Etiquetas

17 diciembre 2011

ÁNGELES OTEIN

Este blog pretende amosar a referencia de mulleres ourensás que pola súa traxectoria están a deixar e deixaron unha pegada importante tanto na nosa cidade e provincia como fóra dela. É o caso da muller que se presenta nesta entrada, Ángeles Otein que, aínda que non naceu en Ourense, si tiña raíces ourensás, xa que o seu avó, por parte materna, era oriúndo da nosa cidade, Ourense, e chamábase Don Luís Iglesias que estaba casado con Dona Blanca Somoza natural de Santander. Pois ben, Ángeles naceu en Algete o 24 de xuño de 1895 e era cantante lírica e profesora. Ángeles recorreu o mundo recollendo o éxito coa súa voz prodixiosa, tanto en Italia e nos países nórdicos e en América. En 1926  casou con D. Enrique Naya e viviron na Habana. Volveu á escena ata 1942 e logo dedicouse ao ensino, contando entre os seus alumnos con Pilar Lorengar, María Luisa Nacho, Consuelo Rubio, a súa sobriña Marimí del Pozo e máis tarde a que sería a súa filla política Kitty Fernández. En 1960, xa viúva, mudouse para Porto Rico chamada por Pablo Casals, profesor no Conservatorio. En 1971 volveu a Madrid onde morreu dez anos despois.

En 1995 celebrouse o centenario do seu nacemento en Algete.
Vid: Ángeles Otein

11 diciembre 2011

ÁNGELES GULÍN

Naceu en Ribadavia o 18 de febreiro de 1936. A afección pola música foi fomentada sobre todo polo seu pai, que era director de orquestra e espertouse xa desde moi pequena en Ribadavia (Orense). Aos oito anos trasladáronse a Montevideo e aos dezaoito empezou a estudar música co seu pai: solfexo, piano, harmonía, canto...
O tratou a súa voz coma se fose un instrumento máis da orquestra, e quería que soubese todo o que debe saberse para poder cantar, tocar o piano, interpretar calquera peza e estudar ela soa sen necesi dade dun pianista, por se tiña necesidade diso algunha vez. O seu pai foi o seu único mestre. En Madrid, tivo como mestre a Miguel Barrosa, quen soubo tratar a súa voz coa mesma técnica vogal que ela seguía; é dicir, polo
camiño da natureza, sen forzamiento algún. En canto a repertorio, en Roma traballou coa señora Cabarra, unha gran pianista. E en Madrid preparouno co mestre Casal Chapí e outros bos pianistas.
Ao dezanove anos debutou en Montevideo con "A frauta máxica", no papel da Raíña da Noite. Logo preparou "Rigoletto" (o papel de Gilda), "Lucia deLammermoor", obras españolas como "Dona Francisquita", "Mariña","A Dogaresa", "Maruxa", etcétera. Casou e en 1964, regresou a España co seu marido, onde estiveron uns meses. Posteriormente marcharon a Alemaña, país no que perfeccionou os seus estudos. En 1967 debutou en Düsseldorf, con "Simón Boccanegra". A partir de aí empezou a carreira en grande.
Na tempada 1968-69 presentouse ao concurso de Voces Verdianas de Busseto, e gañou o primeiro premio absoluto. Iso proporcionoulle moitos contratos. Debutou nunha praza tan difícil como Parma, cunha ópera que facía moito tempo que non se representaba:"Stiffelio", de Verdi, fixo o papel de Alma, e obtivo un gran éxito. Volveu de novo a España. Cantou no Teatro Real de Madrid "A vida breve", de Falla. E deseguido puido actuar nos grandes teatros de Italia. En 1970 debutou no Carnegie Hall de Nova York, coa ópera "Terra baixa". En realidade, o papel de Marta era para mezzosoprano. Pero caeu enferma quen tiña que cantalo e chamárona a ela pola gran extensión da súa voz . Despois recorrío San Francisco, Detroit, Filadelfia, etcétera. En Europa, naturalmente, é onde máis actuou. Sobre todo en Alemania, Austria, Hungría, Checoslovaquia. A obra que lle supuxo o gran salto aos teatros de Italia e de Europa toda foi "O corsario", de Verdi. O papel de Gulnara (unha odalisca moi agresiva), moi difícil polos grandes cambios de tesitura, foi, en 1971, unha oportunidade que lle proporcionou posteriores éxitos.
Cantouno en Venecia, xunto á Papantoniou, Casellato-Lamberti e Renato Brusón, baixo a dirección do mestre Franci.
No Gran Teatro do Liceo cantou na tempada 1970-71: "Aida", xunto a Pedro Lavirgen; e "A Gioconda", xunto a Carlo Bergonzi. En canto ás últimas actuacións, en Viena cantou "La Dolores", xunto a Pedro La Virgen, Antonio Brancas e Esteban Astarloa, a parte de toda a tempada de inverno en Italia, Francia, etcétera. En Caracalla pechou a tempada con "Aida". A continuación seguen os Festivais de Bilbao e Oviedo ("Turandot" e "Luisa MiHer") A finais de setembro gravo, en Turín,"Aroldo". Despois fixo en Madrid "María Egipcíaca", para Radiotelevisión Española. E así sucesivamente.
A súa voz suscitaba polémica, era unha voz grande, extensa, sen límites de repertorio, que progresou bastante desde o primér debut.
Facelecu en Madrid o 10 de outubro de 2002.
Vid: La Vanguardia
La zarzuela

10 diciembre 2011

VICENTA PÉREZ LÓPEZ

Vicenta naceu o 25 de febreiro de 1913 en Dadín, O Irixo, era irmá de María Pérez López que tamén figura neste blog.

Eran fillas de Hermenesindo Pérez García que era médico e de Elvira López. 

Vicenta residía en Ourense na rúa Lúis Espada número 7. 

Tiña grandes dotes para a pintura. Presentou en marzo de 1929  unha mostra dos seus cadros na Deputación Provincial de Ourense. Tras examinar as súas obras por medio dun perito a Deputación aceptou concederlle unha subvención de mil pesetas para que puidera continuar os seus estudos en Madrid.  É importante salientar como as institucións axudaron a que mulleres ourensás puidesen formarse nas súas inquedanzas.

Estudou no Instituto Ourensán e obtivo o título de bacharelato en 1933. O 30 de agosto de 1934 enviou unha carta ao Decano da Facultade para solicitar que lle permitise presentarse ás probas de enfermería que estaban previstas para setembro dese ano.

Casou co Director do Banca Don Ricardo Martín Esperanza que contribuíu á creación do Polítogo Industrial de Ourense e a Torre de Ourense. Ademais foi fundador da Falanxe en Ourense. 

Tamén consta nun estudo realizado por Ana Cebreiros Iglesias que Vicenta Pérez López foi fundadora da Sección Feminina en Ourense no ano 1935. 

Ourense foi a segunda de Galicia e a terceira de toda España en crear a Sección Feminina en 1935. Con Vicenta estaban Álvarez de Nóvoa que era a encargada de Prensa e logo delegada provincial do ramo, Antonia Méndez Villar, Felisa de Prada, Áurea Rodríguez Fernández, Elvira e Maru Pérez, Teresa Cabrera, Maruja Gándara, Pacita Carballo que era a delegada provincial de flechas...O seu papel era estimular o amor á Patria, ao Estado, ás tradicións...Confeccionaban camisas azuis para atender á demanda dos afiliados, bordado dos estandartes, bandeiras, símbolos, asistencia aos detidos falanxistas no verán de 1934, apoio ás familias, recollida de colectas, etc. Algunha destas mulleres foron encarceradas na etapa do Frente Popular. 

No 14 de xuño de 1944 Vicenta recibiu a medalla de La Vieja Guardia nun acto no Xardín do Posío e con ela tamén as súas compañeiras Concepción Pérez López, irmá de Vicenta, Rosa Lamas Álvarez, Teresa Cabrera Borrajo, María Vázquez González, Carmen Felpeto Vázquez, María Silva García e Carmen Varela Martínez.

Vicenta faleceu en xuño de 1966.

(Fonte: El Pueblo Gallego, 1 de xaneiro de 1938, p. 13)

Vid:
http://culturagalega.org/album/docs/linatempo.pdf; http://investigadoresfranquismo.com/pdf/comunicacions/mesa4/cebreiro.pdf
Pascual Carballo, A., Mas de cien años en la vida de Ourense, A Coruña, 1996, páx. 142; Vid: Prada Rodríguez, J. "O activismo feminino conservador no primeiro terzo do século XX" en Prada, J. de Juana, J. (Dir.) As mulleres en Galicia no século XX, Ir Indo, Vigo, 2011, pp. 106-109; El Progreso, 2 de xuño de 1966, p. 3; El Pueblo Gallego, 18 de outubro de 1975, p. 17.


05 diciembre 2011

MARGA MONDELO GÓMEZ

Marga Mondelo Gómez, nace en Ourense o 29 de Xuño de 1956.

Descobre a súa paixón polo debuxo sendo nena, despuntando entre os seus compañeiros.
Autodidacta o que demostra mestría pois, podemos dicir, que a súa capacidade é innata.  Domina o debuxo artístico a temperá idade. Esperta nela un gran interese polo mundo da pintura. A súa aprendizaxe evidencia un ritmo vertixinoso. Decora ao óleo os lenzos, con gran cromatismo, utilizando como incono dos mesmos o corpo humano e elementos varios da natureza universal, pois non hai que esquecer que o humanismo impregna a vida e obra desta gran pintora, do que non adbicará.
Repasando a súa obra é digno de mención o seu realismo, aínda que en ocasións o motor lla súa imaxinación prodixiosa, renovador incansable, transforma a tea en xenuíno subrealismo-cubismo.

Exposicións

· Facultade de Ciencias del Campus de Ourense (Febrebro 2002)
· Studio 34 (Enero 2002)
· Café Arume (Diciembre 2002)
· Studio 34 (Mayo 2003)
· Motel Auriense (Agosto 2003)
· Café Arume (Diciembre 2003)
· Auditorio Municipal de Ourense (Septiembre 2005)
· Exposición colectiva Café Isaac ( Diciembre 2005)
· Ateneo de Ourense (Agosto 2006)
· Liceo de Ourense (Septiembre 2006)
· Exposición colectiva Café Isaac (Diciembre 2006)
· Café Isaac (Junio 2007)
· Exposición colectiva Café Isaac (Septiembre 2007)
· Exposición colectiva Café Isaac Sala de Arte (Diciembre 2007)
· Exposición Casino de Santiago de Compostela Sala de Arte (Enero 2008)
· Exposición Casa da Cultura de Monforte de Lemos (Marzo 2008)
Vid: Páxina oficial de Marta Mondelo