Etiquetas

16 noviembre 2011

TERESA MARTÍNEZ RANDULFE

Teresa Martínez foi a embaixadora de Costa Rica en Madrid non ano 1987 no Goberno de Oscar Arias. Foi a única muller nese cargo do servizo exterior costarriqueño e a terceira entre o corpo diplomático de Madrid (as outras dúas representan a Panamá e a Canadá). Naceu en Ourense e casou cun inxenieiro, Guillermo Constenla, que coñeceu en Madrid, e que foi ministro de transportes e comunicación en Costa Rica.
Pouco despois de chegar a San José, Teresa Martínez Randulfe integrouse plenamente na vida costarriqueña. A súa fácil e pronta integración levouna a participar activamente na vida política do país, a través do Partido de Liberación Nacional (FLN), no que se inscribiu, e onde ocupou diversos postos, sempre moi preto de Óscar Arias, antes de ser deputado na Asemblea Lexislativa. Traballou en diversas áreas do FLN, e nas eleccións de 1986 foi asesora política do candidato Arias. Co seu nomeamento, Teresa Martínez pasou a ser a primeira muller embaixadora de Costa Rica.
Vid: El País

No hay comentarios:

Publicar un comentario