Etiquetas

04 octubre 2011

ERNESTINA OTERO

Ernestina Otero naceu en Redondela no ano 1890 foi mestra e pedagoga. Mencionámola neste blog pois estivo a traballar unha década na nosa provincia polo que foi unha muller que aportou moito á cultura de Ourense.
Foi a maior de sete irmáns, e co esforzado apoio dos seus pais destacou no seu afán polo coñecemento e a formación. Realizou os seus primeiros estudos en Redondela e os de mestra elemental e superior en Pontevedra, finalizados en 1908. Foi unha das primeiras mulleres en obter o título o a Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid, na segunda promoción (1910-1913). En 1914 casa co farmacéutico redondelano Luís Pereira Míguez.

En 1908 conseguiu o título de mestra superior na Escola Normal de Pontevedra, posteriormente, ingresou na Escola Superior do Maxisterio de Madrid (1910-1913), onde recibiu a influencia da Institución Libre de Ensino, fundamentalmente de Luís de Zulueta. En 1914 foi nomeada profesora de pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra. Coa Segunda República, puxo en marcha a reforma educativa, ademais, dirixiu a Escola de Maxisterio e presidiu o Consello Provincial de Primeiro Ensino de Pontevedra. No tempo que ocupou este último cargo, levaron a cabo diversas campañas para o fomento da asistencia dos nenos á escola, impulsouse a creación de centros escolares, ampliouse a educación de adultos, colaborouse coas xuntas municipais na utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres artesanais e industriais, e fomentouse o estudo e investigación das características xeográficas e culturais de Galicia. Colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos e noutras iniciativas como a Escola Rural Galega. En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a favor do Estatuto de Autonomía.
Coa Guerra Civil Española foi separada da cátedra e dada de baixa na escala (12 de xuño de 1937). Unha vez terminada a guerra, revisouse o seu expediente e volveu ao seu cargo, iso se con "traslado forzoso e inhabilitación para cargos directivos e de confianza" (7 de decembro de 1939). Así, empezou de novo en Ourense onde permaneceu dez anos, o 1 de outubro de 1951 ocupou de novo a praza de profesora numeraria de pedagoxía da Escola Normal de Pontevedra.
Vid: Puga Pereira, Manuel. Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga.

Marco, Aurora. Dicionario de mulleres galegas.
Ernestina

No hay comentarios:

Publicar un comentario