Etiquetas

15 julio 2011

LOLA TOUZA DOMÍNGUEZ, JULIA TOUZA DOMÍNGUEZ e AMPARO TOUZA DOMÍNGUEZ

Era natural de Ribadavia e rexentaba a cantina do ferrocarril na localidade. Ela e as súa irmás organizaron, entre 1941 e 1943, unha rede de fuga de xudeos para pasalos a Portugal. A rede de axuda aos xudeus en España iniciábase en Xirona, na fronteira con Francia, e nun primeiro tramo chegaba ata Medina del Campo. Desde alí continuaba ata Monforte e Ribadavia, onde adoitaban chegar os xudeus perseguidos á noitiña. Nunha fase final, os fuxidos eran levados ata a fronteira portuguesa, e desde o país veciño embarcaban logo rumbo a América, ou a portos do norte de África. O Cantábrico era máis perigoso porque estaba moi controlado polos alemáns.

Nese labor clandestino de axuda aos xudeus, as irmás Touza contaban coa colaboración de dous taxistas, o seu parente Xosé Rocha Freijedo, e Javier Míguez, coñecido como a Caveira; e tamén con Ricardo Pérez Parada, un tonelero que estivera como emigrante en Estados Unidos e que facía as veces de intérprete.
Nos anos cincuenta Lola, Amparo e Julia deixaron a actividade do casino e dedicáronse só a atender a cantina da estación.
Vid: Las Schindler gallegas

1 comentario: