993.

AMALIA LÓPEZ OJEA

Naceu en Soucelín  na comarca de Valdeorras en 1874 e era de familia moi humilde tendo que comezar a traballar desde moi nena. Casou e tivo seis fillos. En plena guerra comezou a colaborar coa resistencia antifranquista ao carón do seu home  pero foi detida aínda que recuperou a liberdade en abril de 1939. En outubro do ano 1939 o matrimonio foi fusilado na carballeira detrás da súa casa. Malia o terror eles non quixeron denunciar aos seus fillos que estaban fuxidos no monte.  As fillas  menores, Antonia e Consuelo tamén resistentes lograron sobrevivir e bótaronse ao monte tamén a axudar aos combatentes. A vida destas mulleres foi moi intensa pois estiveron en primeira liña e incluso ían armadas. Estiveron encarceradas varias veces e finalmente lograron fuxir a Francia.

Vid:  José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte,  editorial Galaxia e editado en 2015.

ÁNGELES OCAÑA ALBERO

Naceu no Barco de Valdeorras no ano 1933 Estando en Madrid estudando Maxisterio tamén asistía a clases de debuxo e pintura. De volta a Galicia, afincouse en A Coruña e alí seguiría perfeccionando a súa arte. Realizou numerosas exposicións en Galicia e tamén fóra como por exemplo en Cuenca e Cidade Real onde expuxo con Federico Virtudes.
É unha muller que traballa diversas técnicas e tamén é unha muller comprometida e sensibilizada pois sempre estivo disposta a doar obras para Mans Unidas e Amnistía Internacional para que fosen subastadas con fins altruístas.

Exposicións:
"VIII Feira da Arte Galega", que se celebra en el Hotel Hesperia, de Coruña, del 11 de diciembre de 2015 al 5 de enero de 2016.
Exposición colectiva de pinturas de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en 2011.
Exposición colectiva de pinturas de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en 2009.
Exposición colectiva de pintura de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en 2008.
Exposición de las obras seleccionadas en el II Certame de Pintura Olladas de Galicia., celebrado en 2008.
Exposición colectiva de pintura de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en Navidad de 2007.
Muestra correspondiente a la cuarta Edición de las Balconadas de Betanzos, celebradas en 1994.
Muestra correspondiente a la cuarta Edición de las Balconadas de Betanzos, celebradas en 1994.
Muestra correspondiente a la Tercera Edición de las Balconadas de Betanzos, celebrada en 1992.
"1ª Feira do debuxo", celebrada en Coruña en 1994.
II Mostra Unión Fenosa, que se se celebra en la Estación Marítima de A Coruña, entre julio y agosto de 1991.
Exposición colectiva pro Manos Unidas.
Exposición de artistas galegas celebrada en Vigo en 1987.

Así mesmo tamén participou coas súas obras para un ben social doando varias pezas para que fosen subastadas:

Pintura, grabado y escultura que se celebran en Vigo y Pontevedra, a beneficio de los damninficados por el huracán Mitch.
Exposición colectiva de obras donadas para la subasta de Manos Unidas. 2000. Presentación: Xosé Luis Torres Colomer, Presidente de la Diputación de Coruña.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1998.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1997.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1996.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1994.
Subasta a favor de Amnistía Internacional, celebrada en Coruña en 1988.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes)

PERENA

Era de Portomourisco, Petín. Dedicábase á oleiría. Foi das derradeiras oleiras deste lugar, un lugar onde era habitual que as mulleres se dedicasen a este oficio.


19 diciembre 2012

FRANCISCA QUIRÓS

Estaba casada con Abdón Blanco García que era alcade do Frente Popular do Barco de Valdeorras, secretario do Comité local de Acción Republicana. Tivo en outubro de 1936 un consello de guerra  presidido polo tenente coronel de Infantería, Don Manuel Quiroga Macía  por rebelión.  Este foi executado en novembro de 1936. Pero tamén exerceron unha forte presión sobre ela, eran as consecuencia de ter casado con Abdón.



Fonte: La Región, 11 de novembro de 1936, p. 4.

Vid: El pueblo gallego, 24 de marzo de 1933 marzo 24, p. 11; El Diario de Pontevedra, 26 de outubro de 1936 , p. 11; La Región , 25 de outubro de 1936, p. 3,

DIVINA VALLE FERNÁNDEZ

Era de Casaio. Na súa casa acolleu a fuxidos. Foi condenada e estivo no cárcere de Celanova. 

Ao saír volveu a Ricosende e integrouse na rede de enlaces da guerrilla.

 En 1948 marchou a Francia.

Vid: José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte. Lembranzas e pantasmas dun neno da posguerra. Galaxia, Vigo, 2015.

CECILIA VALLE VALLE

Era de Casaio e estaba casada. Segundo os artigos 45  e 46 da Lei do 9 de febreiro de 1939 faise saber que, por aparecer indicios de responsabilidade política, se lle incoou expediente de responsabilidade. Así mesmo debían prestar declaración cantas persoas tivesen coñecemento da conduta política e social da inculpada, antes ou despois da iniciación do Movemento Nacional, así como indicar a existencia de bens. Foi xulgada en 1943 no Barco de Valdeorras polo Xuíz Francisco de la Barrera.

A súa irmá Clotilde tamén sufríu a persecución e a encarceración na prisión de Astorga.

Vid: BOE U, nº 14, 1943, p. 1547; José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte, editorial Galaxia e editado en 2015.


ANA MARÍA MOSCOSO DE PRADO

Naceu en Ourense e era a muller do Administrador de Allariz da Renda do Tabaco pero destacou por ser poetisa. Escribiu un romance en 1749 ao Padre Feijóo que este contestou moi agradecido e valorando de xeito admirable o poema enviado que, como el mesmo indicou, algúns puñan en dúbida que fose escrito por unha muller. Interesantes son as palabras que lle dirixe o Padre Feijoo indicando que el non establece diferenzas entre sexos 


(Fonte: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense [1927]: Tomo IX Número 203 - 1932 marzo, p. 4)

Carta de Padre Feijóo a Ana María:


(Fonte: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense [1927]: Tomo IX Número 203 - 1932 marzo, p. 8)





17 diciembre 2012

RAMONA PÉREZ QUEVEDO

Doña Ramona tiña, en 1850,  unha academia de ensinanza de Debuxo, Economía doméstica e Francés no primeiro andar do número 6 da Praza Maior.
Vid: Somoza Medina, X., Historia de Ourense, Concello de Ourense, Ourense, 2010, p. 117.

EMILIA MESA

Ourense pode presumir de contar cunha grande atleta veterana, Emilia Mesa, muller de currículo asombroso. Participa en competicións rexionais, nacionais e internacionais e é raro que non acade un trunfo, un record ou unha mención. Espectacular a súa traxectoria que aínda continúa:
TRAXECTORIA DEPORTIVA EN ATLETISMO (Categoría Absoluta)
Tempadas 69/70, 70/71: Membro do Equipo CP Eresma, participa en diversas competicións provinciais e consiguo as marcas provinciais de Segovia en 100ml, 200ml, lonxitude e lanzamento de Xavelina.
É elixida mellor deportista feminina polo Consello Provincial de Deportes de Segovia en 1970.
Entre as tempadas 1971 e 1975 é atleta en activo do Club Vallehermoso de Madrid. Destacan as seguintes actuacións:
1971: Campioa de España en substitucións 4x100ml e 4x400ml.
1972: Campioa provincial de Madrid en Pista Cuberta en 60ml.
1973: Campioa de España de clubs, substitucións 4x100ml. Medalla de bronce no campionato Nacional Absoluto en 200ml.
1974: Campioa de España de Clubs. Subcampioa de España en 200ml, categoría absoluta.
1975: Campioa de España absoluta de pista cuberta en salto de lonxitude. Campioa provincial de Madrid en 200ml. Subcampioa de España en 200ml.
Foi Internacional Absoluta coa Selección Española de atletismo nos seguintes encontros oficiais:
Bélxica- España (Bruxelas, 1974)
Italia- España (Probas combinadas, Pescia, 1974)
España- Dinamarca- Portugal (Madrid, 1974)
Dinamarca- España (Probas Combinadas, Copenhague, 1975)
Dinamarca- España (Copenhague, 1975)
Copa de Europa de Probas Combinadas (Barcelona, 1975)
-1980: Como Membro do Club Athlos de Ourense proclámase campioa absoluta de Galicia en 100 mv e salto de longitude. Obtén o trofeo á mellor marca do campionato en concursos.
-1981: Campioa absoluta de Galicia en salto de longitude. 2ª clasificada en lanzamento de peso.
-1984: Campioa de Galicia en lanzamento de peso.
Tivo o record absoluto de Galicia de 100mv e os records de ourense de 100ml; 100mv; salto de lonxitude; salto de altura; lanzamento de peso e pentatlón.
- 2002: Subcampioa Galega en lanzamento de peso (Ferrol)
Encontro Galego- Portugués de Lanzamentos, na Coruña.
3ª Clasificada en lanzamento de peso no Campionato Galego de Pista Cuberta (A Coruña)
- 2003: 3ª Clasificada en lanzamento de peso no Campionato Galego Absoluto (Vigo)
MELLORES MARCAS PERSOAIS ABSOLUTAS:
100 ml: 12.3 sg
100 mv: 16.1 sg.
200 ml: 24.6 sg
400 ml: 59.9 sg
Salto de lonxitude: 5.67m
Salto de Altura: 1.51 m
Lanzamento de peso: 11.82 m
Pentatlon: 3.405 ptos.

TRAXECTORIA DEPORTIVA EN ATLETISMO (Categoría Veteranos)
COMPETICIÓNS INTERNACIONAIS
2ª Clasificada en lanzamento de xavelina, 2ª en salto de lonxitude e 3ª en peso (W55) no campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Nyiregyhaza- Hungría, 2010)
2ª Clasificada en salto de lonxitude, 4ª en xavelina e 9ª peso (W55) no Campionato do mundo ao aire libre de Atletismo Veterano (Lahti- Finlandia, 2009)
1ª Clasificada en lanzamento de Xavelina, 2ª en lonxitude e 4ª en peso (W55) no Campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Ljubljana ? Eslovenia, 2008)
9ª Clasificada en salto de lonxitude e 10ª en peso no Campionato Mundial ao aire libre (W50) (Riccione, Italia 2007)
3ª Clasificada en salto de lonxitude e 5ª en peso no Campionato Europeo ao aire libre (Poznan- Polonia, 2006)
5ª Clasificada en lanzamento de peso e semifinalista en 100ml (W50) no Campionato do Mundo de Atletismo Veterano ao aire libre (San Sebastián, 2005)
4ª Clasificada en lanzamento de peso e 7ª clasificada en 100ml (W50) no campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Aharus- Dinamarca, 2004)
1ª Clasificada en lanzamento de peso e 4ª en salto de lonxitude (W50) no Campionato de Europa de Pista Cuberta de Atletismo Veterano (San Sebastián, 2003)
4ª Clasificada en lanzamento de peso (W45) no campionato de Europa ao aire libre de Atletismo Veterano (Postdam- Alemaña, 2002)
COMPETICIÓNS NACIONAIS (Club Pavillón Ourense. A Partir do 2004, Clube Academia Postal Atletismo Ourense)
Ao aire libre:
Campioa España Aire Libre Barcelona 1999 W45 Peso / Lonxitude
Campioa España Aire Libre Talavera 2000 W45 Peso/ Lonxitude
Campioa España Aire Libre Salamanca 2001 W45 Peso / Lonxitude / 100ml / Disco
Campioa España Aire Libre Ourense 2002 W45 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa España Aire LibreTarragona 2003 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa España Aire Libre Sevilla 2004 W50 Peso/ Lonxitude / Xavelina/ 100ml / Disco
Campioa España Aire Libre Torremolinos 2005 W50 Peso / 100ml / Lonxitude / Disco
Campioa España Aire Libre Aguias 2006 W50 Peso / Lonxitude / Disco
Campioa España Aire Libre Aguias 2007 W50 Peso / Lonxitude /Xavelina
Campioa España Aire Libre Gandía 2008 W55 Peso / Lonxitude / Xavelina /100 ml
Campioa España Pentalon de Lanzamentos Córdoba 2008 W55
Campioa de España Aire Libre Vitoria 2009 W55 Lonxitude/ Xavelina /Peso /100ml
Campioa España Pentalon de Lanzamentos Huesca 2009 W55
Campioa de España Aire Libre Arona 2010 W55 Lonxitude/ Xavelina /Peso
Campioa de España Aire Libre Aguias 2011 W55 Lonxitude/ Xavelina / Peso

En Pista Cuberta:
Campioa España Pista Cuberta San Sebastián 2002 W45 Peso
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2003 W50 Peso / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Zaragoza 2004 W50 Peso / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2005 W50 Peso / Lonxitude / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2006 W50 Peso/ Lonxitude / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2007 W50 Peso/ Lonxitude / 60ml
Campioa España Pista Cuberta Oviedo 2008 W55 Peso/ Lonxitude / 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2009 W55 Lonxitude/ 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2010 W55 Lonxitude/ 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Antequera 2011 W55 Lonxitude/ Peso / 60ml
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2012 W55 Lonxitude/ 60ml /Peso

COMPETICIÓNS GALEGAS
Ao aire libre:
Campioa A Coruña 1998 W45 Peso / Lonxitude
Campioa A Coruña 1999 W45 Peso / Lonxitude / 100ml
Campioa Pontevedra 2001 W45 Peso / Disco
Campioa Lugo 2002 W45 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa A Coruña 2003 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa Lugo 2004 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa Pontevedra 2005 W50 Peso / Lonxitude / 100ml / Xavelina
Campioa Ourense 2006 W50 Peso / Lonxitude / Xavelina
Campioa Santiago 2007 W50 Peso / Lonxitude / Xavelina
Campioa Ou Barco 2008 W55 Peso / 100 ml / Xavelina
Campioa Ou Barco 2009 W55 100 ml / Xavelina
Campioa Ourense 2010 W55 Peso / Lonxitude / Xavelina
Campioa Pontevedra 2011 W55 Peso / Xavelina

En Pista Cuberta:
Campioa A Coruña 2001 W45 Peso / 50ml
Campioa A Coruña 2002 W45 Peso
Campioa Lugo 2003 W50 Peso / 60ml
Campioa Lugo 2004 W50 Peso / Lonxitude / 60ml
Campioa Narón 2005 W50 Peso / Lonxitude
Campioa Santiago 2006 W50 Peso / Lonxitude / 60ml
Campioa Coruña 2007 W50 Peso
Campioa Coruña 2008 W55 Peso / Lonxitude / 50ml
Campioa Coruña 2009 W55 Peso / Lonxitude
Campioa Coruña 2010 W55 Peso / lonxitude/ 50ml

Campioa Coruña 2011 W55 Peso / lonxitude

Campioa Coruña 2012 W55 Peso / lonxitude/50ml

Campioa  Coruña 2013 W60 Peso / lonxitude/50ml

Campioa Coruña 2014W60 Peso / lonxitude/50ml

Campioa Coruña 2015 W60 Peso /50ml. /Segunda lonxitude

Campioa Coruña 2016 W60 Peso /50ml.

Campioa Coruña 2017 W60 Peso

Campioa Ourense 2018 W65 Peso, 60ml

Entréganlle unha placa ao superar as 100 medallas de ouro en campionatos galegos)

Campioa Ourense 2019 w65 Peso/ lonxitude/ 60ml


Campionatos de Galicia Pista Cuberta

Campioa Lugo 2012 W55 Peso / Xavelina/Lonxitude
Campioa Ribeira 2013 W60 Peso/ Xavelina/ Lonxitude
Campioa Ferrol 2014  W 60 Peso/ Xavelina/ Lonxitude
Campioa Ou Barco  2015 W60 Peso/ Xavelina
Campioa Pontevedra 2016 penthatlon de lanzamentos:
Campioa Vilagarcia 2016 W60 Peso/ Xavelina/ Lonxitude
Campioa Ourense 2017 W60 Peso, Disco, Xavelina
Campioa Pontevedra 2018 W65 Peso, Disco, Xavelina
Campioa Pontevedra 2019 W65 Pentatlon de lanzamentos
Campioa Oleiros 2019 W65 Peso, Disco, Xavelina

Campionatos de Galicia Aire Libre

Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2013 W60 Lonxitude/60ml/Peso
Campioa de España Pista Cuberta Zaragoza 2014 W60 Lonxitude/60ml/Peso
Campioa de España Pista Cuberta San Sebastián 2015 W60 Lonxitude/60ml/Peso
Campioa de España Pista Cuberta Antequera 2016 W60 Lonxitude/60ml/Peso
Campioa de España P.C. Gallur (Madrid) 2017 W60  Peso
Campioa de España Salamanca 2018 W65 Peso/ 60ml.
Campioa de España Ourense 2019 W65 Peso/ 60ml./ lonxitude

Campionatos de España Pista Cuberta

Campioa de España Aire Libre Aguias 2012 W55 Lonxitude/ Xavelina / Peso
Campioa de España Aire Libre Vitoria 2013 W60 Lonxitude/ Xavelina / Peso /100ml
Campioa de España Aire Libre Huelva 2014 W60 Lonxitude/ Peso
Campioa de España Aire Libre Alcobendas 2015 W60 Peso/ Xavelina
Campioa de España Aire Libre Elxe 2016 W60 Peso/ Xavelina/ Disco/ 100ML.
(Recibe unha homenaxe ao superar 100 medallas de ouro en campionatos de España)
Campioa de España Aire Libre Elxe 2017 W60 Peso/ Xavelina/ Disco
Campioa de España Aire Libre Vitoria 2018 W65 Peso/ Disco/ Xavelina
Campioa de España Aire Libre Madrid 2019 W65 Pentatlon de lanzamento
Campioa de España Aire Libre Sagunto 2019 W65 Peso/Disco/ Xavelina.
Campionatos de España Aire Libre

CAMPIONATOS MUNDIAIS
2ª Clasificada en lanzamento de xavelina; peso 8ª, disco 10ª, W65 Málaga 2018
CAMPIONATOS EUROPEOS
1ª Clasificada en lanzamento de xavelina; 2ª clasificada en salto de lonxitude; 3ª clasificada en lanzamento de peso W60 Campionato de Europa en Pista Cuberta (San Sebastian 2013)
1ª Clasificada en lanzamento de Xavelina; 4ª clasificada lanzamento de peso W60 Campionato de Europa en Pista Cuberta (Torun, Polonia, 2015)
2ª Clasificada en lanzamento de xavelina; 5ª en salto de lonxitude; 6ª en lanzamento de peso W60 Cpto de Europa pista cuberta ( Ancona 2016 Italia)
1ª Clasificada en lanzamento de xavelina, 6ª en lanzamento de peso W65 Cpto. Europa pista cuberta (Madrid 2018)

3ª Clasificada en lanzamento de xavelina, 6ª en peso, 10ª en disco W65 Cpto. Europa  A.L (Venecia 2019)




Vid: EMILIA MESA

14 diciembre 2012

MATILDE DE LEGÍSIMA


Naceu en Piñor de Cea en 1902 e era irmá de Carmen de Legísima. Foi pintora autodidacta e presentouse a algunhas exposicións colectivas de artistas ourensáns en Madrid e nas capitais galegas. 

Expuña con Tomás Bóveda, Antón Quesada Porto, Corral Díaz, Vidal Lombán, Acisclo Manzano, Carmen Pérez Neu.

Pintaba principalmente coa técnica do óleo bodegóns, motivos florais e retratos infantís.

Segue a liña da súa irmá pero dominaba nos seus cadros as cores máis que o debuxo.

En 1962 participou na exposición que se fixo en Madrid de Arte de Ourense.

Vid: La Noche, 20, 21 e 22  de xaneiro de 19628 de febreiro de 1962, p. 3;  la Región, 16 de decembro de 1962, p. 176.


11 diciembre 2012

JOSEFINA GONZÁLEZ CUDEIRO

Naceu en Ourense no ano 1918 no ambiente dunha familia Republicana. Era irmá de Luísa e Maruja. Asistiu á Escola Laica Neutral de Ourense. Cando a Guerra Civil comezou para ela e para a súa familia a persecución, rexistros e cárcere. Na súa casa de Ourense, na rúa Victoria número 30, acollía a resistentes do réxime. 

En 1937 a casa foi asaltada polos militares e Josefina e os eus irmáns foron encarecerados e o seu pai foi fusilado. En 1937 e 1938 estivo no cárcere de Bande. Foi militante do Partido Comunista manténdose fiel aos seus idearios. 

En 1944 trasládase a Madrid e alí coñece ao que sería o seu compañeiro: Antón Seoane Ramos. Volveron a Galicia en 1945 para organizar a política e a guerrilla. Pero foi encarecerada en 1948 condeada a 25 anos dos que estivo once anos no cárcere de A Coruña, Segovia, Alcalá Henares. 

En 1961 marchou a Caracas e alí instalouse cos seus irmáns montando un negocio de costura. Pero regresou a Coruña en 1966 onde continou cosendo ata que se xubilou.

(Fonte: la Región, 28 de marzo de 1937, p. 3)


Vid: http://www.nomesevoces.net/gl/persoa/52/josefina-gonzalez-cudeiro/vermellas/casas-refuxio-ata-a-morte/; Graña Pérez, Beatriz (2003).Voces da memoria: galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago, Concello de Santiago.

MARUJA GONZÁLEZ CUDEIRO

Era irmá de Josefina e de Luísa. Estivo vencellada como as irmás ao Partido Comunista. Cando a Guerra Civil comezou para ela e para a súa familia a persecución, rexistros e cárcere. Na súa casa de Ourense, na rúa Victoria número 30, acollía a resistentes do réxime. 

En 1937 a casa foi asaltada polos militares e Josefina e os eus irmáns foron encarecerados e o seu pai foi fusilado. Estivo no cárcere de Bande.

Marchou a Caracas e alí instalouse cos seus irmáns montando un negocio de costura. 

Vid: Graña Pérez, Beatriz (2003).Voces da memoria: galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista, Universidade de Santiago, Concello de Santiago.

07 diciembre 2012

JOSEFINA SALGADO PÉREZ

Esta información foi facilitada polo meu entrañable amigo e compañeiro de traballo Adolfo Salgado, irmán de Josefina Salgado. Naceu en Ourense en 1945. Josefina Salgado Pérez[1] naceu en Ourense na rúa Polvorín número 13, actual Rúa Santa Bárbara, 10 o 16 de marzo de 1946 e alí viviu ata os dezanove anos que é cando comezou a aficionarse a correr animada pola súa irmá. Foi pioneira e precursora do deporte feminino, concretamente no atletismo nunha época onde a muller tiña moi limitado a práctica deportiva e de competición. 
Empezou a correr en Ourense cando viu un anuncio dunha proba de cross e se inscribiu para participar e posteriormente federouse cando se creou en Ourense a Federación de Atletismo[2]. Josefina non contaba con antecedentes, nin infraestruturas e instalacións para a práctica feminina. De feito, incluso chegaron a prohibirlle entrenar no campo de fútbol que era a única pista que tiña. Os entrenamentos facíaos en condicións moi deficientes de limpeza e hixiene pois facíaos en campos de terra e tampouco contaba cun vestiario con duchas. Pero forza, tesón e ilusión non lle faltaban:

Me levantaba a las seis de la mañana y me iba corriendo al campo de fútbol del Couto a entrenar en una pista llena de baches y de chapas de cerveza que quedaban allí de los partidos de fútbol.Todos los días teníamos que pedir permiso en la Casa Sindical, propietaria del estadio, para entrenar. Un portero muy simpático nos dejaba utilizar las duchas y los vestuarios porque sin no había que mudarse detrás de la tribuna[3].

Estando no club de Ourense gañou varios campionatos de España, de feito, bateu o record en relevos de 800 metros xunto coa súa irmá, no campionato celebrado en setembro de 1968 rebaixando o tempo do récord anterior, que o ostentaba o equipo de Barcelona, en 17”[4]. Malia a todo isto nunca recibiu unha medalla, unha placa conmemorativa, unha carta de felicitación polos seus éxitos e nunca foi recibida en ningún despacho oficial por parte das autoridades locais da época. Pola contra, e afortunadamente, foi sempre moi ben tratada pola prensa e polo público en xeral o que, sen dúbida, lle deu forzas para seguir adiante. 

Estes éxitos levárona a fichar, en 1968, por un club madrileño, o Club Vallehermoso, no que permanecerá ata a súa retirada en 1974. Josefina chegou a Madrid cunha beca e e viu a súa ilusión convertida en realidade pois sabía que alí ía atopar os medios suficientes para adestrarse e participar en importantes campionatos. 

Me vine a Madrid para preparar el Campeonato de Europa de pista cubierta y aquí me quedé. Batí el récord nacional y me permitían comer gratis en el comedor del INEF. Vivía en casa de una tía[5].

A prensa da época aludían a ela con titulares como: “La española más veloz en 400 metros (55” 4)”; “La orensana más rápida”, “Josefina….recorwoman”...Moitos foron os artigos e noticias que falaban dos seus éxitos que ían medrando día a día, competición a competici

Era Josefina unha muller moi disciplinada, mostra evidente da súa fortaleza mental. Non era estraño vela adestrar en condicións duras no estadio de Vallehermoso, en Madrid, ás sete da tarde, case de noite, e cun intenso frío. Ía todos os días a adestrar de seis da tarde en adiante. As súas compañeiras dicían dela que tiña moito valor. Pero para ela a diversión estaba no atletismo, era o que lle gustaba: “por afición, porque me gusta. El atletismo es para mi una forma de oxigenarme, de pasar los ratos libres. Una especie de liberación”. Entrenaba de seguido para mellorar a súas marcas[6]

Josefina convertíase en noticia asidua na prensa pois durante a súa etapa deportiva participaba en numerosos campionatos onde demostraba sempre a súa fortaleza e onde intentaba todo: “con toda mi alma” dicía ela. En 1970 foi a única atleta que acudiu aos campionatos europeos de pista cuberta que se disputaron en Rotterdam.

O ano 1971 foi o mellor ano do atletismo feminino español pois tras moitas deliberacións considerouse oportuno enviar a tres atletas españolas aos Campionatos europeos que se disputaban en Helsinki. Foron consideradas as pioneiras do atletismo e entre as tres estaba Josefina Salgado demostrando o seu talento. Ese mesmo ano Josefina participou nos Juegos do Mediterráneo en Esmirna, Turquía, onde gañou a medalla de bronce en 400 metros, feito que constitúe un auténtico fito na historia do atletismo feminino español[7]. No ano 1972, en Bruselas, obtivo o triunfo en 400 metros nunha durísima final e onde a nosa atleta correu con moita intelixencia, dosificando as forzas e reservándoas para os últimos metros[8]. Todo este palmarés leva a que sexa escollida como mellor deportista no ano 1973.

Recoller todos os logros de Josefina como deportista daría como resultado un enorme listado, pero si é preciso indicar que foi dezaseis veces internacional, destacando a súa participación no Campionato de pista cuberta de Madrid; no Campionato europeo ao aire libre de Helsinki e nos Juegos Mediterráneos en Esmirna. Foi cinco veces campiona de España en varias modalidades atléticas; dúas veces campiona de España en pista cuberta e campiona en varios campionatos galegos e torneos locais. Todo iso leva a que, despois da súa retirada, sigue aparecendo nos rankings oficiaisda Federación Española de Atletismo como a atlega española que conseguiu ser maior número de veces campioa en 400 metros lisos e é a oitava no ranking español por número de títulos conxuntos individuais (12 títulos en 400, 800 e salto de lonxitude).

O recoñecemento ao seu labor fíxose patente nunha emotiva homenaxe que a Deputación de Ourense lle fixo en 1988, sendo Presidente Don Victorino Núñez. Tamén, en homenaxe á súa traxectoria atlética, as pistas de Atletismo de Ourense en Monterrei levan o nome de “Pistas Josefina Salgado” para manter vivo a súa lembranza. Josefina, Cuqui como agarimosamente lle chamaban, faleceu cando tiña 43 anos.

En 2014 a Xunta de Galicia concédelle a título póstumo a distinción ao Mérito Deportivo. Deixounos un legado de éxitos non só atléticos, tamén de valor, tesón e fortaleza: “Lo que soy lo debo a muchos años de lucha”. Non só é destacable en atletismo tamén pola súa persoa, achegada e modesta. Foi levando o nome de Ourense por Europa pois nunca deixou de mencionalo. A súa fortaleza, o seu espírito de loita no deporte, o seu tesón e, sobre todo, a súa grande modestia e valentía como muller merece que a teñamos na nosa lembranza sempre.

Hoxe en día lémbrase a esta extraordinaria atleta porque as pistas de Atletismo do Complexo deportivo de Monterrei levan o seu nome: Pistas Josefina Salgado.

(Fonte: Hoja Oficial del lunes. 1971 agosto 2)

[1] Josefina Salgado foi proposta para dar nome a unha rúa de Ourense por Adolfo Salgado Pérez quen achegou unha importante documentación e datos sobre ela.[2] “Orensanos que viven en Madrid. Josefina Salgado”, 24 de decembro de 1971[3] “La mejor atleta orensana”, La Región, ; Piñeiro, J.M., “Neurovisión”, La Región, 14 de xullo, 2014.[4] Filipides, “El primer récord nacional conseguido en el José Antonio”, La Región, 21 de setembro de 1968.[5] Idem.[6] Zedo, Carlos, “Josefina Salgado. La española más veloz en 400 metros. 55” 4”,[7] Molero, Pedro, “1971, el mejor año del atletismo femenino español” La Región.[8] Acosta, M.A., “Tres récords de España”, Marca, 3 de xullo de 1972.

06 diciembre 2012

AURORA SALGADO PÉREZ

Atleta nacida en Ourense era a irmá de Josefina Salgado e compartía con ela a súa afición polo deporte e o atletismo. Ambas as dúas eran irmás do meu entrañable compañeiro de traballo Adolfo Salgado que, lamentablemente, xa  non está entre nós.

Aurora pertencía ao Clube Halcones OJE.  En 1968 proclamouse campiona de Galicia en Santiago na especialidade de Campo a Través e tamén Campioa de Galicia de Atletismo en pista nas probas de 600 e 800 metros. Campionato celebrado no Estado de Balaídos de Vigo en 1969.

DOLORES GARCÍA RODRÍGUEZ

Naceu en Ourense e dedicouse á pintura participando na Exposición de Arte Rexional celebrada en Santiago de Compostela en 1923 coa obra "Camiño da Leira".

Vid: Marco, A, Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007,  p. 186.

04 diciembre 2012

NIEVES FARIZA



( Fonte: El Emigrado, 7 de marzo de 1933. Galiciana)

Nieves Fariza Alonso naceu en Cambados o 17 de xaneiro de 1911 pero podemos considerala ourensá pois foi na nosa provincia onde exerceu a súa profesión de mestra, concretamente en Celanova, foi aquí onde casou e onde polo seu activismo gañouse o alcume de “pasionaria blanca”.

O pai de Nieves era Garda Civil e ela tivo cinco irmáns dos cales dous eran franquistas, un emigrou a Bos Aires e a súa irmá estudou maxisterio coma ela. Malia o ambiente familiar, Nieves era Republicana, pois como di o seu fillo: “ella y su hermana habían estudiado maestras durante la República y las habían formado así”[1]. Cando era nena xa demostraba ser moi precoz na escola e moi pronto decide ser mestra.

Obtén o título de bacharelato no Instituto de Santiago no ano 1929, logo estuda maxisterio e no ano 1933 dirixe a Academia Escuela Moderna onde preparaba para o bacharelato, o maxisterio, escola primaria e Nocturna. Como muller comprometida cos necesitados tamén abriu en 1934 unha escola privada mixta no local do Sindicato de Guimarey a onde acudirían todos os nenos que non puideran ir á escola mixta nacional[2].

Exerceu como mestra, na escola de Xaceváns en Celanova, e xa era unha muller comprometida e de principios sólidos pois negouse a impartir clases de relixión o que a situaba nunha situación de perigo ante o réxime franquista e levouna a enfrontarse co párroco a quen se atreve a dicir: “A relixión apréndallela vostede, señor cura”[3] Era unha muller dunha fortaleza e entereza enorne, capaz de retar aos opresores. Un camión cargado de falanxistas vai en busca dela a Celanova, pretenden matala, pero Nieves engánaos xa que ningún a recoñece e collendo ao seu fillo dálles o alto e dilles que a leven a Ourense que ten ao neno enfermo de difteria. O xefe do grupo accede a levala. Cando chega a Ourense colle un taxi e vai para a Estrada á casa da nai e alí permanecerá agochada en diferentes faiados das casas durante un ano.

O seu activismo continuou tras a morte por silicose do seu marido que era carrilano. Comezara a traballar como encargado con cen persoas ao seu cargo no ferrocarril no Cañizo, a Gudiña e tras cinco anos enferma do “mal da vía”. Nieves decátase que non estaba asegurado e nese momento, non dubida en enfrontarse aos empresarios de MZOV para esixirlles o pago das pesións ás viúvas dos carrilanos que non tiñan seguridade social. Isto xurárao sobre a tumba do seu home. Mais isto non lle saíu de balde, os empresarios accederan ao pago das viúvas pero tamén a ameazaron: “Pagarémoslles a estas, pero mañá vostede vai estar entre reixas”[4]. De inmediato, denunciárona por exercer de “avogada” e vai ser detida. A súa filla vai na procura dun avogado pero todos néganse á defender a Nieves ata que Luís Pérez Colemán acepta defendela e consegue que saia do cárcere.

Isto faría que entre Nieves e Luís xurdise unha camaradería xa que entre os dous abren un consultorio social en Ourense despois de que Nieves estudase Graduado Social, graduándose en 1953. Dito consultorio levaba o nome de Adelante, unha denominación suxerente de ánimo, de valentía, de entusiasmo. A figura de Nieves é cada vez máis populosa, Nieves localiza os casos de abusos laborais e Colemán lévaos aos tribunais.

Ao ser admitido como enfermidade profesional o “mal da vía” as forzas de xustiza lévana a solicitar que se lle faga a autopsia a todos os que morreran polas obras do ferrocarril para confirmar que a causa principal fora a silicose. A nosa insigne muller recibe un novo cualificativo: “desenterramortos”.

A inxustiza non ía con ela, o que Nieves consideraba atropelo ou ilegalidade laboral contra os traballadores do ferrocarril facía que actuase con afouteza e valentía como cando defendeu aos operarios do ferrocarril ata conseguir que tivesen unhas melloras salariais e que se lles aboase o desprazamento aos seus postos de traballo[5]. Nieves encabezou una concentración de trescentos carrilanos en Verín pois ía acudir á vila o Ministro de Traballo, Girón de Velasco. A Garda Civil dispersa a todos e meten a Nieves nun coche camiño de Zamora e cando remata a visita do ministro de novo a trasladan a Verín. Nieves quere informar ao Ministro de Traballo dos atropelos laborais e envíalle unha carta solicitando que se cumpra a lexislación. Tal foi a forma de expresalo que o propio ministro recoñece o seu respecto por esta muller. Desta tremenda loita derivou unha certa melloría nas condicións dos traballadores. A nosa eximia muller é denominada “a dos quilómetros”.

A enerxía de Nieves traspasou a outros sectores de traballo, protestando por outras miserias laborais que se producían nas minas astur-leonesas. Sabía que as condicións dos traballadores eran deplorables, para eles será “la pasionaria blanca”. Ademais, axudou ás mulleres ourensás en xeral no consultorio social “Adelante” xa que alí ían para pedir asesoramento e axuda, sendo un precursor dos centros de información de Mulleres (CIM).

A admiración que se pode profesar por Nieves é moi grande xa que, sendo muller, foi tremendamente respectada nun mundo de homes. En plena posguerra rachou de xeito totalmente revolucionario co estereotipo de muller da época despuntando a súa rebeldía contra a inxustiza

A Concellería de Igualdade de Ourense rendeulle unha merecida homenaxe o día 15 de marzo de 2008 no extremo sur do túnel 95 da estación de San Francisco, remate da rúa dos carrileiros, onde non faltou o seu fillo, José Emilio Martínez Fariza, os seus netos e bisnetos. Acudiron tamén os familiares e traballadores do ferrocarril e, como era de ser, a Asociación Foula cuxo membro Francisco Boluda consideraba moi necesario e pertinente facer un recoñecemento ao traballo de Nieves Fariza, xa que grazas a ela os traballadores do ferrocarril tiveron unha vida máis digna[6].

Efectivamente, segundo as palabras de Elena de Jesús Rodríguez: “había que saldar a débeda contraída con ela, coa súa familia e con todas aquelas persoas que se viron inxustamente privadas da herdanza do seu legado”[7]. O compromiso de Nieves era moi grande. Nos anos sesenta viaxou á URSS e alí viu como vivían os obreiros e de alí veu moi desmoralizada[8]. Incluso pódese dicir que animou aos seus fillos a escoller uns estudos para dedicarse aos necesitados xa que, de feito, os tres estudaron graduado social.

Nieves deixou un oco moi grande na loita polos obreiros dos sectores de traballo máis duros. E como di María Elena de Jesús: “do seu traballo, a súa coherencia ideolóxica e o seu talante progresista ofreceunos unha lección maxistral instituíndose nun referente social e histórico do noso país e en abandeirada da causa da igualdade”.[9]

O 28 de setembro de 1975 falece en Vigo, tiña 64 anos, empregados na súa maior parte para recobrar a xustiza dos que estaban a ser explotados. É un deber, é unha obriga que permaneza na nosa memoria sempre co seu “Adiante, sempre adiante”.



REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Cid, Rafael, “A desenterramortos”, Carrilanos. Os túneles dun tempo, Vigo: Xerais, 2005.
Jesús Rodríguez, Elena de, “Nieves Fariza Alonso: Unha loita solitaria nun mundo de homes”, Xénero. Caderno de Igualdade, 1, (2009): 37-59
Méndez Lois, Mª José (coord..) Mulleres na educación en Galicia, Santiago, Xunta de Galicia: MUPEGA, 2009.

Ligazóns:

Elena de Jesús Rodríguez, “Nieves Fariza Alonso: Unha activista pioneira na defensa dos dereitos das mulleres”, Consello da Cultura Galega. Album de mulleres. http://culturagalega.gal/album/resultadosbusca.php?termo=Fariza (visita do 1 de marzo de 2020).
“Nieves Fariza Alonso” entrada en Wikipedia. (edición do 8 de xaneiro de 2018 ás 21:50)


[1] “Arquitectura personal!, La Nueva España, 11 de setembro de 2013.
[2] Rosa María Cid Galante,“Nieves Fariza”, entrada blob www.asnosasmulleresourensas.blogspot.com, consultado o 1 de marzo de 2020
[3] Rafael Cid, “A desenterramortos”, Carrilanos. Os túneles dun tempo, (Vigo, Xerais, 2005), 99.
[4] Rafael Cid, “A desenterramortos”, Carrilanos. Os túneles…Op.cit., p. 100.
[5] “Nieves Fariza Alonso” entrada en Wikipedia. (edición do 8 de xaneiro de 2018 ás 21:50)
[6] Elena de Jesús Rodríguez, “Nieves Fariza Alonso: Unha loita solitaria nun mundo de homes”, Xenero. Caderno de Igualdade, 1 (2009): 37-59; “Homenaje a medias para Nieves Fariza” La Región, 16 de marzo de 2008.
[7] Elena de Jesús Rodríguez, “Nieves Fariza: Unha loita solitaria…Op.cit., p. 37; “Nieves Fariza Alonso: Unha activista pioneira na defensa dos dereitos das mulleres”, Consello da Cultura Galega. Album de mulleres. http://culturagalega.gal/album/resultadosbusca.php?termo=Fariza (visita do 1 de marzo de 2020).
[8] Entrevista a José Emilio Martínez Fariza, La Nueva España, 11 de setembro de 2013.
[9] Elena de Jesús Rodríguez “Nieves Fariza…Op.cit..

CONCEPCIÓN CID LIMIA

Naceu en Ourense en 1946. A comezos de 1952 marchou a Arxentina coa nai e os seus irmáns para reunirse co pai. 

Cando era unha adolescente comezou a concienciarse politicamente e nos anos máis tarde afiliouse ao Partido Comunista e entrou en contacto cos galegos e galegas do exilio e participou nas actividades culturais organizadas pola Federación de Sociedades Galegas: asistiu ás clases de galego impartidas por Blanco Amor, formou parte dun grupo de teatro, pertenceu á Coral do Centro de Betanzos. 

Fixo Maxisterio e a carreira de Xornalismo deportivo. 
En 1965 participou nuns campamentos guerrilleiros dirixidos por Che Guevara. 

En 1966 ela e a súa familia viaxan a Galicia. En 1969 casou e trasladouse co seu home a Xenebra onde permaneceu dous anos e fixo traducións para a OIT e colaborou co colectivo emigrante dende unha agrupación comunista. De 1971 a 1974 viviu en Ourense dedicado ao traballo organizativo a nivel provincial dentro do seu Partido. 

Fíxose cargo dunha emisión radial en galego "De Ribadeo a Tui" en Radio Pirenaica. Coa chegada da democracia, a radio Pirenaica xa non tiña razón de ser e o derradeiro programa foi en xullo de 1977. Despois residiu en Vigo onde traballou varios anos en CCOO e logo trasladouse definitivamente a Ourense.

Vid: Graña Pérez, Beatriz, Voces da Memoria. Galegas, exiliadas, emigradas e resistentes durante o franquismo, Santiago de Compostela, 2003, pp. 149-162.



ALICIA CID

Alicia Cid naceu en Ourense en 1934. Fixo estudos de Bacharelato en Madrid e residiu en Talavera de la Reina. A súa vocación de escritora comezou moi pronto. Animada polo Padre Antonio Aradillas deu un recital no Club do Pobo. Dedicouse á poesía coa que colleitou moitos éxitos nos anos setenta e oitenta por Madrid.
Escribiu "Nada y el corazón" en 1977 e "En esta oscura marcha"  poemario intimista enraizados coa dor e as críticas do momento falan dunha nova Rosalía pois a visión do mundo é nela a visión de si mesma. Publicou no libro Antología general de Adonais e tamén en Extramundi.

Vid: ABC (Hemeroteca), 3-8-1977.

GLORIA BLANCO BLANCO

Naceu en Freixido, preto de A Rúa. Actuou como enlace da guerrilla e, coa súa nai, Gloria Blanco Diéguez, estivo encarcerada por dar protección aos fuxidos. En 1952 marchou coa nai e un irmá a Barcelona onde se reuniron con Odilo Fernández Rodríguez "O Blas", que era o seu compañeiro sentimental e con Roberto López "Pajarito". Con eles atravesaron os Pirineos durante cinco días e chegaron a territorio francés. Tras pasar por Beziers e Herault viviron en París.

Vid: Marco, A., Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, 2007, p.57-58.


ÁFRICA ÁLVAREZ VALLE

Naceu en 1916, era natural de Casaio e estaba casada. Segundo os artigos 45  e 46 da Lei do 9 de febreiro de 1939 faise saber que, por aparecer indicios de responsabilidade política, se lle incoou expediente de responsabilidade. Así mesmo debían prestar declaración cantas persoas tivesen coñecemento da conduta política e social da inculpada, antes ou despois da iniciación do Movemento Nacional, así como indicar a existencia de bens. Foi xulgada en 1943 no Barco de Valdeorras polo Xuíz Francisco de la Barrera.
Estivo no cárcere de Astorga como tamén Clotilde Valle. A situación de precaria alimentación e as condicións do inmoble facía que as reclusas enfermaran con frecuencia. África estivo enferma dunha forte gripe e tivo que ser tratada con aspirina fenacetina receitada polo médico Sr.Botas.

Vid: BOE U, nº 14, 1943, p. 1547; José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte, editorial Galaxia e editado en 2015; Beatriz García Prieto, "La invisibilización de la Prisión de Mujeres de Astorga: desde la dictadura franquista a nuestros días", 

SABINA ALBIZU DE VALCÁRCEL

Foi unha destacada dirixente de mulleres de Ourense de carácter tradicional e conservador. Era a muller do Presidente d Comisión Xestora da Deputación de Ourense. En 1910 formaba parte da agrupación de Damas de la Buena Prensa de Ourense e de Acción Femenina Gallega (desta última chegou a ser a presidenta)  e con elas asinaría varios artigos nos que se defendía con contumacia a Relixión e a tradición. Preocupaba polos combatentes ourensás na guerra de África facía colectas de roupa, libros, tabaco, etc., para enviarlles, un xesto que aqueles lle recoñecían e agradecían a través das cartas:

(Fuente: La Región, 12 de febreiro de 1922, p. 2) Galiciana.

Foi dirixente da Acción Feminina Galega que se organizou no ano 1932. Esta agrupación organizaba ciclos de conferencias no local da Xuventude Católica. Entre os oradores invitados estaban o Sr. Lezón.
Era unha muller de convicións tradicionais e conservadoras e recurrente invitada nas inauguracións de actividades e eventos da cidade xunto con outras mulleres da súa liña como Blanca Calvo, a viúva de Cerviño e a de Taboada Tundidor. 
Tamén foi autorizada en 1932 para abrir unha escola privada de nenas na cidade, na rúa Liberdade número 17.
E a súa militancia levouna a formar parte da Xunta Directiva das "Mujeres al servicio de España".
Faleceu o 10 de febreiro de 1965.

(Elaboración propia) 
Vid: El Eco de Galicia, 2 de xullo de 1910, p.1; El Ideal Gallego, 27 de decembro de 1932, p. 5; El pueblo gallego, 25 de outubro de 1936, p. 9.

01 diciembre 2012

AMÉRICA SOTO RODRÍGUEZ

América Soto é unha prestixiosa deseñadora de traxes pero tamén investigadora do seu oficio. Está especializada no deseño de traxes de cabalgata de reis, festas medievais, etc. Pero a súa creatividade chega máis alá. Ela foi a que deseñou o traxe de Calpurnia Habana Aeboso, un vestido en crú moi caído e con moito aire. Tamén deseñou á boneca Carmiña, unha boneca tenra e galega co seu traxe tradicional coa basquiña e dengue que está repartida por todo mundo pois os nosos emigrantes queren manter a lembranza da terra.
O prestixio de América na costura non o pon ningúen en dúbida.
Vid: La Voz de Galicia

28 noviembre 2012

NURIA SOTELO RODRÍGUEZ

Naceu en Ourense en xaneiro de 1978. Comezou no mundo da danza dende moi pequeniña. Cando estudaba na facultade estudando Veterinaria formou parte das aulas de danza e de teatro e, xa traballando de veterinaria, tomaba todos os cursos de danza contemporánea aos que tiña acceso, tanto en Galicia como en Portugal, Cataluña, etc.. Ata que se presentou ás Audicións do Centro Coreográfico Galego e collérona. Actualmente dedícase á danza e creou a súa propia compañía de Danza animada por Ana Vallés quen a axudou na montaxe da súa obra "Métase nos seus asuntos". Actualmente é a presidenta de Danesga, a asociación de danza galega. Traballa arreo pola danza e pola súa nova empresa.
Vid: DANESGA

13 noviembre 2012

ASUNCIÓN GONZÁLEZ "POBRE ASUNCIÓN"

Asunción González foi unha muller que tivo unha desgraciada morte. Foi a vitima dun home ateigado pola ira e os ciúmes ao ver a Asunción acompañada polo seu noivo. Corría o Venres Santo do ano 1891. Asución atopábase na Praza Maior en compaña do seu noivo cando un home se achegou e matouna. Ela morreu no acto e o asasino foi detido e estivo en prisión. Un crime paixoal que sería recollido nun dos relatos de Alvaro Cunqueiro.
Descansan os seus restos no Cemiterio de San Francisco e na súa lápida pode lerse "Pobre Asunción". Deseñou o epitafio e o monumento funerario Juan Xesta que fora noivo de Asunción pero que cando aconteceu o terribe suceso xa non estaban saíndo.
Na actualidade Asunción sempre ten flores na súa tumba. O grupo de Mulleres Feministas e representantes da Marcha Mundial de Mulleres (MMM) depositan unha ofrenda de flores o día contra a violencia de xénero que é o día 25 de novembro.
Vid: La Región
Soitu

11 noviembre 2012

VICENTA ALONSO-CUEVILLAS ÁLVAREZ-SEARA

Era a nai de Florentino López Cuevillas. Pertencía a unha tradicional familia ourensá na que confluían os Cuevillas, orixinarios de Miranda do Ebro -propietarios, administradores do patrimonio de familias señoriais, funcionarios...- e os Seara, vella estirpe ourensá emparentada coa fidalguía. 

Era filla dun recoñecido brigadero que desempeñou importantes cargos militares na cidade de Ourense. Casou con Florentino López Barbán, delegado de Facenda, pero morreu en Lugo e ela quedou viúva e cun único fillo que sería Florentino López. Este vivirá a súa infancia moi achegado á súa nai, á que lle profesará un amor exclusivo e coidadoso, sendo criado con mimo.

Vicenta faleceu en Ourense o 23 de abril de 1936.

Vid: VV.AA, Gran Enciclopedia Gallega. Entrada López Cuevillas. Tomo 19, Gijón, 1974, pp. 141-147. E hemeroteca: "Los que mueren" Diario de Pontevedra, 24 de abril de 1936, p.3.

BEATRIZ HERVELLA NOGUEIRA

Naceu en Ourense en 1976. Os seus pais, ambos os dous profesores, sempre foron moi sensibles a temas relacionados coa educación; sempre valoraron a adquisición de coñecementos así como o desenvolvemento dunha personalidade autónoma e ética; por todo iso decidiron que a súa formación se realizase en centros públicos. Estudou, no colexio público de Curros Enríquez e no instituto público das Lagoas; alí atoparía aos seus mellores amigos.

Decidíu facer a carreira de Físicas, (sen excesiva vocación; pois gustáballe todo, a verdade) na Universidade de Santiago de Compostela; licenciouse en 1998, especializándose en Física de Partículas. No seu último ano de licenciatura cursou a materia de Física de Fluídos, a pesar de que non era da súa especialidade, quedou fascinada por ela e condicionou a súa existencia. A súa tese de licenciatura centrouse neste campo, e traballou xa cun modelo meteorolóxico. O departamento da universidade no que estudaba deu orixe a MeteoGalicia, onde comezou a traballar desde o seu nacemento no ano 2000. A partir de xullo de 2001 comezou a compaxinar o seu traballo en MeteoGalicia coa elaboración e difusión de información meteorolóxica na TVG. Á marxe destas dúas actividades, aínda conseguiu un pouco de tempo para investigar en meteoroloxía; en concreto traballou no proxecto MEDEX (MEDiterraneanEXperimenton"Cyclonesthat produce highimpactweather in the Mediterranean"); trátase dun proxecto auspiciado pola Organización Meteorolóxica Mundial no que traballaba con modelos meteorolóxicos tratando de melloralos na predición de fenómenos adversos, fenómenos potencialmente perigosos de choiva e vento.

Na actualidade, afastada xa de Meteogalicia e Televisión de Galicia, traballa na creación da empresa “4pingas atmosfera & océano”.

Fonte: Información proporcionada a través de Elena Fidalgo Laínez a quen lle agradezo a súa colaboración neste blog.

03 noviembre 2012

AS CASTAÑEIRAS

As castañeiras eran aquelas mulleres do Ourense dos anos trinta e corenta que acudían á cidade no inverno ofrecendo castañas frescas. Segundo Xaquín Lourenzo, o forno, chamado fornalla,  para asar as castañas facíano enchendo un caldeiro vello de ladrillos e barro, cun buraco na parte inferior,que facilitaba a combustión. Levaba un enreixado de ferro para evitar que caíse o carbón e na parte superior poñían a tixola de lata para asar as castañas.
Montaban o seu "negocio" nun portal ou á intemperie, en calquera recanto apropiado, acendían o lume, axudándose dun abano e, feitas as amoxegadas ás castañas, poñíanas na tixola movéndoas de vez en cando. Ao irse asando botábanas nunha cesta cuberta de sacos para conservalas quentes. Algunhas castañeiras montaban un pequeno local onde vendían froita e castañas asadas ou crúas.
Na nosa cidade temos unha homenaxe ás castañeiras na fermosa representación escultórica de Xosé Cid realizada en bronce.
Cando non era a época das castañas, algunhas castañeiras vendían tamén froita alquilando un pequeno local.
Vid: Lorenzo, X. Historia de Galiza, Vol 2, Buenos Aires, 1962.

VICTORIA PREGO DE OLIVER E TOLIVAR

De novo as amigas che poñen na pista de máis mulleres. Elena Fidalgo faime mención de Victoria Prego que ten raíces ourensás.
Vitoria Prego de Oliver e Tolivar (Madrid, 11 de novembro de 1948) é unha xornalista española. Ten raíces familiares na galega provincia de Ourense.
É filla do xornalista e dramaturgo Adolfo Prego de Oliver (1913-2000) e irmá de Adolfo Prego, maxistrado do Tribunal Supremo.
Estudou Ciencias Políticas e Xornalismo, e en 1974 ingresou en Televisión Española, sendo asignada á área de internacional dos servizos informativos. Nos anos seguintes, desenvolve a súa actividade no informativo da 2 (entón coñecida como UHF), chamado Redacción Noite. En 1976 é nomeada Xefa da Sección de Internacional, e máis adiante transcorreu dous anos en Londres como correspondente de TVE.
De regreso a España, comeza a gañar popularidade entre os telespectadores entre 1981 e 1982 cando se lle encarga a presentación, xunto a Joaquín Arozamena, da terceira edición do Telexornal, que se deu en chamar Ao peche. Ambos deron forma a unha entón nova concepción dos informativos, combinando un estilo máis próximo de transmitir noticias cun maior tempo dedicado á opinión política.
Entre 1982 e 1987 presentou o programa cultural A arte de Vivir que dirixía Miguel Anxo Gozalo. Paralelamente, en 1983 estreou o espazo Españois, no que tivo ocasión de entrevistar a importantes personaxes da vida política, económica, social e cultural de España. Nesa época comeza tamén a colaborar coa revista Interviú.
Máis adiante, e até 1986, amplía a súa experiencia xornalística na radio, presentando o informativo diario en Radio Nacional de España, así como o espazo de análise política O Reloxo. En 1987, tamén en TVE, conduce Debate.
Foi nese momento cando empezou a preparar para Televisión Española un dos traballos máis destacados da súa carreira: unha serie de documentais sobre a Historia Recente de España, ao que se deu o título da Transición, que non se estrearía até 1995.
En 1994 dirixiu e presentou o programa de debate "Un momento por favor para Telemadrid" e Canle Sur.
Un ano despois incorpórase a Antena 3 Televisión, onde realiza unha serie de documentais coincidindo co vixésimo aniversario da morte de Franco e a subida ao Trono de Juan Carlos I. Na mesma cadea durante os anos 2000 a 2003 intervén como analista política e tertuliana no programa informativo diario O Primeiro Café con Isabel San Sebastián e logo con Carmen Gurruchaga.
Desde 2000 é Subdirectora da área política do diario O Mundo, onde escribe unha columna diaria e en 2005 é nomeada adxunta ao director Pedro J. Ramírez. Desde 2005 colabora co programa de Televisión Española Os almorzos de TVE, desde 2006 en Madrid opina (até 2011) e Alto e Claro de Telemadrid e desde 2009 na volta ao mundo, de Vexo7. En radio traballou en Onda Cero co compás, entre 2001 e 2002 e actualmente faino en COPE.

Libros:
Así se hizo la Transición (1995).
Diccionario de la Transición (1999).
Presidentes (1995).

Obtivo premios interesantes como: Antena de Oro; Víctor de la Serna e TP de Oro.
Vid: Wikipedia

30 octubre 2012

TERESA FONSECA MARTÍN

Como é sabido, este blog é de todos/as e para todos/as, e segundo isto, a achega de información que me fan amigas e coñecidos é valiosísima. Neste caso a miña amiga Elena Fidalgo Laínez, mestra de profesión, me suxeriu incorporar a Teresa Fonseca Martín. Teresa naceu en 1974 en Ourense, persoa agradecida dos seus pois di textualmente:
Estudié en el Curros Enríquez y en el instituto Eduardo Blanco Amor, y me gustaría hacerles un poco de homenaje porque tuve muy buenos profesores. No hubiera llegado hasta el CERN sin mis profesores ourensanos. Me gusta defender mis raíces ourensanas, pero también la educación pública. Fui al cole y al instituto que me tocaban y tuve unos profesores de lujo. (La Voz de Galicia, 5-10-2008)
Despois de estudar en Ourense trasladouse a Santiago para realizar a carreira de Física e Química. Logo obtivo unha beca de Pedro Barrié de la Maza e realizou a tese de doutoramento en Northwesterm. Versaba  sobre a desintegración dunhas partículas chamadas kaones en relación cun experimento que se levabaa cabo en el CERN, que es el Laboratorio Europeo de Física de Partículas. Esta tese levouna a Xenebra (Suíza).
Teresa forma parte dos 2500 investigadores científicos que traballan no proxecto CERN (Organización Europea de para la investigación Nuclear), concretamente no experimento Atlas que é descubrir as partículas máis pequenas da materia e reproducir o que sería o big-bang orixe do universo e a cosmoloxía.

Vid: http://www.tendencias21.net/Teresa-Fonseca-Fabricar-una-bomba-de-antimateria-es-imposible_a3286.html
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2008/10/05/0003_7197263.htm
http://www.galiciaunica.es/personaje/?p=573