Naceu no ano 1918 en Ribadavia e era Catedrática de Bioloxía. Dedicouse de forma íntegra á docencia e os que foron os seus alumnos lémbrana con agarimo pois abríulles o mundo da bioloxía. Xa foi pioneira en mostrar aos seus pupilos o mundo da natureza a base de experiencias prácticas. Tamén foi concelleira polo PSOE na primeira lexislatura da democracia.
(Na fotografía, María Orosa é a da dereita)
Vid: O Ribeiro
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
24 septiembre 2011
21 septiembre 2011
ASUN ADÁ
Artista ourensá nacida en San Cristovo de Cea en 1977. Estuda Imaxe e Son e a súa principal actividade é a fotografía. Traballa desde fai máis de dez anos en diferentes medios de comunicación como poden ser TVE ou TVG en labores de realización e isto mantena constantemente na análise da imaxe.
Fotógrafa de catálogos como "Azul" da obra de Luís Veciño. Deseñadora, Fotógrafa e Maquetadora do receitario "Raíces dá Cociña Artesá" publicado en 2006; tamén como Fotógrafa participa noutros libros publicados "Aconteceres da Capela de San Pedro de Leiro", "Vals Latino" e un par de portadas para Delta Publicacións, cunha fotografía de Espinho "Unha especie e bágoa (e outros contos recuperados)" de Eduardo Tijeras, e para "Cantos y Cuántos escuros" de Carlos Álvarez a obra de pastel "Dualidade" Fotógrafa do grupo ourensán D-Sengaño. Desde hai anos imparte clases de debuxo e pintura, así como cursos de fotografía en diferentes colexios ou particulares.
A súa obra artística é resultado de horas de traballo, constancia e un continuo querer experimentar sen deixar nunca de expresar os seus sentimentos máis profundos, sen pensar en que dirán ou se a técnica utilizada está aprobada ou non.
A súa maneira de crear vai experimentando cambios continuos para lograr traballar só desde os seus sentimentos máis íntimos, desde a súa alma. Na obra desta creadora podemos atopar diferentes estilos e modos de ver a realidade desde un punto de vista místico, colorido e cheo de vida aínda cando a expresión resultante da obra sexa en grao sumo duro. A sociedade actual, a necesidade de legar á igualdade entre todos os seres que habitan este mundo e a liberdade de decidir como dereito que todos temos, son os temas que se reflicten nas súas obras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)